Fundamentos da Literatura Galega: Personaxes, Cantigas e Períodos Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,77 KB

Personaxes da Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Na lírica medieval galego-portuguesa, destacaron diversas figuras con roles específicos:

  • Trobador: Ocupaba o lugar máis alto na xerarquía social e artística. Eran poetas e compositores de orixe nobre que trobaban por pracer, e entre eles había reis.
  • Xograr: É o representante medieval dunha longa tradición de artistas ambulantes. Eran inicialmente os que interpretaban as cantigas trobadorescas, e a miúdo eran tamén compositores, o que provocou burlas dos trobadores.
  • Segrel: Comparte co xograr os trazos do artista profesional e itinerante, ían polas cortes cobrando pola súa interpretación. Comparte co trobador unha ascendencia social na baixa nobreza e a categoría de compositor.
  • Danzadeiras e Soldadeiras: Personaxes vinculadas ao mundo trobadoresco, resáltase acotío a súa prodigalidade erótica e vida licenciosa por riba dos seus méritos artísticos.

As Cantigas de Amigo

As Cantigas de Amigo son cancións de amor feminina, ambientadas en paraxes naturais e con forte presenza de símbolos da natureza.

Recursos de Repetición

Son elementos clave na súa estrutura:

  • Paralelismos: Relacionan estrofas sucesivas.
  • Leixaprén: Relaciona estrofas alternas.
  • Refrán: Versos que se repiten literalmente despois de cada estrofa.

Temas Principais

Os temas recorrentes nas Cantigas de Amigo inclúen:

  • O lamento pola ausencia do amigo.
  • A auto-loanza.
  • O propósito de reunirse co namorado.
  • O canto ás alegrías do amor tralo encontro.
  • O intento de romper cos obstáculos que impiden o encontro co namorado.

Subxéneros

Dentro das Cantigas de Amigo, atopamos varios subxéneros:

  • Barcarolas: Con referencias ao mar ou río.
  • Romarías: Ambientadas nun santuario ou ermida (punto de encontro).
  • Bailadas: Con convites á danza.
  • Albas: Que sitúan o encontro amoroso na noite ou ao romper do día.

Símbolos Recorrentes

A natureza e outros elementos actúan como símbolos:

  • Auga: Fertilidade e relación erótica.
  • Cervo: Sexualidade masculina.
  • Fonte: Encontro amoroso.
  • Natureza: Reflicte os estados emocionais da amiga.
  • Mar: Elemento de separación dos namorados, confidente da amiga, paixón amorosa da muller.

Os Séculos Escuros (Séculos XVI-XVII)

Este período caracterízase pola marxinación social do idioma galego a raíz da imposición do castelán. Houbo unha ausencia case total de literatura culta en galego e un forte proceso de emigración. A imaxe de Galicia era a dun pobo mísero, atrasado e inculto; unha terra inhóspita e fea.

Literatura Popular

Defínese como un conxunto de xéneros moi variados, creados e conservados polo pobo. A súa función era divertir, criticar, facer máis levadeiro o traballo, etc. Podemos dividir o conxunto da literatura popular en dous bloques principais:

  • Cancioneiro Popular: Caracterizado por un léxico corrente e sintaxe sinxela, con estrofas breves (exemplos: aniñovos, cantigas de maio, esconxuros, etc.).
  • Narrativa Oral: Inclúe contos, lendas, refráns, etc.

Literatura Culta

Apenas existen mostras literarias cultas escritas en galego durante este período. As clases altas cultivaron por escrito o idioma en contextos privados ou cunha función de contraste. Eses textos non pretendían cuestionar ou desprazar o status privilexiado do castelán.

Os Ilustrados Galegos

En Galicia, os ilustrados buscaron remedio á situación de marxinación e atraso da lingua e cultura galegas.

  • Frei Martiño Sarmiento: Estudou a lingua e foi un dos primeiros autores que reflexionou e comprendeu o proceso que conduciu á imposición do castelán en Galiza e á marxinación do galego, inspirado por un afán reivindicativo. Descubriu e criticou o autoodio. Propuxo medidas para introducir o galego na escola e na Igrexa.
  • Frei Benito Xerónimo Feixóo: Demostrou que o noso idioma procede do latín e que non era un dialecto do castelán, e que, ademais, formaba unidade co portugués.
  • Padre Sobreira: Compuxo textos sobre a xeografía de Galicia e traballou na idea dun dicionario do galego. Foi un dos primeiros en detectar o "castrapo".

Entradas relacionadas: