Fundamentos da Lingua Galega: Prefixos, Fonética e Gramática Esencial
Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés
Escrito el en
español con un tamaño de 4,63 KB
Prefixos e o seu significado na lingua galega
- A- / AN- (Negación): ateo
- ANTI- (Posición contraria): anticonxelante
- CO- / CON- / COM- (Contigüidade ou compañía): copiloto
- CONTRA- (Oposición): contraorde
- DES- (Acción contraria): desfacer
- EX- / ES- / E- (Movemento cara fóra): extraer
- EXTRA- (Fóra de): extraordinario
- HIPER- (Por riba de): hipertensión
- HIPO- (Por debaixo de): hipodérmico
- IN- / I- / IM- (Negación): inhumano
- MACRO- (Tamaño superior): macromolécula
- MICRO- (Tamaño inferior): microorganismo
- ORTO- (Correcto): ortografía
- PRE- (Anterioridade): prenatal
- POS(T)- (Posterioridade): postoperatorio
- RE- (Repetición): reconstruír
- RETRO- (Movemento cara atrás): retrotraer
- SEMI- (Metade): semifinal
- SUB- / SU- / SO- (Por debaixo de, inferioridade): subsolo
- SUPER- / SOBRE- (Por riba de, exceso): superpoboación
- TRANS- / TRAS- (Detrás de, ao outro lado de, a través de): trastenda
- VICE- (Substituto/a de): vicepresidenta
Conceptos fundamentais de Fonética e Fonoloxía
- Fonética: É a disciplina lingüística que estuda os sons. Exemplo: [p].
- Son: É a unidade fónica concreta pronunciada por cada individuo en calquera acto de fala. Os sons son ilimitados e represéntanse entre corchetes [ ].
- Fonoloxía: É a disciplina lingüística que estuda os fonemas e a súa función distintiva. Exemplo: /mesa/, /pesa/, /tesa/.
- Fonema: É unha unidade abstracta, a imaxe mental do son.
Uso e contraccións da conxunción CA
A conxunción CA seguida do artigo o, a, os ou as pode contraer ou non; calquera das dúas formas é correcta. Polo tanto, podemos escribir:
- CA + O = có ou ca o. Exemplo: Este móbil é máis antigo có teu / ca o teu.
- CA + A = cá ou ca a. Exemplo: Está o tempo máis frío cá / ca a semana pasada.
- CA + OS = cós ou ca os. Exemplo: Este campionato foi máis interesante cós / ca os de anos anteriores.
- CA + AS = cás ou ca as. Exemplo: Estas mazás son máis doces cás / ca as outras.
Formación de superlativos irregulares
Algúns adxectivos presentan formas especiais ou cultas para o grao superlativo:
- Nobre: nobrísimo, nobilísimo
- Amable: amabilísimo
- Sabia: sapientísimo
- Sagrado: sacratísimo
- Cruel: cruelísimo
- Fiel: fidelísimo
- Antiga: antiquísima
- Libre: libérrimo
- Pobre: paupérrimo
- Célebre: celebérrimo
- Mísera: misérrimo
- Salubre: salubérrimo
Vocabulario: As divisións do tempo e o día
- Amencer: Primeira luz do día; alba, abrente, aurora.
- Noitiña: Período de tempo que abrangue as primeiras horas da noite, despois do solpor e antes de que sexa de noite pecha.
- Mediodía: Hora en que o sol está no seu punto máis elevado do horizonte.
- Luscofusco: Momento do día entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas cáptanse por sombras.
- Tardiña: Primeiros momentos do serán, cando comeza a pórse o sol.
- Anoitecer: Período de tempo durante o cal se vai facendo noite.
- Serán: Parte do día que vai desde que comeza a pórse o sol ata que se fai noite.
- Alborexar: Abrir o día, cando nace a luz do sol.