Fundamentos da Oratoria e a Retórica Clásica: Aportacións de Cicerón

Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín

Escrito el en español con un tamaño de 3,47 KB

Como xénero literario, a oratoria comprende os discursos que foron elaborados segundo as regras da retórica. A oratoria é a arte de falar diante dun auditorio (ars dicendi) coa finalidade de persuadilo nalgún sentido. O orador é o artífice que elabora e pronuncia o discurso. O coñecemento e dominio das regras desta arte, denominadas retórica, é a elocuencia. O orador debe ser un experto na arte de falar.

Partes da Oratoria

Para elaborar un discurso, o orador debía prestar atención a 5 fases:

  1. Inventio: O orador extrae as posibilidades de desenvolvemento das ideas verdadeiras que lle permiten defender a súa causa.
  2. Ordo: É a distribución axeitada das ideas atopadas grazas á inventio.
  3. Elocutio: Traslada á linguaxe as ideas previamente obtidas coa selección dos termos axeitados, a orde na frase, o ritmo, etc.
  4. Memoria: É o exercicio mediante o cal se chega a dominar o discurso e as súas partes. Un discurso lido era algo insólito.
  5. Pronuntiatio: Afecta á exposición oral do discurso. O orador debe desenvolver determinadas técnicas para modular a voz e controlar o tema sobre o que vai falar.

Partes do Discurso

As ideas quedan distribuídas en 4 partes:

  1. Exordium: É o comezo do discurso. O obxectivo deste é gañar a simpatía do auditorio cara ao tema do discurso.
  2. Narratio: Neste faise partícipe o auditorio do estado da cuestión, expoñendo os feitos sobre os que se vai tomar unha decisión. Esta conséguese mediante os sete elementos da narración: quen, que, por que, onde, cando, como, con que.
  3. Argumentatio: É unha confirmación complementaria da anterior, centrándose no que favorece o orador.
  4. Epilogus: É a parte final e ten coma obxectivo facer unha recapitulación e influír nos sentimentos do auditorio.

Biografía de Cicerón

Cicerón naceu en Arpino no ano 106 a.C. Estaba dotado dunha gran intelixencia e realizou os seus estudos en Roma. A súa primeira formación oratoria chegou con Apolonio Molón de Rodas. Na política defendeu a concordia ordinum, a colaboración de diversas clases para soster as institucións republicanas. Na guerra civil inclinouse polo bando de Pompeio. Cando este foi derrotado, César tratou a Cicerón con benevolencia; neste momento dedicouse máis ás letras. Tras o asasinato de César, dedicouse máis á política, apoiando a Octavio.

Cartas de Cicerón

Consérvanse máis de 900 cartas que abarcan temas moi variados coma acontecementos íntimos ou familiares, oficiais, etc. Destacan:

  • Epistulae ad Familiares
  • Epistulae ad Atticum
  • Epistulae ad Quintum Fratrem
  • Epistulae ad Marcum Brutum

Tratados de Retórica de Cicerón

Cicerón escribiu varios tratados de retórica nos que recompilaba todos os seus coñecementos sobre esta arte.

  • En De Oratore, o orador enumera todas as cualidades que debe ter un orador.
  • En Brutus, reconstrúe a historia da elocuencia grega e romana.
  • En De Optimo Genere Oratorum, trata a elocuencia.
  • Nas Partitiones Oratoriae, refírese ás divisións dos discursos.
  • En Topica, trata sobre os lugares comúns dos discursos.

Entradas relacionadas: