Fundamentos da Economía: Actividades, Sectores e Sistemas na Unión Europea
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 11,36 KB
1. As actividades económicas
Actividades económicas: conxunto de actividades desenvolvidas polos seres humanos para cubrir as diversas necesidades das persoas e das sociedades, xa sexa producindo bens ou prestando servizos.
A actividade económica inclúe tres fases: produción, comercialización e consumo.
1.1. Produción
Na produción de bens combínanse os recursos naturais, a técnica e o traballo. Os bens poden ser de dous tipos:
- Bens de consumo: son os que satisfán as necesidades dos consumidores.
- Bens de produción: son os materiais, máquinas e ferramentas que se empregan na produción dos bens de consumo.
A produción de servizos (sanidade, transporte público, etc.) implica a creación e a organización de infraestruturas correspondentes a cada sector.
1.2. Comercialización
Son as actividades que achegan os bens producidos polas empresas aos consumidores (almacenaxe, transporte, venda).
O proceso de comercialización pode ser a dous niveis:
- Venda por xunto: cando os comerciantes por xunto mercan grandes cantidades de produtos que, posteriormente, venden a outros comerciantes ou a outras empresas.
- Venda polo miúdo: os retallistas cómpranlles pequenas cantidades aos comerciantes por xunto, e véndellas ao público.
1.3. Consumo
A compra de bens e servizos permítelles ás persoas satisfacer as súas necesidades. Estas necesidades poden ser de dous tipos:
- Necesidades primarias: aquelas que resultan indispensables para sobrevivir.
- Necesidades secundarias: son as que aumentan o noso benestar.
Consumismo: afán por adquirir produtos e servizos de forma masiva e excesiva por parte dos individuos dunha sociedade. Cando esta práctica abusiva se xeneraliza, falamos de sociedade de consumo.

4. Os sectores económicos
4.1. O sector primario
Son as actividades destinadas a obter alimentos e materias primas do medio natural: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal.
4.2. O sector secundario
Son as actividades económicas que transforman as materias primas extraídas da natureza en produtos elaborados. Destacan a industria, a construción, a minaría e a explotación de fontes de enerxía (auga, petróleo, gas, etc.).
4.3. O sector terciario
Son as actividades económicas que prestan un servizo á poboación ou a outras empresas. Destacan o comercio, o transporte, a sanidade, a educación e o turismo.
O gran crecemento deste sector nas últimas décadas foi posible grazas á aparición da sociedade da información, a cal implica cambios tan importantes como o desenvolvemento científico e técnico, a mundialización da economía e o crecemento dos intercambios.
Existe tamén un terciario banal, sector dedicado ás actividades económicas que demandan pouca preparación e que adoitan estar mal remuneradas (servizos domésticos, venda ambulante, etc.).
4.4. O sector cuaternario
Compóñeno as actividades relacionadas coa xestión e a distribución da información, así como as actividades de investigación e innovación económica.
É un sector baseado no coñecemento, xa que require de man de obra moi cualificada.
5. Os sistemas económicos
Denominamos sistema económico o modo en que se producen os bens e servizos nunha sociedade.
5.1. O sistema de subsistencia
Sistema económico no que as persoas producen todo aquilo que precisan para cubrir as súas necesidades básicas (traballar a terra, construír as súas casas, confeccionar os seus vestidos, etc.).
Este sistema económico foi o principal modo de vida das sociedades preindustriais. Hoxe en día, segue vixente en sociedades con niveis de desenvolvemento escaso (África Subsahariana).
5.2. O sistema capitalista
A Revolución Industrial, o ascenso da burguesía como nova clase social dominante e as ideas liberais de filósofos como Adam Smith, foron os factores que permitiron o xurdimento dun novo sistema económico, o capitalismo.
Características do sistema capitalista:
- Trátase dun sistema de economía non planificada, polo que a intervención do Estado é mínima.
- Os medios de produción (terras, maquinaria, tecnoloxía, empresas, etc.) son de propiedade privada.
- Libre iniciativa dos individuos: calquera persoa ou empresa é libre de participar nunha determinada actividade económica xa sexa como vendedor ou como comprador.
- Dereito á libre competencia: as persoas teñen como obxectivo a procura do máximo beneficio.
- Baséase na lei da oferta e da demanda para conseguir uns prezos xustos que lles permitan ás persoas satisfacer as súas necesidades.
Hoxe en día, o capitalismo é o sistema económico predominante no mundo actual. Nos países capitalistas, debemos destacar os Estados Unidos como superpotencia mundial.
5.3. O sistema socialista
Sistema económico que xurdiu trala Revolución Industrial e a aparición dunha nova clase social, o proletariado. O principal ideólogo do sistema socialista foi Karl Marx.
Características do sistema socialista:
- Trátase dun sistema de economía planificada no que o Estado controla todos os aspectos da economía.
- Desaparición da propiedade privada: os medios de produción son controlados polo Estado.
- Non existe un mercado como tal, o Estado é quen fixa os prezos.
- O Estado reparte os recursos e bens económicos segundo as necesidades de cada persoa.
A Unión Soviética (1922-1991) foi a principal potencia na que estivo implantado o sistema socialista. Hoxe en día, perdura en moi poucos países (Cuba, Corea do Norte).
5.4. O sistema de economía mixta
Modelo de organización económica que inclúe elementos do capitalismo e do socialismo.
Neste sistema, o mercado asigna os recursos pero o Estado intervén, en maior ou menor medida, para regular o funcionamento da economía.
6. Os sectores económicos da Unión Europea
6.1. O sector primario
Representa só o 2% do PIB e ocupa menos do 5% da poboación activa.
Nos últimos anos, a Unión Europea levou a cabo unha serie de políticas para garantir o futuro deste sector. O conxunto destas políticas deu como resultado a creación da Política Agraria Común (PAC), a cal ten por obxectivos mellorar a produción agraria, o desenvolvemento tecnolóxico dos recursos agrícolas e conseguir unha agricultura sostible.
Na agricultura destaca:
- A agricultura mediterránea de secaño (o trigo, a vide e a oliveira en España, Italia e Grecia).
- A agricultura mediterránea de regadío (cítricos e outras froitas).
- Cultivos tropicais (plátanos e piñas nas Illas Canarias, Madeira e as Azores).
- Cultivo de flores (Países Baixos).
Na gandaría destaca a porcina, xa que é a que conta con máis exemplares e a que produce máis carne. Tamén é importante a gandaría bovina (produción leiteira) e a avícola.
No sector pesqueiro, a maior parte das capturas realízanse no Atlántico Nororiental, onde destaca a pesca do arenque e espadín. A acuicultura céntrase na cría de diversos moluscos, troita e salmón. A actividade pesqueira e a acuicultura na Unión Europea está regulada pola Política Pesqueira Común (PPC).
6.2. O sector secundario
Representa un 35% do PIB e ocupa o 25% da poboación activa.
Os sectores industriais máis destacados son:
- Industria pesada: metalurxia e a fabricación de maquinaria.
- Industria lixeira: industria alimentaria, química e automobilística.
A maior parte dos intercambios de bens industriais realízanse entre os Estados membros.
6.3. O sector terciario
Representa un 70% do PIB e ocupa o 70% da poboación activa.
As actividades terciarias máis destacadas son:
- Comercio: a Unión Europea é o principal exportador de mercadorías e servizos do mundo e leva a cabo, aproximadamente, unha quinta parte das importacións e exportacións mundiais.
- Transportes: a Unión Europea conta cunha excelente rede de transporte. A súa rede de estradas e de trens son as máis accesibles e conectadas do mundo. No transporte naval conta con algúns dos portos máis importantes, como o de Rotterdam, Amberes ou Hamburgo no Atlántico e Barcelona, Marsella e Xénova no Mediterráneo. No transporte aéreo, destacan os aeroportos das grandes capitais europeas (París, Madrid, etc.).
- Turismo: a Unión Europea segue sendo o destino preferido da maioría dos turistas (51%). Destaca a presenza de España neste sector, o cal é o segundo país da Unión Europea que recibe máis turistas, só por detrás de Francia.