Fundamentos Esenciais da Informática: Hardware, Software e Arquitectura
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en
español con un tamaño de 4,84 KB
1. Conceptos Fundamentais da Informática
Que é a Informática?
É o conxunto de coñecementos que permiten deseñar e fabricar os compoñentes electrónicos (hardware) e os programas e a forma de usalos (software).
Definición de Hardware e Software
A informática baséase en dous piares esenciais:
- Hardware: Compoñentes físicos dun sistema informático.
- Software: Son os programas que se aplican sobre o hardware.
2. Periféricos e a Súa Funcionalidade
Categorías de Periféricos
Segundo a súa funcionalidade, os periféricos divídense nas seguintes categorías:
- Periféricos de entrada.
- Periféricos de saída.
- Periféricos de entrada e saída.
- Periféricos de almacenamento.
Clasificación de Dispositivos
Indica que tipo de periféricos (entrada ou saída) son os seguintes:
| Dispositivo | Tipo |
|---|---|
| Un rato | E (Entrada) |
| Unha impresora | S (Saída) |
| Un teclado | E (Entrada) |
| Unha webcam | E (Entrada) |
| Unha cámara dixital | E (Entrada) |
| Un escáner | E (Entrada) |
| Un módem | E+S (Entrada e Saída) |
| Un monitor | S (+E) (Saída, con posibles funcións de Entrada) |
Ten en conta que algúns dispositivos poden utilizarse tanto para introducir coma para sacar datos.
3. Arquitectura Interna do Ordenador
Unidade Central de Proceso (UCP ou CPU)
A Unidade Central de Proceso (UCP) está contida no microprocesador. (Ás veces, tamén se lle chama CPU á torre).
O Microprocesador: O Cerebro do Ordenador
O microprocesador é o cerebro do ordenador. É unha peza de cor negra, conectada directamente á placa base (no zócalo), colocada baixo un disipador de calor (ventilador). No seu interior hai millóns de transistores, con fíos de comunicación entre eles. Nel realízanse múltiples operacións matemáticas e lóxicas.
Memoria RAM
Na memoria RAM almacénanse temporalmente os datos que o ordenador necesita para funcionar correctamente.
Fonte de Alimentación
A fonte de alimentación proporciónalles enerxía eléctrica a todos os dispositivos do ordenador integrados na CPU.
Buses de Comunicación e Periféricos
Os periféricos son os instrumentos que permiten a comunicación do ordenador co medio. Segundo o fluxo de información, existen:
- Periféricos de entrada: (rato, webcam, teclado...).
- Periféricos de saída: (Monitor, impresora, altofalantes...).
- Periféricos de entrada e saída simultaneamente: (tarxeta de memoria, controladora de sistemas robóticos...).
Para que o microprocesador e a memoria poidan comunicarse cos periféricos, precísanse unha serie de “camiños intermedios”, chamados buses polos que circulan os datos.
4. Unidades de Almacenamento e Capacidade
Equivalencias de Unidades de Medida
| Unidade | Equivalencia | Exemplo |
| Byte (B) | 0,001 KB | Unha letra |
| Quilobyte (KB) | 1 KB | Unha páxina |
| Megabyte (MB) | 1000 KB | Un libro |
| Gigabyte (GB) | 1.000.000 KB | Enciclopedia con 40.000 páxinas |
| Terabyte (TB) | 10⁹ KB | Biblioteca |
Soportes de Almacenamento
| Soporte | Capacidade | Características | Que almacena? |
| Disquete | 1,44 MB | Lectura e escritura. | Documentos de texto |
| Pendrive | De 1 GB ata máis de 32 GB | Lectura e escritura | Música, imaxes, datos. |
| Disco duro | Desde varios centos de GB ata TB | Lectura e escritura | Todo tipo de datos |
| CD | 700 MB (900 MB) | Só lectura | Música, imaxe. |
| CD-R e CD-RW | 700 MB (900 MB) | Lectura e escritura | Música, imaxe |
| DVD-ROM | 4,7 GB a 17 GB | Lectura | Películas |
| DVD-R | 4,7 GB a 17 GB | Lectura e escritura | Vídeo dixital, fotografías dixitais, enciclopedias electrónicas. |
| HD-DVD | |||
| Blu-ray | 25 GB e 50 GB | Lectura | Longametraxes, xogos. |