Fundamentos da Xeocronoloxía e Eventos Clave na Historia da Terra
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 5,68 KB
Principios Fundamentais da Xeoloxía Histórica
Métodos de Datación e Principios Teóricos
Datación e Idade da Terra
1. ¿Que permitiu o coñecemento da desintegración dos elementos radioactivos? O método de datación radiométrica das rochas (Arthur Holmes).
2. ¿Baseouse na suposta velocidade de arrefriamento da Terra para o cálculo da súa idade? Lord Kelvin.
Definicións e Principios
4. Explica o actualismo: Lyell resumiu este principio na frase: “O presente é a clave do pasado”. Con isto quería dicir que os procesos que deron forma á Terra ao longo do tempo eran os mesmos que aínda se producen na actualidade, como a erosión, o vulcanismo ou a formación de relevos por pregamento.
5. Define fósil e fosilización: Un fósil é calquera resto dun organismo vivo ou da súa actividade, que chegou ata nós conservado nas rochas, como consecuencia dun proceso de mineralización que require moito tempo, en ocasións millóns de anos, e que chamamos fosilización.
8. Explica o principio de correlación orgánica: Foi postulado por Georges Cuvier. Este principio establece que as diferentes partes da anatomía dun animal gardan unha estreita relación entre si e cos seus hábitos de vida. Segundo este principio, a partir da parte dun organismo pódese deducir o resto.
Fósiles Indicadores (Fósiles Guía)
6. ¿Que son os fósiles indicadores? Son os que dan unha información moi valiosa sobre o substrato rochoso que os contén. Non só nos poden servir para delimitar curtos espazos de tempo xeolóxico, senón que son usados para comprobar que dous estratos rochosos situados en lugares afastados entre si teñen unha idade similar, pois presentan os mesmos fósiles.
Os fósiles indicadores deben cumprir as seguintes condicións:
- Dispersión xeográfica moi ampla, para que poidan encontrarse en moitas concas sedimentarias de lugares distintos.
- Ser moi abundantes.
- Que vivisen durante un curto período de tempo.
Eventos Clave dos Eóns e Eras Xeolóxicas
O Precámbrico: Eóns Hádico e Arcaico
11. ¿Por que no eón Hádico se atrasa a formación dunha codia sólida? Porque se produciu un intenso bombardeo meteorítico que impediu o arrefriamento da superficie terrestre.
12. ¿Como se formaron a atmosfera primitiva e a hidrosfera? As emisións de gases procedentes da intensa actividade volcánica permitiron a formación da atmosfera primitiva. A hidrosfera formouse porque o vapor de auga condensado xerou abundantes precipitacións.
13. ¿Cales son os dous eventos importantes que teñen lugar no eón Arcaico? Formouse unha codia sólida e iniciouse a tectónica de placas.
O Paleozoico: Desenvolvemento da Vida
16. ¿Cando se desenvolveron as algas pluricelulares e os principais grupos de invertebrados? Ao longo do Cámbrico e do Ordovícico.
17. ¿Como afectou a fragmentación de Rodinia á evolución biolóxica? Formáronse extensas áreas costeiras, o que propiciou a alternancia de climas favorables e a emerxencia de practicamente todos os grupos animais e vexetais coñecidos durante o Cámbrico.
14. Explica os principais eventos do Silúrico, Devónico e do Carbonífero:
- Silúrico: Desenvolvéronse os peixes e comezou a colonización da terra firme.
- Devónico: Ten o primeiro rexistro de anfibios. Formouse a capa de ozono grazas ao aumento de osíxeno e comezou a conquista dos continentes polos vertebrados.
- Carbonífero: Desenvolvemento de grandes extensións de zonas pantanosas costeiras e a irrupción dos grandes bosques de coníferas e fentos. Rexistráronse os primeiros réptiles.
15. ¿Cales son os principais fósiles indicadores do Paleozoico? Trilobites, Orthoceras, Calceola e numerosas especies de fentos.
O Mesozoico e a Extinción Masiva
21. ¿Cales son os fósiles indicadores do Mesozoico? Ammonites, Belemnita, Quercus e Dinosauros.
22. ¿Cales son os eventos catastróficos responsables da extinción dos dinosauros? O impacto dun meteorito duns 10 km de radio e un intenso vulcanismo durante o Cretácico que xa estaba deteriorando as condicións ambientais.
20. ¿Que é o límite K-T? Unha fina capa rica en iridio que se formou polo impacto dun meteorito duns 10 km de radio. Esta marca a separación entre os estratos do final do Cretácico e o comezo do Terciario.
Extincións e o Cenozoico
Extincións Masivas
19. Explica as causas da extinción do Pérmico: O efecto invernadoiro producido por unha intensa actividade volcánica e a redución das costas e plataformas mariñas pola formación de Panxea.
26. ¿Cal é a diferenza da sexta extinción coas 5 anteriores? A diferenza é que esta está relacionada cos efectos adversos que teñen as actividades humanas sobre os ecosistemas e non depende só de fenómenos naturais.
O Cenozoico
23. ¿Cales son os fósiles indicadores do Cenozoico? Numulitas, Chopo e fósil micromamífero.
25. ¿Cales son os principais acontecementos xeolóxicos que destacan no Cenozoico?
- A formación dos actuais casquetes polares (primeiro polo sur e despois polo norte).
- A formación do istmo de Panamá.
- O desenvolvemento completo da oroxénese alpina.