Funcións das interaccións sociais

Otras materias2,18 KB

Funcións das interaccións cos demais

As interaccións cos demais teñen tres funcións principais:

Función de comparación social

Cando nos atopamos en situacións novas ou ambiguas que nos fan dubidar sobre como debemos sentirnos ou actuar, a comunicación con outras persoas que están na mesma situación axúdanos a decidir sobre o axeitados que son os nosos sentimentos e comportamentos.

Schachter realizou unha investigación en 1959 sobre a comparación social. Había dúas situacións experimentais: ao primeiro grupo díxolle que ían recibir descargas fortes, e ao segundo díxolle que recibirían descargas leves, para provocar ansiedade. Podían esperar a súa quenda sós ou acompañados. Os de alta ansiedade preferían estar acompañados; os de baixa, sós.

Noutro experimento de Schachter, en 1959, producíase unha situación de alta ansiedade. Debían elixir entre esperar sós, en compañía doutra xente que agardaba para o mesmo experimento ou en compañía doutra xente que esperaba para falar co profesor. O resultado foi que a xente prefería esperar en compañía dos que ían pasar pola mesma situación.

Redución da ansiedade

En situacións de ansiedade, a asociación con outras persoas supón distracción, apoio emocional ou seguridade. Aínda que non sempre as persoas que están nunha situación parecida á nosa son as mellores para tranquilizarnos.

Tamén sabemos que o estrés moderado provoca un maior desexo de afiliación que o estrés baixo ou moi alto. Así, prodúcese un incremento do ton positivo cotián, do benestar emocional e da satisfacción coa relación.

Busca de información

En situacións de ameaza, búscase a compañía de quen nos pode proporcionar máis información.

Un experimento de Kulik e Mahker (1989), realizado con pacientes en espera de poñer un marcapasos no hospital, dáballes aos suxeitos a opción de esperar nunha habitación acompañados dun paciente que estaba agardando ou con alguén que xa pasara polo mesmo. Maioritariamente, prefírese esperar con xente que xa pasara polo mesmo.

En situacións agradables...

Descargar

PDF Word HTML