O Formalismo Moral en Kant: Ética e Imperativos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB
O Formalismo Moral en Kant
Éticas materiais e éticas formais
- Éticas materiais: Afirman o contido que ha de ter a acción moral, ou sexa, que debemos facer.
- Éticas formais: Igual que o coñecemento se basea na forma (universalidade), a ética formal kantiana non nos dirá que debemos facer senón a forma de actuar que a razón (práctica) dita á vontade. A lei moral obriga en canto expresa un deber, un mandato necesario e universal (a priori).
Imperativo Categórico
Imperativos
Chamamos imperativos ás fórmulas que expresan o mandato da razón.
A razón presenta aquilo que é bo como un deber, como un imperativo, porque a vontade non é exclusivamente racional (inclinacións, gustos, etc.).
Clases de imperativos
- Hipotético: Ordena unha acción como boa para conseguir un propósito.
- Categórico: Manda unha acción como boa en si. É o imperativo da moralidade.
Fórmulas do imperativo categórico
- (Fórmula xeral) "Obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ao mesmo tempo que se converta en lei universal". (Ética formal)
- (Reino dos fins) "Obra de tal maneira que uses a humanidade tanto na túa persoa coma na persoa de calquera outro sempre como un fin ao mesmo tempo e nunca só como un medio". (A natureza racional como un fin en si)
- (Autonomía moral) O imperativo categórico aparece como "o principio de toda vontade humana como unha vontade lexisladora por medio de todas as súas máximas universalmente". (Autonomía / Heteronomía)
Dignidade = liberdade (sen prezo)
Toda ética heterónoma é á vez hipotética, material e a posteriori.
Postulados da razón práctica
Liberdade, inmortalidade da alma e existencia de Deus.
- Liberdade: A autonomía moral esixe a liberdade.
- Inmortalidade da alma: A adecuación plena entre a vontade e a lei moral (santidade) non é posible no transcurso dunha vida limitada. Só é posible baixo o suposto dunha existencia e personalidade duradeira no infinito do mesmo ser racional.
- A existencia de Deus: A adecuación anterior non se dá de modo xeral entre nós, polo que, dado que ten que ser posible, esixe unha realidade na que se realice de modo pleno, na que ser e deber-ser se identifiquen e na que se dea a unión perfecta entre virtude e felicidade.
Influencias
En Kant
Toda a filosofía anterior: Aristóteles, Anselmo, Tomé de Aquino, Descartes (racionalistas, especialmente Leibniz), Locke (empiristas, especialmente Hume).
De Kant
Toda a filosofía posterior. Especialmente o Idealismo (Fichte, Schelling, Hegel).
Vídeo panorámico (Savater)