Fundamentos do Fútbol e Fútbol Sala: Regras e Táctica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,71 KB

Saques no fútbol

Son accións que se desenvolven nunhas circunstancias predeterminadas de antemán, podendo anticipalas e preparar o seu desenvolvemento:

  • Saque de banda: cando o balón sae pola liña de banda, debe poñerse en xogo cun saque co pé desde a liña de banda.
  • Saque de portería: cando o balón sae pola liña de fondo, debe poñerse en xogo cun saque desde dentro da área de meta.
  • Saque de esquina ou corner: cando o balón sae pola liña de fondo e debe sacar o equipo que ataca, realízase un lanzamento desde o vértice formado pola liña de banda e a de fondo.
  • Saque de falta: cando se sanciona unha falta, o equipo beneficiado debe realizar un lanzamento a portería (libre directo) ou un pase (libre indirecto) coa oposición dunha barreira de xogadores adversarios situados a 9 metros.

O porteiro: accións principais

As accións do porteiro resúmense en tres grupos:

  • Saídas: o porteiro sae da área de portería para despexar ou desviar o balón ante un pase en profundidade, ou ben para enfrontarse a un adversario que avanza só cara á portería.
  • Paradas: cando o porteiro colle o balón coas mans sen que se lle escape, normalmente ante un lanzamento frouxo ou un pase a outro compañeiro.
  • Despexes: cando o porteiro non é capaz de coller o balón e golpéao para desvialo, normalmente ante un corner ou un lanzamento difícil.

3. Táctica e estratexia

Fútbol

  • Porteiro: encargado de vixiar a portería e deter os lanzamentos que realice o equipo adversario.
  • Defensas: xogadores próximos á portería e encargados de neutralizar as accións dos dianteiros adversarios.
  • Centrocampistas: xogadores que se moven no centro do campo, realizando funcións defensivas cando non teñen o balón (evitando a organización de xogadas) e funcións atacantes en caso contrario (organizando o ataque propio).

Fútbol Sala

  • Porteiro: encargado de vixiar a portería e deter os lanzamentos que realice o equipo adversario.
  • Peche: xogador máis atrasado, destaca pola súa capacidade defensiva e de organización do xogo.
  • Ás: xogadores que se moven polos corredores laterais, destacan pola súa habilidade na condución do balón e caneo, aínda que deben posuír idéntico potencial defensivo para enfrontarse ao seu opoñente con balón.
  • Pivote: xogador máis adiantado, destaca pola súa facilidade.

Entradas relacionadas: