Fundamentos e Estruturas Musicais do Clasicismo Vienés
1. Cronoloxía do Clasicismo
Os máis importantes compositores foron Haydn, Mozart e Beethoven. Viviron na mesma cidade, Viena.
2. O Concepto de Movemento nunha Obra Musical
Cando falamos de movemento nunha obra musical referímonos ás pausas que hai na obra.
3. Diferenzas entre Xéneros Musicais (Movementos e Intérpretes)
Sinfonía
Unha sinfonía é unha obra para orquestra, de ordinario dividida en catro movementos, cada un cun tempo e estrutura diferente. A forma da sinfonía variou co tempo.
Sonata
Sonata é o nome dado a distintas formas musicais e dadas dende o período do Barroco ata as experiencias máis rupturistas da música contemporánea.
Música de Cámara (Orquestra de Cámara)
A orquestra de cámara é unha orquestra pequena, e polo tanto con posibilidades de executar música nunha sala pequena; non é meramente unha orquestra de corda, porque pode haber tamén instrumentos de vento.
4. A Forma Sonata: Estrutura e Desenvolvemento
A forma sonata é unha estrutura fundamental na música clásica, especialmente no primeiro movemento de sinfonías, sonatas e concertos.
Exposición
- Presentación de dous temas musicais enlazados mediante unha pasaxe modulante denominada ponte.
- O Tema A marca a tonalidade principal da obra e adoita ter un carácter enerxético.
- O Tema B exponse nunha tonalidade veciña e adoita ser máis lírico.
Desenvolvemento
- A música móvese a outras tonalidades, desenvolvendo e combinando o material dos temas principais.
Reexposición
- Volve á exposición, pero con pequenas modificacións.
- Os temas preséntanse agora na tonalidade principal para un mellor carácter conclusivo.
- Adoita terminar cunha coda final que recolle material dun ou de ambos temas.
5. Características da Música Clásica
Música escrita e de certa complexidade. Dirixida por un director e con varios instrumentos.
6. O Minueto: Definición e Estrutura
É unha antiga danza tradicional da música barroca orixinaria na rexión francesa de Poitou, que acadou o seu desenvolvemento entre 1670 e 1750. Foi introducida co nome de minueto na corte francesa por Jean-Baptiste Lully (1673) que a incluíu nas súas óperas e, a partir dese momento, formou parte de óperas e ballets.
7. Significado e Uso do Termo Opus
Opus máis un número é un indicador para ordenar as obras musicais cronoloxicamente.
8. Composicións Destacadas de Mozart
Algunhas das composicións máis coñecidas de Mozart son:
- Sinfonía Haffner
- Sinfonía Linz
- Sinfonía Praga
- Sinfonía n.º 40
- Sinfonía Xúpiter
9. Definición de Ballet Moderno ou Contemporáneo
Ballet moderno ou ballet contemporáneo é unha forma de danza influenciada tanto polo ballet clásico como pola danza moderna. Se ben adopta a técnica do ballet clásico, permite un maior rango de movemento. Moitos dos conceptos proveñen de ideas e innovacións propias da danza moderna do século XX.
10. Figura de Transición ao Romanticismo
O nome citado como figura de transición ao Romanticismo é:
- François-René, vizconde de Chateaubriand