Fuxida a Exipto e Xardín das Delicias: Giotto e Bosco
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,84 KB
Fuxida a Exipto — Giotto
Fuxida a Exipto: autor: Giotto di Bondone. Cronoloxía: principios do s. XIV. Estilo: gótico (proto-renacentista). Técnica: fresco. Localización: Capela Scrovegni (Pádua).
Comentario
Introdución–contextualización: ver o comentario anterior.
Análise
A escena pintada ao fresco pertence ao conxunto mural da Capela Scrovegni e representa episodios da vida da Virxe e de Cristo. Illa o episodio narrado no Evanxeo segundo Mateo: a Virxe con el neno e San Xosé fuxen a Exipto por temor á matanza dos inocentes ordenada por Herodes.
Iconografía
Poucos personaxes serven para narrar o episodio:
- A Virxe co neno Xesús montados nun burro;
- San Xosé, en conversa cun asistente;
- tres acompañantes máis detrás da Virxe, en animada conversación;
- o anxo no ceo que indica o camiño.
Ao fondo, unha paisaxe realista mostra montañas rochosas e árbores, enmarcada por un ceo intensamente azul.
Análise formal
Como precedente do Renacemento, Giotto alónxase da forma de pintar medieval e da influencia bizantina. A Virxe e o neno, que ocupan o eixo central, enmárcanse nunha forma triangular remarcada pola montaña que teñen detrás. Observamos personaxes en diferentes posturas (de costas, de perfil), conseguindo sensación de movemento a través das patas do burro, a mirada atrás de San Xosé, a liña do camiño, o anxo que os guía cun xesto e a mirada da Virxe ao lonxe.
As figuras son expresivas e xesticulan: van andando, falando e míranse. Consíguese sensación de volume mediante a luz, as sombras e a gradación da cor. A paisaxe acentúa a profundidade. No uso das cores obsérvase un forte contraste entre tons fríos e cálidos que destaca os protagonistas.
As características desta pintura amosan os cambios artísticos que anticipan o Renacemento: o interese pola representación da realidade mediante paisaxe, profundidade e expresividade.
Influencias
Ver o comentario anterior.
Xardín das Delicias — Bosco
Xardín das Delicias: autor: Hieronymus Bosch (Bosco). Cronoloxía: 1500–1505. Tipo: óleo sobre táboa. Estilo: gótico flamenco. Localización: Museo del Prado.
Cimentación
É autor dunha obra moi persoal. Aínda que con temática relixiosa, a súa pintura enfócase desde un punto de vista fabuloso. Grazas á súa poderosa imaxinación, os cadros poboanse de seres fantásticos, coma se se tratase dunha alucinación. O tema do pecado, do castigo e da morte, as tentacións ou a loucura están sempre presentes. O interese por estes motivos levou ao autor a desinteresarse en parte polos aspectos técnicos tan propios doutros flamencos, como o volume, a perspectiva e o naturalismo...
A obra foi encargada por un membro da casa de Nassau; logo pasou a mans de Guillermo de Orange, ao que llo confiscaron os españois (duque de Alba), e finalmente foi adquirida por Felipe II nunha almoeda coa idea de enviala ao mosteiro do Escorial, onde estivo ata a Guerra Civil cando a trasladaron ao Museo del Prado. Descoñecemos o título orixinal; Filipe II definiuna como unha obra sobre a “variedade do mundo”.
Trátase dun tríptico, polo que se presentan dúas lecturas: cando está pechado e cando está aberto.
Tríptico pechado
Está pintado en grisalla e representa o que, segundo o Xénese, pasou no terceiro día da Creación (separación das augas e da terra, e creación do Paraíso terrenal). Dentro dunha esfera translúcida mostra a terra plana con auga arredor e vexetación. Arriba á esquerda aparece Deus Pai como Creador e na parte superior hai unha inscrición en latín extraída dos Salmos.
Tríptico aberto
Está pintado en cores; son tres paneis que tratan o tema do pecado.
Panel esquerdo
Mostra o Paraíso terreal. Nun primeiro plano aparece Deus (Cristo) no medio de Adán e Eva, que son presentados. Encima está a fonte dos catro ríos do Paraíso, coa árbore da vida (un dragón) á esquerda e a árbore do ben e do mal (coa serpe enroscada no tronco) á dereita. Por tanto, representa a serpe que provoca o pecado orixinal e a expulsión do Paraíso.
Panel central
Da nome ao tríptico; é coñecido como O Xardín das Delicias ou Pintura do albedrío. Na escena hai un gran número de figuras humanas, animais, plantas e froitos. As figuras humanas están espidas; aparecen persoas de pel branca e negra, distribuídas en grupos ou parellas. Os animais, reais ou fantásticos, e as plantas aparecen de tamaño maior do real. Representa o mundo entregado ao pecado e á luxuria.
No centro hai un estanque con mulleres espidas; arredor xiran homes sobre cabalgaduras (algunhas fantásticas) aludindo aos pecados capitais. Na parte superior aparecen construcións fantásticas sobre a auga; a do centro é a fonte dos catro ríos do Paraíso rompéndose, o que alude a que a felicidade falsa proporcionada polos praceres non dura e ten como castigo o Inferno.
Panel dereito
Representa o Inferno. No centro aparece o home-árbore, asociado ao demo. Aquí reciben castigo todos os pecados capitais: un monstro devora homes e expúlsaos polo traseiro (luxuria); demos obrigan a comer sapos dentro do home-árbore (gula); suplicios con auga xeada (invexa), etc.
O tríptico non está asinado. Ten un carácter moralizante e amosa o efémero dos praceres. A forma de representar o tema resulta sorprendente e revela o universo fantástico do Bosco.15.
Influencias
No século XX, a orixinalidade das súas composicións e personaxes tivo grande aceptación no movemento surrealista, e foi considerado un dos seus predecesores.