Galego popularizante
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,77 KB
1.-Sociolingüística: Tema 2:Historia da normativización: a construción da variedade estándar.
Interferencias e desviacións da norma
As linguas desenvolvidas adoitan posuír unha variedade, tamén coñecida como estándar, para as situacións formais común a todos os seus falantes e cunhas regras coñecidas. Normativizar unha lingua consiste en establecer esas normas lingüísticas que serven de modelo para a lingua escrita e oral. Ten dúas fases:
codificación(elaborar unha ortografía, unha gramática e un dicionario) e modernización(actualización permanente do código para que habilite a lingua a novos usos lingüísticos).
No S.XIX sitúase o punto de arranque do proceso de formación do estándar actual, que se describe en catro fases: galego popularizante (s. XIX):galego de carácter literario pero próximo á fala popular(abundantes castelanismo e vulgarismos), galego enxebrizante (aprox. 1900-1936):. abundan as voces diferenciais, os hiperenxebrismos, os arcaísmos e lusismos, galego protoestándar (1936-1970): depúranse castelanismos e vulgarismos e galego estándar (desde os anos 70 a hoxe):as normas ortográficas e morfolóxicas do galego foron aprobadas polo Parlamento Galego.
En 2003 a RAG, coa intención de rematar coa polémica aprobou algunhas modificacións á normativa de 1982. As posturas eran as seguintes:a rexeneracionista, a reintegracionista e as propostas de concordia ou intermedias.
Os desvíos da norma son maiormente dialectalismos e vulgarismos e explícanse polo escaso tempo de vixencia da variedade estándar e polo emprego maioritario do galego en usos non formais, así como o contacto do galego có castelán. Como consecuencia, prodúcense alternancias ou cambios de código na nosa lingua. A proximidade entre o galego e o castelán provoca interferencias lingüísticas, é dicir, introdúcense elementos dunha lingua noutra lingua coa que está en contacto e o grao e a dirección na que se produce o intercambio se ve maioritariamente condicionado polo desequilibrio social que existe entre dúas linguas. Neste caso é o galego o que sofre as maiores interferencias debido ó maior prestixio do castelán, aparecendo, así, numerosos castelanismos. As principais interferencias do castelán sobre o galego son as seguintes: -Nivel fonético: a non diferenciación das sete vogais galegas e a pronuncia como velar do fonema da gheada, de realización tradicional aspirado farínxeo. - Nivel morfolóxico: o emprego incorrecto do xénero dalgúns substantivos, a utilización de pronomes non galegos e a conxugación verbal incorrecta. - Nivel sintáctico:incorrecta colocación do pronome átono, introdución de ‘a’ na perífrase IR + infinitivo e o emprego abusivo do CD con preposición.
- Nivel léxico: emprego de palabras casteláns, unhas veces nas súas formas orixinais e outras adaptadas á fonética ou morfoloxía do galego; a fraseoloxía e os galeguismos no castelán.