Fundamentos e Evolución do Capitalismo: Características e Impacto da Globalización

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,98 KB

O Capitalismo: Definición e Contexto Actual

O capitalismo é un sistema de organización económica que destaca o papel do capital, en posesión de propietarios privados, e do mercado, como regulador das relacións económicas. Moitos prefiren falar da economía de mercado. Na actualidade é o sistema vixente na maioría dos países.

Bases Históricas do Capitalismo

As grandes transformacións iniciadas ao remate do século XVIII en Europa (na demografía, na industria, nos transportes, na política, na sociedade) foron impoñendo e dominando un novo marco económico, o capitalismo. Desde entón modificáronse e adaptáronse ás circunstancias dos países, aínda que tamén os elementos básicos que o caracterizan.

Características Fundamentais do Sistema Capitalista

O sistema capitalista defínese polos seguintes elementos:

  • O capital é o elemento fundamental da produción: os bens que producen beneficios (terras, empresas, diñeiro, etc.).
  • A propiedade privada dos medios de produción e dos bens producidos.
  • A procura do máximo beneficio.
  • A riqueza individual.
  • A liberdade económica, regulada pola lei da oferta e da demanda.
  • O traballo é considerado unha mercadoría.
  • O capitalismo orixina desigualdades: dependencia e explotación.

Evolución Histórica do Capitalismo

O capitalismo pasou por distintas fases de desenvolvemento e adaptación:

Fase Clásica (Séculos XVIII, XIX e primeira metade do XX)

Defendíase que a intervención do Estado na vida económica debía ser mínima e que a iniciativa privada debía ter absoluta liberdade de actuación.

Fase Keynesiana

Marcada polas teorías de John Keynes, as cales se puxeron en práctica a raíz do *crac* da Bolsa de Nova York en 1929, que provocou a crise do sistema capitalista. Caracterizouse pola promoción dos investimentos públicos.

Fase Mixta (Sistema Actual)

É o sistema actual, no que conviven varias tendencias. Novas crises como a de 1973 (forte subida do prezo do petróleo) ou a de 2008, iniciada no sistema financeiro americano, demostraron a súa complexidade.

A Globalización Económica

A Globalización é a denominación que se utiliza hoxe para referirse á máis avanzada e ampliada forma de mercado mundial.

O Mundo como Mercado Único: O Cliente Global

O capitalismo fai do mundo un mercado único, un espazo global no que colocar os produtos de poderosas empresas que marcan os gustos do conxunto da humanidade, estimulados pola propaganda. Este fenómeno caracterízase por:

  • Progresiva eliminación das barreiras comerciais entre países, estimulada polas normativas elaboradas polas principais institucións económicas supranacionais.
  • Maior interrelación económica das distintas áreas do planeta: As potencias tradicionais e novos países como China e India con elevadas taxas de crecemento económico.
  • Constantes innovacións tecnolóxicas: Nas que destacan a revolución dixital e a microinformática.
  • Crecente poder das empresas multinacionais: Grazas aos beneficios que obteñen e á creación de novas tecnoloxías.
  • Abaratamento e rapidez dos transportes e as comunicacións: Tamén das transaccións comerciais grazas ás redes informáticas.

Novos Modelos Empresariais e de Organización do Traballo

As empresas tratan de obter os máximos beneficios aplicando medidas como:

  • Maior produtividade: Os obreiros, mediante unha formación que está baixo os cargos da empresa, conseguen unha maior produtividade.
  • Estreita vinculación da produción co volume de vendas: Isto produce que o consumidor consiga o que desexe cun custo moi baixo e nun tempo reducido.
  • Redución dos custos da produción: Mediante a deslocalización das industrias, descentralización da produción, externalización e renovación técnica constante.
  • Redución da competencia: Mediante a formación de grandes conglomerados empresariais con intereses en moitos países: as multinacionais.
  • Papel do márketing (Mercadotecnia): Mediante o que as empresas estimulan a compra dos seus produtos a clientes de todo o mundo.
  • Nova clase obreira: Constituída por profesionais altamente cualificados e polivalentes que interveñen nos procesos previos á produción, nos de elaboración e nos posteriores.
  • Terciarización da economía: Incremento do sector terciario ou servizos, debido á redución dos sectores primario e secundario, tanto en número de empregados como na porcentaxe do seu valor no conxunto do PIB.

Entradas relacionadas: