Fröbel: Educación Infantil e Xardíns de Infancia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,66 KB
Friedrich Fröbel
Friedrich Fröbel (1782-1852), alumno de Pestalozzi, adoptou gran parte dos seus principios. É considerado como o verdadeiro fundador e promotor da Educación Infantil. Aínda que a súa obra é pouco coñecida en España, a difusión das súas ideas estendeuse por toda Europa e aínda hoxe segue tendo unha gran repercusión na maioría dos plantexamentos da intervención coa primeira infancia.
Aportacións de Fröbel á Educación Infantil
As aportacións de Fröbel sobre a educación dos primeiros anos da vida poden recollerse nos seguintes apartados:
- Importancia do coñecemento do neno: Fixo do neno o principal axente da súa educación. O seu extremado respecto pola individualidade de cada neno orientou aos mestres cara a unha observación coidadosa da evolución do seu desenvolvemento, coa finalidade de adecuar as intervencións educativas ás esixencias de cada período.
- Importancia do principio de unidade: Este principio significa para Fröbel non romper na práctica a conexión existente entre o físico e o espiritual, é dicir, establecer conexións suficientes entre o que pensa a mente e o que fai a man.
- Importancia do principio de actividade: Ninguén antes que Fröbel comprendeu tan profundamente o que significa e implica para a educación a actividade espontánea do neno. Tanta importancia concedeulle que fixo desta actividade un instrumento especial do educador para lograr os fins educativos. Deste xeito, Fröbel converteuse no precursor máis importante do que posteriormente se coñecerá como “Escola Activa”.
- Importancia da individualidade de cada neno: Para Fröbel a aprendizaxe forma parte do desenvolvemento natural na infancia e, polo tanto, debe ser individualizada, autónoma e gradual, de xeito que o máis sinxelo sempre preceda ao máis complexo. Cada neno ten unhas capacidades específicas que a intervención educativa non só debe respectar, senón tamén aproveitar para orientar a cada alumno.
- A educación temperá das sensacións, das emocións e do desenvolvemento das percepcións para estruturar o pensamento e exercitar os procesos mentais. Isto inflúe no resultado da educación. Para levar a cabo esta tarefa subliña a importancia que ten para os nenos o contacto coa natureza.
- O valor do xogo: Constitúe un elemento clave da súa metodoloxía para a intervención con nenos pequenos. Utilizou o xogo con obxectos estruturados (cilindro, esfera e cubo) e coa pelota. As súas experiencias ían encamiñadas a potenciar as sensacións e desenvolver as percepcións, estruturando o pensamento dos pequenos e facéndolles traballar os procesos mentais de análise e síntese.
- O contacto coa natureza: Para Fröbel toda a educación dos nenos pequenos debe facerse en contacto coa natureza porque só, a través dela, poden desenvolver as súas sensacións e organizalas nas súas mentes, e do mesmo xeito, facer aparecer sentimentos e emocións de beleza, plenitude, alegría, harmonía...
- A educación das máximas posibilidades de acción: Esta educación debe encamiñarse a desenvolver a acción:
- Manual: porque é o primeiro factor do desenvolvemento intelectual.
- Simbólica: porque é o gran instrumento da intuición.
- Obxectiva: é dicir, que oriente ao neno a observar, definir, aprender do que ve... para poder expresalo coas súas ideas.
- Fantástica: é dicir, que alimente a súa creatividade.
- A educación cooperativa: Foi Fröbel quen estableceu nos xardíns de infancia unha organización social que orientaba aos nenos a vivir voluntariamente o sentido da cooperación fundamentado na xustiza, na liberdade e na verdade. Os xardíns de infancia eran un pequeno fogar no que a responsabilidade estaba dividida entre todos e os seus dereitos individuais respectados por todos.
Os Kindergarten ou Xardíns de Infancia
Fröbel pasou á historia especialmente pola creación dos Kindergarten ou xardíns de infancia. Para el, a educación debe iniciarse dende a máis tenra infancia, especialmente con aqueles nenos procedentes de familias con menores recursos sociais e culturais.
Esta institución, fundada exclusivamente para nenos entre 2 e 7 anos, estendeuse rapidamente por toda Europa. Nun principio todas as educadoras foron mulleres.
O que Fröbel subliña ante todo nestes centros son as características da acción e da intervención educativa, o seu estilo e a súa organización. Puxo especial coidado na capacitación dos mestres, para que fosen de bo carácter, amigables, accesibles e capaces de transmitir educación en cada unha das súas accións.
O tipo de institucións que teñen que ocuparse desta educación dos máis pequenos deben ser moi diferentes das escolas primarias. Estes centros serán lugares onde os nenos, nun ambiente de liberdade e actividade alegres, xoguen, constrúan, canten, cultiven plantas, desenvolvan as súas forzas físicas e os sentidos e se axuden para lograr algo, que á súa vez forma o seu pensamento.
Os xardíns de infancia tiveron dende a súa formación unha enorme repercusión social, pois constitúen unha axuda poderosa para as familias na súa tarefa de proporcionar aos fillos esa primeira educación que en moitos casos se ven incapaces de realizar por si mesmos.
A partir da súa fundación o número de centros foi multiplicándose incesantemente e, aínda que moitas das súas denominacións (asilos, hospicios, garderías...) deixaban de lado o aspecto educativo, hoxe ninguén nega que esta sexa a súa función esencial.
Célestin Freinet
En todo este contexto, a coordinación, a comunicación e a cooperación estarán na base doutra das aportacións de Freinet: a realización de proxectos en común, como por exemplo, un periódico ou unha revista escolar.
A Lei Moyano
Coñécese con este nome á primeira lei educativa que aparece en España e que unifica as múltiples normas e disposicións que existían sobre a ensinanza ata 1857.
Foi promulgada por D. Claudio Moyano en 1857. Constitúe un primeiro intento concreto de elaboración dun sistema educativo público en España. Outros países tivérono case con trinta anos de anticipación.
A Lei Moyano unificou as disposicións educativas existentes nun conxunto homoxéneo; dividiu a ensinanza en Elemental e Superior, facendo a primeira obrigatoria e gratuíta; potenciou a creación de escolas elementais e o interese popular pola instrución; elevou o nivel de formación dos mestres e promoveu a súa estabilidade, asignándolles retribucións a cargo do Estado. Defendeu a estabilidade das Escolas Normais de Formación dos Mestres; redactou normas para a elaboración de libros escolares e encargou aos Concellos o sostemento e conservación das escolas, plantexando a necesidade de crear escolas públicas a cargo do Estado, na proporción dunha por cada 500 habitantes.
Esta lei considérase como un cumprimento dos desexos expresados xa nas Cortes de Cádiz de 1812, as cales introduxeron na Constitución que elaboraron un capítulo IX, adicado á instrución pública, que se fundamenta nos principios de igualdade e de liberdade, é dicir, na defensa dunha educación igual para todos os cidadáns e na liberdade de cátedra.
O sistema educativo da Lei Moyano consolidouse ao longo do século XIX e da primeira metade do XX, e aínda perduran moitas das disposicións que se promulgaron nela, como o sostemento dos colexios públicos, as retribucións do profesorado, a creación de centros educativos polo Estado, etc.
A Institución Libre de Ensinanza
A Institución Libre de Ensinanza e outras experiencias relacionadas coa Educación Infantil en España: as Escolas do Ave María.
A Institución Libre de Ensinanza
Inicia a súa andadura como unha reunión de intelectuais e amigos, en torno a Julián Sanz del Río (1814-1869), o cal estaba preocupado por facer progresar ao país dende o seu ancestral analfabetismo á cultura que imperaba noutros países europeos. A súa proposta consistía en que esta tarefa tan só podía acometerse creando centros de ensinanza e influíndo para a súa creación na vida nacional e política, dende a ideoloxía dun movemento de corte intelectual.
Sen embargo, considérase como o verdadeiro fundador da Institución Libre de Ensinanza a Giner de los Ríos (1839-1915), que foi discípulo de Sanz del Río.
A Institución Libre de Ensinanza fúndase como tal no ano 1876, definida por Giner de los Ríos da seguinte maneira:"Completamente allea a todo espírito e interese de comuñón relixiosa, escola filosófica ou partido político, proclamando unicamente o principio da liberdade e inviolabilidade da Ciencia e independencia de calquera autoridade que non sexa a da concienci".
Os primeiros centros de ensinanza inaugúranse nas datas seguintes:
- En 1876 os primeiros centros para a Ensinanza Secundaria.
- En 1878 os centros de Ensinanza Primaria.
- En 1882 os centros para a Educación de Párvulos.
Ideas de Giner de los Ríos sobre a Educación
- Educación activa.
- Escola única, é dicir, fusión da Ensinanza Primaria e da Ensinanza Secundaria, así como dos profesionais dos dous niveis.
- Educación integral, é dicir, de toda a persoa.
- Coeducación.
- Aconfesionalidade da educación.
Non era a instrución o que máis interesaba aos profesionais da Institución Libre, senón a formación da personalidade total: “Importa dar á sociedade primeiro, homes que máis tarde, noutro sitio, e se a man ven, serán sabio".
Influencia de Fröbel na ILE
Dificilmente se coñecería a práctica desta metodoloxía en España de non ser por esta institución. Os principios máis importantes que guiaban toda a actividade cos máis pequenos eran os seguintes:
- Valor da actividade dos nenos e do xogo.
- A ensinanza comunicativa e non retentiva ou memorística, de modo que se ensine ao neno a pensar por si mesmo.
- Unha proposta de actividades e traballos útiles e funcionais que sirvan posteriormente ao neno para a súa propia vida.
- A planificación do mestre ou educador das propostas que van a facer aos nenos.
A Institución Libre de Ensinanza non desdeñaba a educación moral ou ética iniciada dende o parvulario, pero trataba estas cuestións por medio de conversas cos nenos, das que eles mesmos extraían as conclusións para ordenar a súa propia conduta.