Fundamentos y Evolución: Literatura Gallega y Conceptos Clave de Macroeconomía
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 14,14 KB
Transformación Poética en Galicia a partir de 1976
Cales son os principais factores externos que motivaron os intensos cambios poéticos que se deron a partir de 1976?
Como na meirande parte dos cambios profundos, as razóns que os motivan non son unívocas, senón plurais e variadas. É por isto que a rexeneración poética dos anos 80 atendeu a factores internos (como a publicación de obras de X. L. Méndez Ferrín ou de Alfonso Pexegueiro) e externos. Entre estes últimos, podemos destacar o feito de que Galicia se sitúa nun novo espazo político de liberdades democráticas, nomeadamente para a lingua galega, coa aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) e coa Lei de Normalización Lingüística (1983). Así mesmo, a lingua galega comeza a ter presenza nas aulas, na Administración, nos medios de comunicación de masas, etc.
Esta recente presenza do galego na vida pública, a escolarización en galego e a alfabetización de amplos sectores da sociedade, creou un público lector que propiciou o aumento de editoriais en Galicia. A importancia destes feitos é inxente, xa que as editoriais comezan a crear coleccións permanentes destinadas en exclusiva ao mundo poético, ao tempo que convocan premios literarios que serven como trampolín de lanzamento dos novos autores e autoras.
A caída do réxime ditatorial franquista foi outro dos factores determinantes para a expansión poética que se dá a partir de 1976. O aperturismo político provocou tamén o cultural, de xeito que as novas xeracións poéticas puideron acceder a ter un maior coñecemento da poesía que se estaba a facer noutras culturas europeas, e mesmo peninsulares (nomeadamente a catalá, a vasca e a portuguesa). A incorporación da muller nos ámbitos social e económico trouxo consigo a consolidación de grupos de mulleres escritoras, que tamén contribuíron a esta renovación, achegando enfoques e perspectivas femininas a unha poesía que maioritariamente estaba dominada pola ollada masculina.
O papel da muller na renovación poética
Os fondos cambios na estrutura da sociedade motivaron tamén o cambio nas estruturas sociais. A muller ve recoñecidos moitos dos seus dereitos e incorporouse a ámbitos de traballo nos que a súa presenza era impensable anos atrás. A adquisición dunha autonomía económica e social dotou a estas novas escritoras da posibilidade de empregar o seu tempo libre ou incluso de dedicarse por completo ao mundo poético. As obrigas familiares xa non son tan intensas e a muller entra nos anos 80 nun período de relaxación dos costumes que lle permite facer vida pública e social independente; así é como a súa presenza se ve incrementada nos faladoiros e recitais poéticos, nas revistas especializadas e nas propias editoriais. A conciencia da necesidade de potenciar unha literatura feminina deu lugar a que moitas editoriais creasen espazos reservados única e exclusivamente ás obras producidas por mulleres.
Importancia dos recitais poéticos fóra dos circuítos habituais
Como explicarías a importancia de facer recitais en sitios diferentes aos habituais para a poesía galega actual?
É importante facer recitais de poesía fóra dos circuítos habituais (como en festas populares, bares, prazas, rúas, etc.) para estender este xénero literario a todos os sectores da poboación e para rachar coa idea de que a poesía é un fenómeno literario reservado a unha minoría. Cómpre sinalar que para a poesía galega comezaron a ter moita repercusión as lecturas públicas e en voz alta de poemas na década dos noventa do século XX.
Diferenzas entre as xeracións poéticas dos 80 e 90
Cales son as principais diferenzas entre os poetas da chamada Xeración dos 80 e os da 90?
A Xeración dos 80:
- Xorden colectivos poéticos integrados por mozas e mozos (Rompente, Cravo Fondo ou De amor e desamor).
- Pode falarse de que conforman unha nova «idade de ouro» na poética galega.
- A pesar de presentaren unha gran diversidade na súa obra, teñen en común: as súas temáticas (interculturalismo, erotismo, sensualidade e a relación coa terra) e un gran rigor no uso da lingua poética (afastada do desleixo formal do socialrealismo anterior).
A Xeración dos 90:
- Tamén xorden colectivos poéticos (Ronseltz, o Batallón Literario da Costa da Morte ou Sete Naos) que tiveron moita repercusión polos numerosos recitais en sitios diferentes aos habituais ata aquela altura.
- Foi moi importante a aparición dun significativo número de voces femininas, moito máis ca na Xeración dos 80.
- A pesar de presentaren unha gran diversidade na súa obra, teñen en común: o uso dunha linguaxe directa e coloquial cunha poesía máis próxima á vida cotiá; o uso explícito da sexualidade e da muller como suxeito activo; o emprego da poesía como xogo e os poemas minimalistas; así mesmo, comprométense con causas como o ecoloxismo, o antimilitarismo ou o feminismo.
Evolución do Teatro Galego Contemporáneo
Que factores provocaron que o teatro dos últimos 30 anos tivese unha evolución tan diferente ao período anterior?
Os principais factores que motivaron que a dramaturxia galega dos últimos anos do século XX tivese unha evolución tan diferente ao período anterior aséntase na súa vitalidade e boa saúde na creación de textos teatrais xunto co nacemento de numerosos festivais e premios. Tamén foron esenciais a creación do Centro Dramático Galego (1984), do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (convertido en 2008 na Axencia Galega das Industrias Culturais) e, xa no século XXI, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2005). Así mesmo, vanse consolidando cada vez máis compañías de teatro profesional e desenvólvese o teatro infantil e xuvenil.
Por que cres que as editoras comerciais case non publican teatro?
Dentro da división xenérica clásica dos xéneros literarios (lírica, narrativa e dramática) o xénero dramático é o minoritario e cómpre subliñar que o seu obxectivo final é a representación nun escenario. A publicación dos textos teatrais é escasa dado que é un xénero minoritario destinado á representación e non tanto á lectura individual. Así, a publicación de teatro en formato libro restrínxese esencialmente aos premios teatrais, ás edicións subvencionadas ou a obras de éxito como O heroe (2005), de Manuel Rivas, obra estreada pola compañía Sarabela Teatro en Ourense tamén en 2005.
Diferenzas entre as tres xeracións teatrais dos últimos anos
Cales son as diferenzas que atopas entre as tres xeracións teatrais dos últimos anos?
Segundo Manuel F. Vieites, estas tres xeracións teatrais conforman as tres fases da Nova Dramaturxia Galega:
- Grupo Abrente ou Grupo de Ribadavia (1969-1977): fase de formación, nomeadamente coas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980).
- A Promoción dos 80 (1977-1985): fase de desenvolvemento.
- A Promoción dos 90 (1985-1999): fase de consolidación.
As principais diferenzas entre estas tres xeracións son:
- Grupo Abrente: os seus integrantes (Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal ou Roberto Vidal Bolaño) combinan a escrita coa interpretación e procuran innovacións temáticas, mais cada un presenta un universo creativo diferente.
- A Promoción dos 80: os seus integrantes (Miguel Anxo Fernán Vello, Inma A. Souto ou Xesús Pisón) apostaron nas súas obras pola liña culturalista e mais por introducir novos imaxinarios e linguaxes, quizais para escapar dun teatro de compromiso social que tivera certa relevancia nos anos anteriores e que consideraba os textos dramáticos como un medio de combate contra a situación política.
- A Promoción dos 90: os seus integrantes (Cándido Pazó, Miguel Anxo Murado, Raúl Dans ou Roberto Salgueiro) presentan unha clara vontade de elaborar unha poética teatral propia, de manter unha continuidade creativa e de procurar que os seus textos sexan representados, polo que moitos deles estarán moi ligados a compañías teatrais. Os seus textos presentan algunhas características comúns: conteñen menor carga simbólica; toman outras obras como punto de partida; a comedia está moi presente; son máis lúdicos e menos paródicos.
Conceptos Fundamentales de Macroeconomía
Para el estudio macroeconómico
Objetivos macroeconómicos:
- Crecimiento de la producción: PIB
- Empleo: Tasa de empleo
- Estabilidad de precios: IPC
- Equilibrio presupuestario: Déficit público
- Equilibrio exterior: Balanza de pagos (importaciones y exportaciones)
Crecimiento de la producción
A mayor producción, se cubren más necesidades y mejora el nivel de vida de los ciudadanos. A mayor producción, más trabajadores, lo que se traduce en mayor recaudación de impuestos. El crecimiento de la producción (medido por el PIB) es un objetivo macroeconómico clave.
Estabilidad de los precios
Si suben los precios, baja el poder adquisitivo (con los mismos euros se pueden comprar menos bienes y servicios).
Indicador clave: IPC (Índice de Precios al Consumo).
¿Por qué son útiles los indicadores?
- Cuantificar el comportamiento.
- Comparar entre países.
- Orientar las decisiones políticas.
- Analizar la evolución en el tiempo.
El PIB (Producto Interior Bruto)
El PIB es el:
- Valor monetario total: Permite sumar la producción de bienes y servicios (valorado en euros).
- De los bienes y servicios: bienes (tangibles) y servicios (intangibles).
- Finales: listos para ser consumidos, evitando la doble contabilización.
- Producidos: fabricados en el año en curso, no se incluyen bienes de segunda mano.
- Para el mercado: intercambio que se produce en el mercado regular.
- Dentro de las fronteras de un país.
- En un período determinado: generalmente un año.
Limitaciones: ¿Qué no mide el PIB?
- El tiempo de ocio.
- La economía sumergida.
- La producción doméstica (que no pasa por el mercado).
- Actividades perjudiciales para el medio ambiente o la sociedad.
- La calidad de los productos o servicios.
- La distribución de la riqueza.
- No mide directamente los precios (para eso está el IPC).
Inflación
Crecimiento generalizado y sostenido de los precios.
Tipos de inflación:
- Inflación moderada (o controlada): Los precios suben entre un 2% y un 4% anual. Puede ser un indicador positivo de crecimiento económico, mayor rentabilidad empresarial y aumento de la renta disponible.
- Inflación galopante: Los precios suben más del 10% anual, lo que es altamente negativo.
- Hiperinflación: Los precios suben más del 100% anual, con efectos catastróficos y a menudo relacionada con graves problemas sociales y políticos.
Deflación
Bajada generalizada y sostenida de los precios. Su efecto no es positivo, ya que desincentiva la inversión y el consumo.
Causas de la inflación:
- Aumento de los costes de producción: Subida del precio de materias primas, salarios o de otros factores productivos.
- Aumento de la demanda: Productos que se ponen de moda, emergencias, conflictos, etc.
- Exceso de dinero en circulación.
Consecuencias de la inflación:
- Pérdida del poder adquisitivo.
- Generación de incertidumbre económica.
Inflación: ¿Cómo se mide? El IPC
¿En qué consiste? Se utiliza para medir el nivel general de precios. Lo elabora el INE (Instituto Nacional de Estadística).
- Cesta de la compra.
- Recogida de precios de los productos.
- Cálculo de la variación anual.
Desempleo: Ausencia de trabajo remunerado
¿Por qué es uno de los problemas económicos más graves? El empleo es la principal fuente de ingresos.
Repercusiones negativas del desempleo:
- A nivel general: El factor trabajo queda sin utilizar, lo que implica una pérdida de producción potencial.
- Para el Estado: Se reduce la recaudación de impuestos y cotizaciones sociales, y aumenta el gasto público (pago de prestaciones por desempleo).
- A nivel personal: Disminuye la calidad de vida de los individuos y sus familias.
Tipos de desempleo:
- Friccional: Es temporal y se produce durante la transición entre empleos o en la búsqueda del primer empleo.
- Estacional: Se genera en determinados momentos del año, ligado a actividades cíclicas (ej. turismo, agricultura).
- Cíclico: Aumenta durante las fases de recesión económica (crisis) y disminuye en períodos de crecimiento. Puede corregirse fomentando el crecimiento económico.
- Estructural: Se debe a un desajuste entre la oferta de trabajo (habilidades de las personas) y la demanda de trabajo (necesidades de las empresas).