Fundamentos da Lingua e Literatura Galega: Conceptos e Xéneros Medievais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,69 KB
Tipos de Textos
Os textos clasifícanse segundo a súa finalidade e características:
- Literario: Ten unha finalidade estética e presenta a función poética.
- Científico: Pode ser humanístico ou técnico. Trasládanos información de maneira obxectiva, clara e precisa.
- Xornalístico: Busca informar a un público amplo. Predominan a obxectividade, a claridade e as funcións apelativa e representativa.
- Administrativo: Documento a través do cal a Administración Pública se comunica coa cidadanía e viceversa. Busca claridade, obxectividade e exactitude.
- Publicitario: Ten como obxectivo convencer das bondades dun produto, servizo ou ideoloxía. Combina o código lingüístico co non lingüístico a través do eslogan, da imaxe e dos sons.
Conceptos Lingüísticos
Pseudogaleguismo
Lingua coa que o galego está en contacto.
Bilingüismo
Competencia que un individuo posúe en dous idiomas.
Diglosia
Situación na que unha lingua queda renegada a unha serie de hábitos ou contextos de uso máis restrinxidos, fronte a outra dominante.
Normalización Lingüística
Serie de normas que ten unha lingua e das que antes carecía, buscando a súa plena funcionalidade e uso en todos os ámbitos.
Substitución Lingüística
Perda da transmisión xeracional da lingua dominada en favor da dominante.
Métrica Medieval Galega
Existen diferenzas entre a métrica medieval e a métrica actual.
Características da Métrica Medieval
- As estrofas denomínanse **cobras**.
- Os versos reciben o nome de **palavras**.
- As rimas das cantigas medievais presentan as rimas **macho** (cando o último termo de verso é agudo) e as rimas **femia** (cando é grave).
- O cómputo silábico realízase só até a última sílaba tónica.
- Poden aparecer versos que non riman con ningún outro, coñecidos como **palavra perduda**.
Recursos Estilísticos
- Paralelismo
- Refrán
- Leixaprén
- Fiinda: cobra breve ó final da composición.
- Atá-fiinda: o sentido dunha cobra complétase na seguinte.
As Cantigas Medievais
Cantiga de Amigo
É a máis antiga da lírica galego-portuguesa, ademais do único xénero medieval autóctono.
Lírica Popular e Orixes
Diferentes mostras literarias europeas certifican a existencia dunha canción de amor feminina, con elementos en común.
Kharxas Mozárabes
Dos séculos XI e XII, con temas como o lamento pola ausencia do amigo. As mulleres que as protagonizan gozan de maior liberdade que as da nosa lírica.
Subxéneros da Cantiga de Amigo
- Mariña ou **barcarola**
- Cantiga de romaría: ambientada en capelas, festas, puntos de encontro dos namorados.
- Bailada
- Alba: canto de despedida dos amantes ao amencer.
Cantiga de Amor
É unha adaptación ó contexto cultural galego-portugués da *Çancó* occitana, do sur de Francia, que penetra no noso territorio a través do Camiño de Santiago.
O trobador expresa o seu amor por unha dama denominada **senhor**. Réxense pola doutrina do **amor cortés**, que establece unha relación entre o trobador e a **senhor** baseada na vasalaxe feudal. Para chegar a ser merecedor do amor da dama, o trobador debe percorrer un longo camiño. O fin destas etapas é alcanzar o goce dos namorados.