Fundamentos da Filosofía e Ciencia: Verdade, Métodos e Metafísica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 14,36 KB
As Teorías da Verdade
A verdade é un concepto fundamental na filosofía e na ciencia, abordado dende diversas perspectivas. A continuación, exploramos as principais teorías que intentan definir a súa natureza:
1. A verdade como correspondencia (Ciencias experimentais)
Esta teoría mantén que a verdade é a correspondencia entre o entendemento e a realidade. Para poder falar de correspondencia, é imprescindible falar de linguaxe, pois a correspondencia prodúcese na proposición (S é P). A verdade como correspondencia foi entendida tamén como verdade como adecuación. Estes filósofos e científicos consideran que unha proposición é verdadeira se coincide coa realidade. Da verdade como correspondencia ou adecuación derivouse a postura do realismo inxenuo, coñecida como a postura que non problematiza o coñecemento ao considerar que os enunciados que nós pronunciamos sobre a realidade coinciden plenamente co que verdadeiramente é a realidade.
2. A verdade como coherencia (Ciencias formais)
Esta teoría mantén que unha proposición é verdadeira se concorda co resto das proposicións consideradas. Isto significa que unha proposición non pode ser contraditoria coas demais. Nesta teoría non se establece unha relación entre entendemento (linguaxe) e realidade, senón entre respecto ao sistema de proposicións do que se trata.
3. A verdade como utilidade (Utilitarismo/Mill)
Quen defenden esta teoría da verdade consideran que unha proposición ou afirmación é verdadeira se e só se se axusta ao útil. Polo tanto, todas aquelas proposicións que non teñen un fin práctico útil deben ser rexeitadas. Conciben que o útil non é sempre o mesmo e que, polo tanto, este cambia dunha situación, contexto e época (variación histórica). Unha proposta é útil, e polo tanto verdadeira, se é capaz de conseguir os resultados para os que foi proposta. Pola contra, non merece ser considerada como verdadeira. Esta teoría tamén foi coñecida como teoría pragmática da verdade.
4. A verdade como perspectiva (Perspectivismo) (Einstein/Ortega y Gasset)
Esta teoría mantén que a realidade pode ser vista dende distintos puntos de vista ou perspectivas. Polo tanto, a verdade non existe independente do suxeito, senón que vén dada sempre polo e dende o suxeito, situado sempre nunha circunstancia e construíndo inevitablemente dende esa perspectiva a realidade. Todas estas perspectivas elaboradas polos suxeitos son igualmente verdadeiras, e entre todas conseguen o que denominamos verdade. A verdade, conclúe, é o conxunto de perspectivas ofrecidas sobre un feito ou obxecto sometido a coñecemento.
Método Indutivo
O método indutivo é un modo de inferencia fundamental na ciencia e na filosofía. A continuación, detallamos a súa definición, etapas e os problemas asociados.
Definición
- Inducir: Paso do particular ao xeral.
- Indución: Modo de inferencia polo que se pasa de enunciados de feitos particulares á formulación de enunciados xerais ou leis. Estas leis recollen relacións constantes entre feitos e serven para predicir futuros elementos.
Etapas do Método Indutivo
Definición do problema científico a investigar
Imprescindible a delimitación de tempo e lugar.
- Esta observación debe facerse de modo obxectivo e, polo tanto, o científico deberá abandonar os seus propios prexuízos.
- As observacións deben repetirse nunha ampla variedade de condicións.
Observación. Traballo de campo. Observación e Clasificación
- Observamos n casos. Comparar e clasificar os feitos observados e rexistrados.
- Comparados e clasificados os feitos, estaremos en condicións de enumerar relacións causais entre os feitos, regularidades que permitirán avanzar cara a elementos comúns definitorios.
Elementos comúns resultado das distintas categorías clasificatorias
Xeneralización ou indución. Enunciación da lei xeral
Unha vez formuladas as leis, dedúcense as consecuencias posibles. Estas consecuencias permiten ao científico formular predicións, é dicir, previsións de cumprimento desa lei/s en casos futuros.
Problemas e Obxeccións ao Método Indutivo
Os elementos problemáticos deste método son fundamentalmente:
Xeneralización indebida: Pasa dende a observación, rexistro e investigación dun número x de casos (sempre casos que non esgotan os posibles do conxunto a investigar, conxuntos abertos) a enunciados xerais (para casos que están aínda e quedarán sen investigar).
Exemplo:
- X1 é A
- X2 é A
- X3 é A
- ...
- Xn é A
Xeneralización indebida: "Todos os X son A". (Esta xeneralización converte a este método en falible).
A partir desas formulacións xerais (leis), fai predicións que tratan de enunciar que os demais casos (sen investigar) e futuros elementos tamén cumprirán os termos recollidos no enunciado da lei.
Non existen feitos puros: É dicir, contextos reais ben definidos (con límites e delimitación definida). Polo tanto, un feito ou obxecto de investigación está interrelacionado con moitos outros, o que implica unha difícil concreción do fenómeno.
O problema da neutralidade valorativa no proceso de investigación: Os científicos ou autores non acoden á investigación de xeito completamente obxectivo e neutral. Pesa nas decisións o marco teórico ao que pertencen e defenden, a metodoloxía escollida, e outras variables como actitudes valorativas diversas (políticas, económicas, culturais, etc.). A crenza na "infalibilidade" do método indutivo denominouse inductivismo inxenuo.
Método Hipotético-Deductivo
Unha vez formulado un problema científico para o que se pretende atopar unha solución, o investigador formula unha ou varias hipóteses a partir das cales deduce consecuencias. Estas consecuencias son contrastadas mediante experimentos (ben definidos, delimitados e controlados). Aquelas hipóteses verificadas convértense en leis e, pola contra, as demais son descartadas e abandonadas. Este método foi introducido na ciencia por Galileo (1564-1642) e permitiu en boa medida, por exemplo, os avances científicos do século XVII (Kepler, Newton, etc.).
Etapas do Método Hipotético-Deductivo
Punto de partida. Formulación dun problema
Definición precisa e delimitada do mesmo (definición, período, ámbito, etc.). Aquí non se parte de feitos puros, é dicir, ben delimitados e xa abordados ou solucionados, senón todo o contrario, abórdanse cuestións problemáticas (aquelas para as que non se atopa solución, as que contradicen unha teoría, as de difícil predición, tratamento, etc.). Imprescindible a delimitación de tempo e lugar.
Formulación de hipóteses
O investigador formula unha ou varias hipóteses (ver definición e funcións das hipóteses). Demasiadas hipóteses abren en exceso a investigación e problematizan a súa contrastación, é dicir, debilitan a investigación.
Dedución das consecuencias das hipóteses (resposta á forma )
Entendemos estas consecuencias como predicións empíricas que se realizan coa axuda das hipóteses.
Contrastación de cada unha das hipóteses formuladas
Nesta contrastación trátase de comprobar (probar) a compatibilidade de cada unha das hipóteses formuladas con teorías xa asentadas respecto a ese problema, ou ben someter esas hipóteses a unha confrontación cos datos empíricos (mediante observacións ou experimentos). En definitiva, sometemos a proba á hipótese confrontándoa cos feitos.
A hipótese ou hipóteses contrastadas e confirmadas convértense en leis ou teorías
Ou ben (segundo o problema científico investigado) en elementos a incluír en teorías.
Mulleres Destacadas na Filosofía e Ciencia
Unha selección de mulleres que contribuíron significativamente ao pensamento e ao coñecemento ao longo da historia:
- Antiga: Teano de Crotona, Aspasia, Diotima, Hipatia.
- Medieval: Hildegard Von Bingen, Marguerite Porete, Catalina de Siena, Christine de Pizan.
- Renacemento (Século XVI): Teresa de Ávila, Marie de Sars.
- Século XVII: Margaret Cavendish, Mary Astell.
- Ilustración: Flora Tristán, Olympe de Gouges, Mary Wollstonecraft.
- Romanticismo: Emmeline Pankhurst.
- Século XIX: Betty Friedan, Concepción Arenal, Leonore Kuhn, Kate Millet.
- Século XX-XXI: Edith Stein, Simone Weil, Hannah Arendt, Simone de Beauvoir, Martha C. Nussbaum, María Zambrano, Judith Butler, Amelia Valcárcel, Vandana Shiva.
O Problema Metafísico do Real
A metafísica é unha rama fundamental da filosofía que se interroga sobre as cuestións máis alá da natureza física. Aquí exploramos a súa definición, etimoloxía e as súas preguntas centrais.
Definición e Etimoloxía
META (= máis alá) + FÍSICA (physis = natureza) = máis alá da natureza. A metafísica convértese pois nun saber que interroga polas cuestións que se sitúan máis alá da física, da natureza. Así, se comunmente denominamos o físico como o concreto, diremos que a metafísica abrangue o todo, o universal. Tal como sinala Aristóteles, un saber así é universal, a diferenza das ciencias particulares que se ocupan de rexións do ser.
As Preguntas da Metafísica
O Problema do Ser
Etimoloxía do termo: SER (einai (grego), esse (latín)). A interrogación sobre o Ser é un dos problemas centrais da historia do pensamento e especialmente da metafísica. Os gregos empregaron a substantivación verbal Tò ón que significa “o que é”. Dende esta expresión formulaban a pregunta: Que é o ser? Que queremos dicir cando empregamos a cópula “é” nun xuízo?
Os Presocráticos foron os primeiros pensadores que se ocuparon desta pregunta. Así, a pregunta polo SER tiña o sentido de “o que realmente hai”, “o que verdadeiramente existe”. Preguntaban entón polo Ser das cousas, é dicir, cal é a realidade última ou primeira das cousas? Partían de que o Ser atópase oculto en canto as cousas, ao presentarse aos sentidos, non deixan ver a súa verdade, a súa razón de ser. De aquí parte o sentido de verdade para os gregos como desocultamento. Así, coñecer a verdade das cousas é coñecer o seu ser, aquilo que está oculto. En resumo, podemos dicir que para os gregos coñecer o Ser das cousas como verdade é traer á claridade o que está oculto, encuberto, velado, escuro.
Para PLATÓN, tal como vimos, o SER é o permanente, o modelo, a intelixibilidade (intelixencia) e identifícase co mundo intelixible. Representa a verdade, aquilo que é, aquilo que ten como características a permanencia, o modelo, a eternidade, tal como defendía Parménides.
Coa mesma importancia, ARISTÓTELES emprega a noción de Ser como o obxecto central da súa metafísica: a metafísica é a ciencia do Ser. De seguido engade que a metafísica, por ocuparse do Ser, convértese en ciencia universal ou primeira, diferenciándoa das ciencias particulares que só se ocupan dunha rexión, como xa sinalamos ao principio desta unidade.
Ao longo da historia do pensamento, a pregunta polo Ser fíxose asumindo unha polarización entre:
- o Ser / Nada (por exemplo, Parménides e o existencialismo do século XX con Heidegger, Sartre);
- o Ser / Aparencia (Pensamento grego);
- o Ser (=estable, estático) / Ser (=dinámico, cambiante, ser como devir) (Parménides, Platón clásico fronte a Heráclito);
- o Ser / Pensar (nalgúns autores como identidade (Parménides, Descartes) e noutros como contraposición);
- o Ser / Valor (para algúns autores como identidade (pensamento grego) e noutros como encubrimento intencionado (Nietzsche));
- o Ser / Deber Ser (ética);
- o Ser en si / Ser fóra de si / Ser para si (Tríada) (por exemplo, Dialéctica de Hegel).
Sustancia, Accidentes e Esencia
Definimos SUSTANCIA (substantia = estar debaixo, sustentar, soportar algo) como aquilo que fai que algo sexa o que é e non outra cousa, é dicir, aquilo que fai que sexa tal e se diferencie de todas as demais. Así entendemos que a substancia é a definición propia e fundamental do obxecto. Ou tamén dicimos que a substancia son os trazos fundamentais sen os cales esa cousa non sería ela. Por outra banda, e por oposición á substancia, os ACCIDENTES son as características dos obxectos que non son fundamentais para a súa configuración. A ESENCIA (essentia) é aquilo que define á substancia. En metafísica, tratamos de identificar sempre a esencia coa definición.
O Problema da Alma
Ao longo da historia do pensamento, o concepto de alma entendeuse en dous sentidos:
- Como principio de vida (Animus ou alento);
- Como principio de coñecemento racional (Mente ou intelixencia).
A alma defínese como realidade espiritual, principio de coñecemento racional. Pola contra, o corpo aparece como realidade material, mortal, finita, corruptible, sempre guiada polos instintos e as paixóns.
Deus
A metafísica formulou a “necesidade” da existencia dunha causa incausada, motor inmóbil que move e non é movido (Aristóteles), que crea e non é creado (Santo Agostiño, Santo Tomé), etc. Deste xeito, para Aristóteles, a metafísica débese entender tanto como ciencia de Deus como ontoloxía. Deus aparece como intelixencia universal, ben inmanente, ben creadora. Ao longo da metafísica, o problema da concepción de Deus derivou cara á posibilidade ou non de demostrar, dende distintas vías, a súa existencia.