Fundamentos Técnicos do Fútbol: Control, Pase e Caneos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,73 KB

Fundamentos Técnicos do Fútbol

Partes do corpo para o control do balón

  • Coxa: zona central da coxa, permítenos controlar o balón cando vén polo aire, para amortecelo e baixalo ao chan.
  • Peito: zona central do tronco, permítenos controlar o balón cando vén polo aire, para baixalo ao chan.
  • Cabeza: zona frontal da cabeza, permítenos desviar a traxectoria da pelota, emprégase no remate dun córner, e tamén como pase de recurso para devolver un pase elevado, ou mesmo controlalo.

As accións técnicas fundamentais

  • PASES: acción de golpeo do balón para envialo a un compañeiro, cara a un lugar preciso e cunha potencia controlada. Os pases clasifícanse segundo a superficie empregada: interior, exterior, de cabeza, etc.
  • CONTROLES: acción de dominio do balón por parte do xogador que recibe o balón, diferenciando entre:
    • Paradas: contrólase o balón deixándoo parado completamente, para xogalo posteriormente. Esta adóitase realizar coa planta do pé:
      • Para balóns rasos, situámonos diante da traxectoria colocando a planta en ángulo co chan para que este se encaixe entre ambos.
      • Para balóns aéreos, situámonos diante da traxectoria e preto do lugar do bote, realizando un pisotón sobre o balón no mesmo momento do bote.
    • Semiparadas: contrólase o balón deixándoo en movemento pero preto de nós, co obxectivo de xogalo en mellores condicións (control orientado). Adóitase empregar o interior e exterior do pé, que contacta co balón, freándoo no seu desprazamento e dirixíndoo na dirección desexada.
    • Amortecementos: control do balón aéreo, deixándoo case parado aos nosos pés. Emprégase o empeine do pé, a coxa, o peito e mesmo a cabeza. Consiste en adoptar a traxectoria e velocidade do balón coa superficie en cuestión, e ir reténdoo ata lograr frealo case por completo.
  • LANZAMENTOS: acción de golpeo do balón con máxima potencia e precisión, coa intención de introducilo na portería evitando o porteiro. Os lanzamentos pódense agrupar en varios grupos:
    • De potencia: co empeine e o empeine interior.
    • De colocación: co empeine exterior e o interior.
    • De recurso: co talón, a planta e a punteira.
  • CONDUCIÓNS: acción de desprazamento do xogador co balón controlado entre os pés. Esta acción realízase co empeine total e co empeine interior cando o desprazamento se realiza a máxima velocidade, e co interior cando se realiza cunha velocidade controlada.
  • CANEOS: acción de desprazamento do xogador co balón controlado, superando os adversarios. Existen moitos tipos de caneos, pero nomearemos algúns deles:
    • Recorte: consiste en cambiar repentinamente de velocidade e dirección.
    • Con finta: consiste en enganar o adversario, facéndolle crer que realizamos un recorte nunha dirección, e logo dirixímonos na dirección contraria.
    • Caneo envolvente ou “bicicleta”: consiste en pasar o pé ao redor do balón simulando un recorte, para saír na dirección contraria.
    • Con dobre contacto: consiste en golpear o balón suavemente nunha dirección, para enganar o adversario, e posteriormente dirixirnos cara a outra dirección.
    • En velocidade: consiste en superar o adversario cun cambio de velocidade de carreira e un autopase rápido: Pequena ponte ou “caño” (entre as pernas do adversario) e Gran ponte (por unha banda do adversario).

Entradas relacionadas: