Galego popularizante

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,62 KB

No plano oral as linguas tenden á dispersión, freada polo establecemento dunha variedade estandar. Chámanselle desvíos da norma a aquelas voces que non se axustan á norma por non pertencer ao nivel culto (vulgarismos), por non seren palabras de uso actual (arcaísmos) ou por seren inventos creados pola presión do castelán (hipergaleguismos).

Historia da construcción da variedade estándar: Normativizar unha lingua consiste en establecer esas normas lingüísticas que serven de modelo para a lingua escrita e oral, e ten dúas fases. A primeira denomínase codificación, seleccionar as normas ortográficas, fixar a morfoloxía e sintaxe, e elaborar o inventario léxico. É dicir, elaborar unha ortografía, unha gramática e un dicionario. A segunda, modernización, actualización permanente do código para que habilite a lingua a novos usos lingüísticos -por exemplo, vocabularios específicos no campo científico.

O galego sufriu a normativización coa entrada do século XIX, e se describe en 4 fases:

Galego popularizante (s. XIX). Galego de caracter literario pero cercan ao oral. Descoñécese a historia medieval e son frecuentes os castelanismos e vulgarismos.

Galego enxebrizante (1900-1936): Domina o criterio purista, fuxindo da influencia do castelán. Abundan as voces diferenciais, hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos.

Galego protoestandar (1936-1970): Depúranse castelanismos e vulgarismos. Simplifícanse os signos ortográficos e defínense solucións coincidentes co galego actual.

Galego estandar (1970 en diante): os cambios políticos permiten que asNormas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego propostas polo ILG-RAG en 1982 fosen aprobadas polo Parlamento Galego.

Os desvíos da norma explícanse polo escaso tempo de vixencia da variedade estándar e polo uso maioritario do galego en usos non formais. As interferencias lingüística prodúcese cando se introducen elementos dunha lingua noutra lingua coa que está en contacto. Poden ser fonéticas (non diferenciar vogais abertas de pechadas), morfolóxicas (usar verbos compostos, confundir te e che, alteración do xénero), sintácticas (ausencia do pronome nos posesivos, colocación incorrecta do pronome) ou léxicas (castelanismos).

Os desvíos léxicos son voces que non se axustan á normativa: arcaísmos, lusismos, hipergaleguismos e vulgaismos (metátese, prótese, epéntese, paragoxe, aférese, paragoxe, síncopa, apócope, labialización, asimilación e diseminación)


Entradas relacionadas: