Fundamentos e Evolución da Ciencia: Métodos, Clasificación e Paradigmas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,61 KB

Que é a Ciencia?

O saber racional en Occidente inicia na polis grega en Asia Menor no século VII a.C. Os gregos empregaban a palabra episteme para referirse ao coñecemento seguro ou saber verdadeiro. Na época moderna, entre os séculos XV e XVII, a ciencia comeza a ter unha metodoloxía propia, distinguíndose doutros saberes. Os temas que non teñen a capacidade de aplicar o método científico quedan fóra do seu ámbito. A filosofía grega antiga centrou os seus esforzos no estudo da fisis. Na modernidade, co método hipotético-dedutivo, nace a física. Na filosofía hai tres ramas: a científica, a lóxica e a ética.

Definición de Ciencia

Ciencia é todo o saber que se poida presentar como un conxunto sistemático de coñecementos racionais e cuxa validez poida ser demostrada mediante métodos lóxicos ou empíricos, que se engloban nas ciencias experimentais. A ciencia, ademais de ter un papel descritivo do mundo co uso de leis necesarias e non arbitrarias, tamén ten unha parte preditiva.

Clasificación das Ciencias

Diferéncianse entre si polo tema que tratan e polo método que empregan. Aristóteles foi o primeiro filósofo no século IV a.C. que fixo unha clasificación completa das ciencias. Despois da revolución científica do século XVI, comezaron a emerxer novas ciencias, que se dividen en:

  • Ciencias Formais

    • Lóxica, Matemáticas (Informática).
    • Son exactas porque son teoría pura.
    • Empregan o método dedutivo.
  • Ciencias Empíricas

    • Son experimentais e non exactas, baseadas na indución e corríxense co tempo.
    • Ciencias da Natureza

      • Física, Química, etc.
      • Son experimentais e non exactas, baseadas na indución e corríxense co paso do tempo.
      • Empregan o método hipotético-dedutivo.
    • Ciencias Sociais/Humanas

      • Historia, Socioloxía, Psicoloxía, Economía, etc.
      • Empregan o método hermenéutico.

Tipos de Razoamento

  • Indución

    Método de razoamento que consiste en ir do particular ao xeral. Observamos que un feito se repite moitas veces e chegamos á conclusión de que sempre será así.

  • Dedución

    Método de razoamento que consiste en ir do xeral ao particular. Non emprega a experimentación formal porque é un método formal, senón que usa a coherencia lóxica, por iso a conclusión é exacta.

O Método Hipotético-Dedutivo

Creado por Galileo no século XVII, ten catro fases:

  1. Descubrimento e cuestionamento dun problema: A partir da observación dun fenómeno do cal non temos explicación.
  2. Formulación dunha hipótese: Unha suposición que aínda non foi confirmada.
  3. Dedución de consecuencias: A partir da hipótese formulada.
  4. Contrastación das consecuencias na experiencia: Pódense dar tres casos:
    • Verificación da hipótese: Se os resultados experimentais confirman as predicións. Se a hipótese é demostrada e contrastada, pode pasar a ser unha lei.
    • Rexeitamento da hipótese: Se os resultados experimentais contradín as predicións.
    • Non se poden sacar conclusións: Se non pode demostrarse ou rexeitarse por falta de valor científico ou medios.

Método Hermenéutico

O seu nome vén dado polo deus grego Hermes, o mensaxeiro dos deuses. Este método emprégase para comprender, explicar e interpretar relatos e textos. Este método non pretende explicar os feitos cun esquema causal (causa-efecto). O seu fin é comprender os feitos humanos a través dos factores históricos e culturais nos que se dan. Co método hermenéutico non se chega á verdade absoluta nin se pretende. O que fai é sacar á luz novos aspectos para ampliarse ou cambiarse.

O Progreso na Ciencia: Revolucións Científicas

Modelo AnteriorRevolución CientíficaAutor
XeocentrismoHeliocentrismoCopérnico (Polonia, s. XVI)
Órbitas circularesÓrbitas elípticasKepler (Alemaña, s. XVI)
Planetas esféricos compostos de éterPlanetas irregulares con masaGalileo (telescopio e método hipotético-dedutivo)
Mecánica celesteGravitación universalNewton (s. XVIII)
Gravitación universalLei da gravidade a partir das leis de KeplerNewton (s. XVIII)

Thomas Kuhn e os Paradigmas Científicos

Thomas Kuhn foi un filósofo da ciencia estadounidense (1922-1996). Na súa obra analiza o progreso histórico na ciencia. Segundo a súa obra, a ciencia non progresa de forma lineal e acumulativa, senón que avanza mediante revolucións, rompendo as barreiras. Unha vez que xorde a ciencia, o saber científico acumúlase dentro dun marco que se chama a “etapa da ciencia normal”. Pero despois dun tempo, unha serie de anomalías deixan de encaixar nese marco conceptual e, cando se acumulan, comezan a desestabilizar o sistema, o que inicia unha “etapa de crise” e un movemento de revolución científica. Paradigma: É un modelo de ciencia normal, un sistema de crenzas relacionadas entre si con coherencia. Un paradigma é unha forma de entender a vida.

A Falsación de Karl Popper

Durante un tempo críase que o labor da ciencia era verificar os feitos. Isto era o que defendía a epistemoloxía (teoría do coñecemento) chamada positivismo. Karl Popper, un erudito austríaco (1902-1994), deuse conta de que as leis científicas non poden ser 100% verificadas, xa que non se poden facer todos os experimentos do mundo. Karl Popper defendeu a falsación, argumentando que as teorías son certas ata que se atopa unha excepción que as refuta. Así, os científicos teñen que someter as súas teorías ao falsacionismo. Popper defende que as leis e teorías científicas constrúense como suposicións especulativas para explicar determinados fenómenos naturais. O falsacionismo non é en realidade un método científico, senón un método para delimitar o que é ou pode ser ciencia. As falsacións teñen valor positivo no desenvolvemento científico. Por iso, as leis e teorías non deben formularse de maneira vaga e indefinida, senón clara e precisa.

A Posverdade

É unha palabra que vén da man do concepto fake news (as fake news son noticias ou informacións falsas que se presentan con forma pseudocientífica, é dicir, aparentemente científica). A posverdade é o contexto cultural e histórico actual no que o método científico deixa de considerarse importante, para pasar a dar validez a argumentos e discursos baseados en crenzas e emocións.

Entradas relacionadas: