Fundamentos da Evolución Biolóxica: Orixe da Vida e Teorías Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en español con un tamaño de 3,89 KB

A Orixe da Vida: Evolución Química e Biolóxica

Evolución Química (Evolución Q)

Procesos polos que se orixinaron as biomoléculas e estas formaron as protocélulas.

Os Procesos da Evolución Química

  1. Orixináronse as primeiras biomoléculas, as cales se acumularon nas pozas e nos mares do planeta, dando lugar ao Caldo Primitivo.
  2. Orixináronse biomoléculas simples acumuladas no caldo primitivo e formáronse as protocélulas cando as biomoléculas se organizaron en membranas esféricas e ocas con ácidos nucleicos e proteínas dentro.

Evolución Biolóxica (Evolución B)

Procesos polos que a partir das protocélulas se orixinaron tipos de células e diferentes organismos que habitaron e habitan a Terra.

Os Procesos da Evolución Biolóxica

  1. Formáronse unhas células primitivas parecidas ás procariotas, cando as protocélulas intercambiaron materia e enerxía co exterior, puideron regularse segundo os cambios ambientais e producir réplicas de si mesmas.
  2. Orixináronse distintos tipos de células procariotas a partir das células primitivas que podían realizar a respiración celular.
  3. Xurdiron as primeiras células eucariotas segundo a Teoría da Endosimbiose: unha célula procariota, para mellorar a súa superficie de absorción, pregou a súa membrana e orixinou o núcleo.
  4. Pola endosimbiose formáronse outros orgánulos (flaxelados, etc.).
  5. Orixinouse a biodiversidade da Terra, todos os organismos que a habitaron e a habitan.

Teorías sobre a Orixe e a Transformación das Especies

FIXISMO

As especies foron creadas por Deus tal e como son agora e permaneceron inmutables. Esta visión estivo influenciada polo cristianismo ata o século XVIII.

CATASTROFISMO

Proposto por Cuvier. Na Terra houbo catástrofes (como o Diluvio Universal) que deron lugar a que desapareceran algunhas especies. Así, os fósiles serían restos de especies extinguidas e non formas anteriores das especies actuais.

EVOLUCIONISMO

As especies derivan unhas das outras por transformación.

ACTUALISMO

Os acontecementos de antes foron causados pola acción de forzas iguais ás da actualidade. Os cambios na natureza prodúcense de forma lenta, gradual e continua (gradualidade) e non por catástrofes.

A Teoría de Lamarck

A xeración espontánea é o mecanismo de aparición das formas de vida máis simples que, por evolución, orixinan organismos máis complexos.

  • Nos organismos hai un impulso interno que os mellora cara á complexidade.
  • Isto está influído polos cambios ambientais que obrigan ao uso máis ou menos de certos órganos, o que provoca ou o seu desenvolvemento ou a súa atrofia (a función crea o órgano).
  • Os caracteres adquiridos por uso e desuso transmítense á xeración seguinte, son herdables.

POSTULADOS DE DARWIN

  • O mundo non é estático, senón que se transforma.
  • O proceso de cambio é gradual e continuo.
  • Os organismos semellantes están emparentados e descenden dun antepasado común.
  • O cambio evolutivo é o resultado da Selección Natural.

NEODARWINISMO OU TEORÍA SINTÉTICA

Revisión do Darwinismo mellorada polas achegas de estudos realizados en disciplinas como a xenética, a paleontoloxía e a taxonomía con posterioridade a Darwin.

SALTACIONISMO

Matiza o Neodarwinismo para xustificar algúns saltos evolutivos repentinos que se poden ver nos fósiles e que non se explican mediante cambios graduais. Propón que o proceso evolutivo se produce a saltos, explicando que hai grandes acontecementos, como as catástrofes xeolóxicas, que interrompen o equilibrio do proceso normal de adaptación por selección natural.

Entradas relacionadas: