Fundamentos de Lingüística, Sintaxis y Literatura Gallega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 7,63 KB

Conceptos sociolingüísticos

  • Prexuízos lingüísticos: Son ideas ou crenzas negativas ou inxustas sobre unha lingua.
  • Transmisión xeracional: É o proceso polo cal unha lingua pásase dunha xeración a outra.
  • Variedade estándar: É a forma da lingua que se considera modelo común; recolle as normas para que se considere oficial.
  • Variedades lingüísticas: Son as diferentes formas que pode ter unha lingua segundo varios factores:
    • Variedade diatópica: Depende da zona xeográfica (ex: galego da costa).
    • Variedade diafásica: Depende da situación comunicativa (ex: rexistro formal vs. informal).
    • Variedade diastrática: Depende do grupo social (ex: linguaxe xuvenil vs. técnica).
    • Variedade diacrónica: Depende da época histórica (ex: galego medieval vs. actual).
  • Ámbitos de uso: Espazos nos que se usa unha lingua (casa, escola, traballo).
  • Axentes de transmisión lingüística: Os que ensinan e transmiten unha lingua.
  • Bilingüismo: Uso de dúas linguas nunha persoa ou territorio.
  • Bilingüismo harmónico: Convivencia de dúas linguas con igual valor.
  • Diglosia: Situación onde unha lingua é hexemónica (formal) e outra minorizada (informal).
  • Conflicto lingüístico: Proceso de perda de uso dunha lingua fronte a outra.
  • Neofalantes: Persoas que aprenden e usan unha lingua que non falaron na infancia.
  • Normalización lingüística: Proceso para que unha lingua se use con normalidade en todos os ámbitos.
  • Normativización lingüística: Creación de normas para escribir e falar correctamente (planificación de corpus).

Conceptos fundamentais de fonética e fonoloxía

A linguaxe e os sons

A linguaxe é principalmente oral e está formada por un sistema de sons que se combinan para crear unidades con significado (lexemas e morfemas) e oracións.

  • Fonema: Unidade lingüística mínima de natureza fónica. É unha unidade abstracta que recolle as características comúns dun son.
  • Carácter distintivo: A función principal do fonema é distinguir significados; o cambio dun trazo dun fonema por outro implica un cambio no significado da palabra.

Fonética vs. Fonoloxía

  • Fonética: Estuda os fonemas e os seus alófonos como realidades físicas e materiais.
  • Fonoloxía: Ocúpase dos fonemas como unidades capaces de diferenciar signos lingüísticos.

Representación e Transcrición

  • Alfabeto Fonético Internacional (AFI): Creado para representar cada fonema cun símbolo único e universal.
  • Transcrición fonolóxica: Representa os fonemas e escríbese entre barras inclinadas (exemplo: /kalku'laɾ/).
  • Transcrición fonética: Representa os sons ou realizacións concretas e escríbese entre corchetes (exemplo: [kalku'lar]).

O sistema do galego

O sistema estándar conta con 26 fonemas: 7 vocálicos e 19 consonánticos. Nas vogais o aire sae sen oposición, mentres que nas consoantes os órganos fonadores obstaculizan a saída do aire.

Sintaxe: A oración e os seus complementos

A oración, a diferenza do sintagma, presenta un verbo e estrutúrase tradicionalmente en SUXEITO + PREDICADO.

1. Complementos Necesarios (Argumentais)

  • Complemento Directo (CD): Recae a acción nas oracións transitivas. Substitúese por o, a, os, as.
  • Complemento Réxime (C REX): Esixido polo verbo (ex: carecer de). Sempre é un sintagma preposicional.
  • Atributo (ATR): Obrigatorio en oracións copulativas (ser, estar, parecer). Substitúese polo pronome o.

2. Complementos Non Necesarios (Adxuntos)

  • Complemento Indirecto (CI): Indica quen se beneficia ou prexudica. Substitúese por lle, lles.
  • Complemento Circunstancial (CC): Describe as circunstancias da acción (lugar, tempo, modo, etc.).
  • Predicativo (PVO): Complementa simultaneamente ao verbo e ao suxeito ou ao CD.

3. Complemento da Oración Pasiva

  • Complemento Axente (C AX): Realiza a acción nas oracións pasivas. Introducido pola preposición por.

Táboa de substitución pronominal

Sempre CDSempre CICD ou CI
o, a, os, as, telle, lles, cheme, nos, vos, se

Gramática e Morfoloxía

  • Gramática: Disciplina que estuda a estrutura das palabras e como se enlazan.
  • Morfoloxía: Céntrase na estrutura interna das palabras (lexemas e morfemas).
  • Sintaxe: Analiza a combinación das palabras dentro da oración.

Clasificación das palabras

  • Segundo a significación: Palabras lexicais (substantivos, adxectivos, verbos, adverbios de modo) e palabras gramaticais (pronomes, preposicións, conxuncións).
  • Segundo a forma: Variables (substantivo, adxectivo, verbo, pronome) e invariables (adverbio, preposición, conxunción).

Tipoloxía textual

Un texto debe cumprir tres propiedades: Adecuación (adaptación ao contexto), Coherencia (unidade de sentido) e Cohesión (conexión lingüística).

Modalidades textuais

  • Narración: Conta acontecementos.
  • Descrición: Explica como é algo ou alguén.
  • Diálogo: Intercambio de mensaxes.
  • Exposición: Informa de forma obxectiva.
  • Argumentación: Defende unha tese para convencer.

Tipos de argumentos

  1. Autoridade: Apoio nun experto.
  2. Experiencia persoal: Vivencias propias.
  3. Datos obxectivos: Cifras e estatísticas.
  4. Eslogan: Frases repetitivas.
  5. Utilidade: Valor práctico.
  6. Causa-efecto: Relación de causalidade.

Literatura Galega: Historia e Movementos

  • Rexurdimento e Irmandades (1916): Movemento político e reivindicativo para a normalización da lingua.
  • Grupo Nós (1920): Modernización da cultura galega (Risco, Otero Pedrayo, Castelao).
  • Vangardas: Destaca Manuel Antonio co seu estilo creacionista (De catro a catro).
  • Posguerra (1936–1975): Época de represión e exilio. Destaca a editorial Galaxia (1950) e a creación do Día das Letras Galegas (1963).
  • Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor (A esmorga), Álvaro Cunqueiro (Merlín e familia) e Méndez Ferrín (Nova Narrativa).
  • Poesía de Posguerra: Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza e Manuel María.

Entradas relacionadas: