Fundamentos da Lingua Galega: Sociolingüística, Morfoloxía Verbal e Usos do Infinitivo Conxugado

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 6,46 KB

Unidade de Sociolingüística

A Sociolingüística é a disciplina que estuda as linguas e as relacións entre estas no medio social.

O Estatuto de Autonomía de 1981, no seu artigo 5, recoñece como símbolo de identidade o idioma que naceu no territorio galego dende o século VIII d.C. ata agora.

Factores que Afectan a Lingua Galega

  • Prexuízos que converten os galegofalantes en galegocalantes (persoas que deixan de falar galego).
  • Agresividade contra as linguas cooficiais por parte do nacionalismo monolingüe.
  • A globalización cultural, que tende a favorecer o uso de linguas hexemónicas (como o inglés).
  • A ruptura da transmisión interxeracional, provocada polo cambio acelerado dunha Galiza rural (cada vez máis despoboada e avellentada) a unha Galiza máis urbana.
  • A escasa efectividade da política lingüística da Xunta de Galicia.
  • Relegar o galego a unha lingua litúrxica (específica para eventos concretos).

A normalización lingüística non é só responsabilidade da Xunta; tamén inflúen a política lexislativa, os contextos de socialización, a creación de medios socioculturais e, por último, as decisións individuais.

Perífrases Verbais en Galego

Perífrases Temporais

  • Futuro inmediato: O tren está para saír.
  • Futuridade xeral: O tren vai saír (cando vai saír?).

Perífrases Aspectuais

  • Incoativas: Votou-se a chorar / Deu en chover.
  • Imperfectivas: Segue chovendo.
  • Perfectivas: Deixou de chover.
  • Reiterativas: Volveu a chover.
  • Terminativas: Rematou por chover.

Perífrases Modais

  • Obrigativas: Tes que marchar.
  • Hipotéticas: Deben de ser as dez.

O Verbo: Morfemas de Modo e Tempo

Indicativo

  • Presente: -o
  • Copretérito: -ba (1ª conxugación) e -a (2ª e 3ª conxugación).
  • Pretérito: Non hai morfema específico.
  • Antepretérito: -ra
  • Futuro: -re- (P1, P4 e P5) e -rá (P2, P3 e P6).
  • Postpretérito: -ría

Subxuntivo

  • Presente: -e (1ª conxugación) e -a (2ª e 3ª conxugación).
  • Pretérito: -se
  • Futuro: -r (P1, P3, P4 e P5) e -re- (P2 e P6).
  • Imperativo: Non hai morfema específico.
  • Infinitivo conxugado: -r (P1, P3, P4 e P5) e -re- (P2 e P6).

O Infinitivo Conxugado

Recomendacións de Uso

  • Cando o suxeito do infinitivo é distinto ao do verbo principal. Exemplo: Ao subiren ao escenario, comezamos a berrar coma tolos.
  • Cando (aínda tendo o mesmo suxeito) o infinitivo vai antes do verbo principal e precedido de preposición. Exemplo: Ao saíres, arrima as contras e pecha a porta.
  • Cando o infinitivo se atopa moi afastado do verbo principal e interesa destacar o seu suxeito. Exemplo: Comeremos alá polas dúas da tarde no mesón que está no cruce antes de proseguirmos a viaxe.

Restricións de Uso (Cando NON se debe empregar)

  • Se o infinitivo ten valor impersoal. Exemplo: Era de esperar este resultado.
  • Cando forma parte dunha perífrase verbal. Exemplo: Tedes que saber o que custa aforrar.
  • Cando o infinitivo ten o mesmo suxeito có verbo do que depende e se atopa inmediatamente despois del ou separado só pola preposición do réxime verbal. Exemplo: Esquecéronse de cumprir o prometido.
  • Cando o infinitivo depende dun verbo modal (querer, poder, deber) ou de sentido (ver, escoitar, oír, sentir, etc.). Exemplo: Podes avisar ao seu pai.
  • Nas construcións reflexivas. Exemplo: Non traballaches todo o día para cansáreste tanto.

Alternancia Vocálica nos Verbos da 3ª Conxugación

A alternancia vocálica é un fenómeno importante na conxugación dos verbos da terceira conxugación.

Modelo SERVIR (Alternancia i/e/E)

  • Presente de indicativo: i, e, E (e aberto na 2ª, 3ª e 3ª persoa do plural).
  • Presente de subxuntivo: i
  • Imperativo: i (sirve ti) - e (servide vós)

Verbos que seguen o modelo SERVIR:

Ferir, mentir, sentir, seguir e os seus derivados e compostos: malferir, desmentir; asentir, consentir, resentir, conseguir, perseguir e proseguir.

Modelo FUXIR (Alternancia u/o)

Só presentan alternancia u/o (na 2ª, 3ª e 3ª persoa do plural) no presente de indicativo.

Verbos que seguen o modelo FUXIR:

Acudir, bulir (e rebulir), cubrir e derivados (descubrir, encubrir, recubrir), cumprir ‘ser mester’, cuspir, durmir, engulir, fundir ‘render’, fuxir, lucir e derivados (deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir), mulir, muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (e os seus derivados consumir e ensumir), tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir.

Modelo ADVERTIR (Alternancia e/i)

Cambia o 'e' en 'i' en formas do presente de indicativo, presente de subxuntivo e imperativo.

  • Presente indicativo: Mido, mides, mide, medimos, medides, miden.
  • Presente de subxuntivo: Mida, midas, mida, midamos, midades, midan.
  • Imperativo: Mide ti / medide vós.

Verbos que seguen o modelo ADVERTIR:

Medir, pedir, advertir, divertir, repetir, referir, espir, dixerir, suxerir, etc.

Definicións Lexicográficas

Fouciña

Instrumento de labranza coa folla curva e mango curto, que se utiliza para segar.

Estrutura: Hiperónimo + Diferenza específica (Forma e uso).

Chumbo (Pb)

Elemento químico metálico de cor gris azulada, moi brando e pesado. O seu símbolo é Pb.

Estrutura: Hiperónimo + Diferenza específica (Cor, textura, peso) + Símbolo químico.

Tigre

Mamífero carniceiro da familia dos félidos de tamaño algo maior ca o león, coa pel de cor amarela tirando a vermella con raias negras transversais, que vive en amplas rexións de Asia.

Estrutura: Hiperónimo + Diferenza específica (Familia, tamaño, cor, hábitat).

Entradas relacionadas: