Formación de Ambientes Sedimentarios e Riscos Xeolóxicos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en español con un tamaño de 3,83 KB
Axentes Xeolóxicos e Ambientes Sedimentarios
Os axentes xeolóxicos depositan materiais nos ambientes sedimentarios.
O lugar físico onde un axente xeolóxico deposita os sedimentos en capas horizontais denomínase conca sedimentaria. As concas presentan diferentes condicións que determinan os ambientes sedimentarios.
Tipos de Ambientes Sedimentarios
Continentais
Situados sobre os continentes. Clasifícanse segundo o axente xeolóxico que realiza a sedimentación.
- Fluviais: O axente xeolóxico é un río.
- Aluviais: Regatos e torrentes depositan os seus sedimentos.
- Lacustres: Fondos e beiras dos lagos ou outras masas de auga doce.
- Glaciares: Zonas de sedimentación de materiais transportados polo xeo.
- Eólicos: Zonas de acumulación de materiais transportados polo vento.
De Transición
Presentan influencia continental e mariña:
- Praias: Depósitos de area e grava acumulados pola ondada na costa.
- Deltas: Extensas acumulacións de area achegados por un río na súa desembocadura.
- Esteiros: Desembocaduras fluviais amplas, con gran influencia mariña, debido a unha diferenza de altura entre a marea alta e a baixa.
- Marismas e Albufeiras: Lagoas costeiras de auga doce ou salgada.
Mariños
Situados baixo o mar. Clasifícanse segundo a súa posición xeográfica:
- Plataformas Continentais: Zonas somerxidas dos continentes con intensa sedimentación.
- Arrecifes: Estruturas elaboradas pola acumulación de esqueletos de seres vivos.
- Noiros Continentais: Pendentes que unen as plataformas continentais cos fondos abisais.
- Abisais: Extensos fondos oceánicos.
Os Procesos Externos Orixinan Diferentes Riscos
A actuación dos axentes xeolóxicos orixinan riscos que, cando se manifestan en eventos catastróficos, provocan moitas perdas.
Principais Riscos Xeolóxicos
- Inundacións: Desbordamentos do leito dun río e ocupación da súa chaira de inundación. Prodúcense debido a chuvias intensas e prolongadas.
- Avenidas Torrenciais: Ocupación inesperada dun leito por un caudal de auga con gran capacidade erosiva e de transporte. Están asociadas a fortes tormentas que poden descargar en pouco tempo moita auga sobre a conca de recepción dun torrente.
- Procesos Gravitacionais: Caída de materiais a favor dunha gran pendente.
- Subsidencia Cáurstica: Afundimento local por colapso dunha oquidade do subsolo, producida pola disolución de materiais solubles.
- Erosión do Solo: Desaparición do solo fértil debido á erosión das augas salvaxes. Orixínase cando o solo queda desprotexido por retirar a súa cuberta vexetal.
Riscos Xeolóxicos Externos en España
- No norte peninsular: Como o clima é húmido, prodúcense inundacións nas desembocaduras dos ríos, que provocan danos sobre as poboacións.
- No sur e sueste peninsulares, nas illas Baleares e nas illas Canarias: O clima seco e a escaseza de vexetación fan que o principal risco sexan as avenidas torrenciais, asociadas a chuvias intensas.
- Nas zonas costeiras: A acción erosiva do mar sobre os acantilados produce a caída de bloques ou as avalanchas de materiais.
- Nas zonas sísmicas: En Canarias e no sueste peninsular, as pendentes abruptas con materiais pouco estables son capaces de producir avalanchas ante unha sacudida sísmica.