Galicia: Crise Histórica nos Séculos Escuros e Emerxencia Literaria no Prerrexurdimento
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,71 KB
Séculos Escuros
Os séculos XVI, XVII e XVIII marcan a época de crise máis profunda da historia social e cultural de Galicia debido a varias circunstancias de carácter político, social e económico. Os enfrontamentos dinásticos polo trono de Castela nos séculos XIV e XV supuxeron a derrota da nobreza galega, castigada coa morte e o desterro. A vitoria de Isabel a Católica comeza o establecemento en Galicia das institucións centralistas ao servizo do Estado. Estes foron uns séculos de grande desorganización social do campesiñado e da pequena nobreza, vencidos nas Guerras Irmandiñas de fins do século XIV e comezos do XV.
Nos séculos XVI, XVII e XVIII o pobo, dedicado á agricultura, pagaba as rendas aos propietarios das terras, que eran a Igrexa e máis o clero. Esta situación provoca a emigración do campesiñado. Desde o século XVI comeza un novo grupo social, o dos intermediarios dos arrendamentos, que está integrado por xente de baixa nobreza ou por burgueses.
Nos séculos XVI e XVII Galicia padeceu as consecuencias da política internacional do reino de Castela, en forma de levas de homes, tributos e agresións ao país, como a guerra da anexión de Portugal no ano 1580. No século XVIII iníciase coa instauración en España da monarquía borbónica, que reforza o aparato estatal coa conseguinte marxinación e supeditación de Galicia aos intereses centralistas. Coa chegada dos Borbóns entran tamén as ideas racionalistas espalladas pola Ilustración.
O Prerrexurdimento: Os precursores
Grupo de autores relacionados co provincialismo que desenvolven a súa actividade literaria entre 1846 e 1863. Cultivan fundamentalmente poesía de carácter tradicional, folclórica e costumista.
Xoán Manuel Pintos
Estudou Dereito e exerceu como avogado, fiscal e rexistrador da propiedade. Foi un entusiasta do nacente galeguismo, moi preocupado pola situación e futuro da lingua. Publicou na prensa pontevedresa poemas e textos en prosa que máis tarde aparecerían no libro A Gaita Galega. Esta obra é en verso e prosa, presentada polo diálogo entre un gaiteiro e un tamborileiro.
Francisco Añón
Estudou Dereito en Santiago, onde se relacionou coa mocidade. A súa participación na revolta provincialista en 1846 provocou o seu exilio a Portugal, de onde foi expulsado e marchou para Andalucía. Escribiu 39 poemas en galego; o máis coñecido é A Galicia, himno patriótico.
Alberto Camino
Colaborador da prensa da época, foi compositor de villancicos para Nadal. Poeta romántico, os seus poemas máis coñecidos son A Nai chorosa e O desconsolo, caracterizados pola presenza sentimentalista dramática.