Fundamentos de Xeoloxía: Procesos de Formación Terrestre e Dinámica Interna
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 4,26 KB
1. Orixe do Sistema Solar e Formación Planetaria
PUNTO 1: Hipótese Nebular e Planetesimais
Ao xirar sobre si mesma, a nebulosa comezou a contraerse, adquirindo forma de disco. Por efecto da gravidade, no centro do disco concentrouse unha enorme masa de hidróxeno e helio, e a súa temperatura foi en aumento ata iniciar as reaccións de fusión termonuclear que activaron o Sol.
Arredor daquel primitivo Sol gravitarían grandes cantidades de partículas sólidas compostas fundamentalmente por ferro, silicio, etc. Estas partículas colidían entre elas por efecto da gravidade, dando lugar a estruturas cada vez maiores chamadas planetesimais. Ao longo duns 400-4500 millóns de anos (Ma) fóronse formando os planetas, ademais do cinto de asteroides.
2. Estrutura Interna da Terra e Transferencia de Enerxía
PUNTO 2: Ondas Sísmicas e Convección
A. Zona de Sombra Sísmica
Denomínase “zona de sombra” aquela na que determinadas ondas sísmicas non se reciben. Cando as ondas pasan dunha capa da Terra a outra de diferente composición química ou comportamento dinámico, reflicten ou refractan, dando como resultado cambios na velocidade e na dirección da súa traxectoria.
B. Transferencia de Calor
A CONVECCIÓN é un proceso de trasfega de enerxía en masa. O calor pode transportarse por condución, convección ou radiación.
As capas internas están separadas por unha zona de transición na que as propiedades físicas das rochas do manto superior van variando debido ao incremento de presión e temperatura, dando lugar a materiais máis densos.
3. O Núcleo Terrestre e o Campo Magnético
PUNTO 3: Dinámica do Núcleo e Xeodínamo
O núcleo terrestre coincide co núcleo (externo e interno) do modelo xeoquímico. A calor do núcleo interno, sólido, propágase ao núcleo externo, líquido, e xera correntes de convección que evacúan a calor cara ao exterior e a acumulan na Capa D'' (límite núcleo-manto).
Por outra parte, estas correntes de convección son as causantes do campo magnético terrestre. O campo magnético consiste en liñas de forza invisibles que atravesan a Terra e se estenden dun polo magnético a outro. Estes non coinciden exactamente cos polos xeográficos, senón que están separados por unha distancia que varía co tempo.
4. Dinámica do Manto: Correntes de Convección
PUNTO 4: Orixe das Correntes Ascendentes e Descendentes
No manto, a corrente ascendente estaría orixinada polos penachos térmicos procedentes da Capa D''. A corrente descendente débese á gravidade que actúa sobre as placas litosféricas.
No caso das capas que non poden mesturarse por ter diferente densidade, prodúcense correntes de convección independentes.
5. A Deriva Continental: Orixe e Evidencias
PUNTO 6: Do Fixismo á Mobilidade Continental
Ata principios do século XX, as ideas predominantes sobre os continentes eran fixistas e defendían que estes permaneceron sempre fixos, igual ca na actualidade.
Alfred Wegener presentou moitos indicios e probas, pero non podía explicar cal era a forza capaz de empurralos, polo que suxeriu que podería ser a rotación terrestre. As súas probas fundamentais foron:
Probas Xeográficas
O encaixe dos perfís dos continentes, especialmente entre África e América do Sur, fora xa observado e mencionado por outros autores.
Probas Paleoclimáticas
Un exemplo son as pegadas deixadas por unha antiga glaciación que se produciu hai 300 Ma. A distribución das frechas vermellas indica as direccións dos sinais de erosión do xeo.
Probas Paleontolóxicas
Encontrábanse fósiles de animais e plantas moi similares en continentes diferentes, o que non podía explicarse a non ser que eses continentes estivesen en contacto no pasado.
Ademais, nos laboratorios poñíanse a punto novos estudos baseados no estudo da radioactividade e do magnetismo remanente das rochas, que posteriormente apoiarían a teoría da deriva continental e a tectónica de placas.