Formación do Sistema Solar e Métodos de Estudo da Terra
A Orixe do Sistema Solar
- Hai 5.470 millóns de anos, a onda de choque producida pola explosión dunha supernova próxima comprimiu a nebulosa solar, que comezou a colapsar sobre si mesma.
- A contracción da nebulosa acelerou a súa velocidade de rotación e produciu o seu aplanamento.
- A zona central aumentou o seu tamaño ata orixinar o Sol. O resto da materia comezou a aglutinarse formando os primeiros aneis.
- Os corpos rochosos chocaron entre eles e orixinaron outros maiores ata formar os planetas.
Métodos de Estudo da Terra
Métodos directos
- A espectrografía, a microscopía electrónica, a difractometría de raios X e outras técnicas permiten coñecer a composición e a estrutura cristalina dos minerais.
- O microscopio petrográfico permite coñecer a composición mineral das rochas, estudar a cristalografía dos minerais e observar a microestrutura das rochas.
Métodos indirectos
- O método gravimétrico: Detecta pequenas variacións do campo gravitacional debidas á distribución das masas rochosas no interior terrestre. Os materiais de maior densidade producen unha anomalía gravimétrica positiva, mentres que os máis lixeiros producen unha negativa. A gravimetría permite deducir a existencia de rochas lixeiras no manto terrestre, que constitúen correntes ascendentes de convección, e detectar as correntes de convección do núcleo terrestre.
- O método sísmico: É un método indirecto que permite detectar as superficies de separación entre materiais de diferente composición química ou estado físico, xa que nestas superficies as ondas sísmicas desvíanse (reflíctense ou refractan).
Influencia da Biosfera nos Sistemas Terrestres
| Sistema | Influencia da biosfera |
|---|---|
| Atmosfera |
|
| Hidrosfera |
|
| Xeosfera |
|