Forzas: Tipos, efectos e unidades de medida

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,01 KB

Que é a forza?

A forza é o resultado da interacción entre dous corpos.

Efectos das forzas sobre os corpos

As forzas poden ter varios efectos sobre os corpos:

  • Deformar un corpo: Unha forza pode cambiar a forma ou o tamaño dun corpo.
  • Cambiar a velocidade dun corpo: Unha forza pode modificar a velocidade dun móbil de tres formas:
    • Cambiando o valor numérico da velocidade: é dicir, facendo ir o corpo máis rápido ou máis lento.
    • Cambiando a dirección da velocidade: curvando a traxectoria.
    • Cambiando o sentido do movemento: por exemplo, cando unha pelota rebota na parede ou cando a golpeamos cunha raqueta.

Medida e unidades das forzas

No Sistema Internacional (SI), a forza mídese en Newton (N). Outra unidade, que non pertence ao SI, é o quilopondio (kp).

Magnitudes escalares e vectoriais

  • Magnitudes escalares: Son aquelas que quedan totalmente determinadas sabendo o seu valor numérico e a súa unidade.
  • Magnitudes vectoriais: Son aquelas para as que, ademais do valor numérico e a unidade, cómpre coñecer a súa dirección e o seu sentido.

Elementos dos vectores

  • Módulo: É o valor numérico do vector, sempre é un número positivo.
  • Dirección: É a dirección da recta sobre a que está debuxado o vector.
  • Sentido: Dentro de cada dirección pode haber dous sentidos, cara a un lado ou cara ao contrario.
  • Punto de aplicación ou orixe: É o punto de inicio do vector.

Tipos de forzas

Forzas comúns

Existen diferentes tipos de forzas:

  • Peso.
  • Forza normal.
  • Tensión en fíos, cables e resortes.
  • Forzas gravitatorias.
  • Forzas eléctricas.
  • Forzas magnéticas.
  • Forzas de rozamento.

Diferenzas entre masa e peso

  • Masa: Magnitude fundamental, escalar, mídese en kg, é constante.
  • Peso: Magnitude derivada, vectorial, mídese en N, é variable.

Magnitudes gravitatorias

Isaac Newton descubriu que dous corpos, polo feito de teren masa, se atraen mutuamente. Estas forzas de atracción nunca son de repulsión.

  • Peso: É a forza que atrae os corpos que hai arredor da Terra.
  • Forza normal: Sempre que dous corpos están en contacto fanse presión mutuamente, de xeito que se comprimen entre eles.
  • Tensión en fíos, cables e resortes: Se collemos unha corda ou un fío e tiramos cara a fóra, a corda t சென்னையில் உள்ள அண்ணா பல்கலைக்கழகத்தில், இயந்திரப் பொறியியல் துறையில், இளநிலை பொறியியல் பட்டப் படிப்பை முடித்தேன்.

Forzas eléctricas e magnéticas

  • Forzas eléctricas: Dous obxectos que teñan carga eléctrica fanse forza mutuamente. Se as cargas son do mesmo signo, os corpos repélense; se son de distinto signo, atráense.
  • Forzas magnéticas: Son coñecidas desde moi antigo. O imán natural é un mineral que atrae outros imáns e anacos de ferro. O magnetismo é producido por cargas eléctricas en movemento, por correntes eléctricas.

Forzas de rozamento

A forza de rozamento é a forza que dificulta o movemento de dous corpos que están en contacto, apertados un contra o outro, e que queremos mover. Hai dous tipos de forzas de rozamento: estática e dinámica.

Fórmulas útiles:

  • Masa = Peso / Gravidade (9,8 m/s²)
  • Peso = Masa x Gravidade (9,8 m/s²)
  • Hipotenusa (s) = √(a² + b²) (Teorema de Pitágoras, para calcular o módulo dun vector)

Entradas relacionadas: