O Galego na Idade Media: Orixes, Desenvolvemento e Esplendor da Lírica Medieval
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,83 KB
O Galego na Idade Media
Coa caída do Imperio Romano, o latín escrito continuou, e os primeiros textos en galego xurdiron a finais do século XII. O latín falado comezou a diferenciarse segundo as distintas rexións; para Gallaecia, xurdiu o romance galego. O proceso de cambio do latín ás linguas romances acelerouse coa invasión musulmá a inicios do século VIII.
O Romance Galego
A finais do século IX, a lingua galega oral xa estaba constituída nos seus trazos fundamentais, que a caracterizan e diferencian do latín ou doutros romances.
Cultivo do Galego Escrito na Idade Media
Entre os séculos XII e XV, o galego experimentou un gran desenvolvemento:
- A lingua galega era falada por todas as clases sociais.
- O galego escribíase en todo tipo de documentos.
- Houbo un gran cultivo literario:
- Século XIII: Esplendor da lírica medieval.
- Século XIV: Prosa narrativa.
- Século XV: Decadencia do cultivo literario.
Con todo, o latín seguía a empregarse como lingua escrita, especialmente na Igrexa.
Os Cambios dos Séculos XIV e XV
A nobreza galega foi perdendo peso político e cultural. A perda de poder acelerouse no século XV coas Guerras Irmandiñas, que enfrontaron o campesiñado e a burguesía cos grandes nobres, e debilitaron a sociedade galega. Esta debilidade facilitou que a nobreza de Castela se infiltrase en Galicia. Na segunda metade do século XV, as medidas centralizadoras impulsadas polos Reis Católicos acabaron co prestixio e o cultivo da nosa lingua.
Literatura Galega na Idade Media (Séculos XIII-XV)
A Cantiga de Amigo
Un fenómeno puramente galego.
Introdución
Segundo os textos conservados, a literatura galega escrita comeza a finais do século XIII. Esta literatura acadou na Idade Media a súa etapa de maior esplendor. Para poder estudala, debemos ter claros os seguintes conceptos:
Cancioneiros
Eran documentos nos que os reis e os nobres da época fixeron recompilar as letras dos poemas ou cantigas. Ademais das letras, estes cancioneiros podían estar adornados con miniaturas e nalgúns deles conservábase a notación musical das cantigas. Estes cancioneiros foron descubertos a finais do século XII.
Cantigas
Son os poemas, que se chaman así porque se executaban con música.
Tipos de Cantigas:
- Cantigas de amor
- Cantigas satíricas (de escarnio ou maldicir)
- Cantigas de amigo
As de amor e satíricas teñen a súa orixe na literatura culta provenzal. As de amigo entroncan coa tradición popular e son autónomas. Están postas en boca de muller namorada.
Como recoñecelas:
Levan a palabra 'amigo' (basicamente).
Personaxes destacados desta lírica:
- Trobador: Compoñía o texto e a música. Normalmente eran nobres e aparecen identificados con nome e apelidos (Ex: Martín Codax).
- Xograr: Interpretaba as cantigas. Era itinerante e de clase baixa. Ás veces, tamén compoñía algunha cantiga. Aparecen citados polo seu lugar de orixe.
Forma das Cantigas de Amigo:
Caracterízanse polo uso de abundantes elementos de repetición que acentúan a musicalidade do poema. Estes elementos son:
- Paralelismo: As ideas expresadas nunha estrofa adoitan repetirse na seguinte. Este paralelismo temático vai unido á repetición de estruturas lingüísticas.
- Leixaprén: O segundo verso do primeiro par de estrofas pasa a ser o primeiro verso do segundo par de estrofas.
- Refrán: É un ou máis versos que se repiten ao final de cada estrofa ao longo da composición.