Formación e Historia da Lingua Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,83 KB
Formación da Lingua Galega
Toda lingua ten a súa orixe nunha anterior. O galego son dialectos románicos (variedades xeográficas do latín). O galego é o resultado da evolución do latín vulgar traído polos romanos.
Para entender a evolución hai que ter en conta:
- Distancia entre Galicia e Roma
- Diferentes momentos da colonización
- Estratos lingüísticos orixinados polos desprazamentos dos pobos
Estratos Lingüísticos
Substrato: influencia dunha lingua nativa sobre outra.
Adstrato: recíproca influencia entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.
Superestrato: influencia exercida sobre a lingua autóctona por unha lingua invasora.
Período Prerromano
Neste período englóbanse os séculos previos á chegada da lingua latina. As súas linguas reciben o nome de prerromanas. A chegada do latín marca o proceso de asimilación cultural. O resultado será a eliminación das linguas preexistentes. O substrato prerromano ía influír no acento. O romance galego parece manifestar un substrato celta. As linguas prerromanas deixaron vestixios fundamentalmente na toponimia e no léxico común.
Romanización
Proceso histórico de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano.
Os conxuntos de pobos adoptaron a cultura e a lingua traída por lexionarios. Foi un proceso gradual e non simultáneo.
- Ata fins do século I: primeiro momento caracterizado pola hostilidade contra o pobo invasor.
- Desde 29 a.C. ata o s. III: o indíxena comeza a manifestar o seu desexo para aspirar á cidadanía romana.
- A partir do século III: impónse o latín vulgar como lingua oficial.
Do Latín Vulgar ao Galego-Portugués
A decadencia vese acentuada pola presión dos pobos xermánicos sobre as fronteiras. A impotencia militar de Roma ante esa presión precipita a ruptura administrativa, cultural e lingüística. O latín avanzará dando orixe a dialectos. Na etapa V-IX nacerán as linguas peninsulares.
O Galego Antigo
Os primeiros documentos en galego datan de finais do s. XII. A partir dese momento vive un brillante período literario. Desde o s. XIV ábrese un paréntese de tres séculos de decadencia.
O período medieval esténdese ao longo de 700 anos de normalidade lingüística, desde o século IX ata o século XV. Esta normalidade comeza a verse ameazada no XV.
A lingua recibe o nome de galego antigo ou galego-portugués.
O galego era un dos idiomas romances máis prestixiosos, que foi adecuado aos reis de Galicia, Portugal e moitos de Castela e León. Tamén era unha lingua escollida por algúns poetas.
A totalidade da sociedade galega era monolingüe, expresábase en todas as circunstancias e ante calquera interlocutor.
Evolución do Galego Antigo
Galego antigo ou galego-portugués. Naceu e falábase no territorio que abranguía a antiga Gallaecia romana.
O galego e o portugués comparten a primeira etapa da súa formación como idiomas, ata o século XIV. A partir dese momento seguen camiños diverxentes e afástanse pouco a pouco.
Portugal nacera como reino autónomo a comezos do século XII, cando Afonso I de Portugal se independiza de Afonso VII de Galicia e León. Portugal independízase no ano 1128.
O portugués consolídase como lingua oficial de Portugal desde o primeiro momento da existencia do reino de Portugal.
O galego experimentará a partir do século XV un acusado proceso de marxinación en Galicia. A desigual fortuna das variedades portuguesa e galega servirá de base para que o galego sexa considerado como unha lingua diferente do portugués.
O Galego Antigo ata 1350
Entre 1200 e 1350 transcorre a época de esplendor do galego medieval, representada sobre todo polos trobadores da escola lírica galego-portuguesa. A fins desta etapa xorden tamén as primeiras obras en prosa literaria e as historiográficas.
O galego cultivábase na literatura, na administración civil, xustiza, economía... Todos os documentos eran redactados en galego. Era unha lingua normalizada.
Fernando II coñece por primeira vez a experiencia do conflito lingüístico que agroma cando o rei envía nobres foráneos castelanfalantes para gobernaren o antigo reino.
Afonso X, pese a coñecer o noso idioma, non destaca polo apoio ao galego nos usos oficiais e administrativos.
O Galego Antigo desde 1350
A situación cultural e lingüística do reino empeora. O noso país ve como todos os esforzos de construción cultural, política e social van fracasando ata deixalo á mercé das potencias peninsulares en ascenso.
Galicia estaba converténdose nun satélite do reino castelán ao estar integrada no reino de Castela.