O galego: normalización, usos e desafíos actuais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,05 KB

O galego en vías de normalización

A normalización lingüística é un proceso que implica iniciativas públicas e tamén as privadas, polo cal unha lingua minorizada recupera ámbitos de uso perdidos e é utilizada polos falantes en calquera situación comunicativa.

Lingua minorizada é aquela que no seu territorio se ve ameazada pola presión exercida por unha lingua máis forte, tamén presente nese territorio (lingua dominante).

2 características das linguas minorizadas

  • Están excluídas dos usos institucionais, nos que se desenvolve a dominante.
  • Os seus falantes deben coñecer a lingua forte para progresar na comunidade, mentres que os outros non se ven obrigados a coñecer ou usar a minorizada.

O galego ata non hai moitos anos era unha lingua minorizada. Antes da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía, non tiña carácter social, estaba fora da administración pública, do ensino, e apenas tiña presenza nos medios de comunicación escritos ou audiovisuais. Estas leis confirenlle ao galego o carácter de lingua oficial (el gz).

Nos últimos 30 anos houbo avances normalizadores (o galego presente na administración pública, lingua vehicular en parte da ensinanza primaria e secundaria, presenza nalgúns estudos universitarios, radio e TV públicas que emiten case todo en galego). Pero, por outra banda, a lingua hegemónica non só retrocede, senón que aparece a afirmarse noutros ámbitos de uso.

Vexámolo en 3 apartados

Usos institucionais

O galego predomina como lingua habitual das institucións públicas; producen toda a súa documentación en galego, pero ese uso escrito non se corresponde co oral. Por outra parte, a presenza do galego nos medios de comunicación públicos é infinitamente menor que a presenza do castelán nos medios privados e na publicidade de todo tipo. Estes seguen sendo síntomas de minorización.

Necesidade de coñecemento

Na Constitución aparece a obriga de coñecer o castelán e o dereito a usar o galego. Ningún galego ou habitante de Galicia está obrigado a coñecer o galego, e, na realidade, tense observado e denunciado que algunha persoa se ve discriminada no seu traballo por empregalo. O caso contrario non se coñece. Este é outro síntoma de minorización.

Consideración da comunidade

Xa non se escoitan comentarios de épocas pasadas como que o galego é unha lingua de segunda división, que non vale para a filosofía, física, matemáticas... A realidade demostrou a falsedade de todo isto. As novas xeracións non teñen prexuízos negativos respecto do galego e o que si teñen é unha competencia lingüística real. Así apareceron nos últimos anos neofalantes comprometidos coa lingua.

Tamén se poden ver contextos nos que houbo sucesivamente avances e retrocesos, como, por exemplo, na prensa escrita diaria: a comezos do século XXI chegou ata a haber dous ou tres diarios en galego; agora mesmo non hai ningún. Outro problema, nos últimos anos, foi a perda do galego na transmisión familiar.

Entradas relacionadas: