Fordismo, Toyotismo, Taylorismo e OMC: Sistemas Económicos e Acordos Comerciais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,17 KB

Fordismo

Fordismo: É un sistema socioeconómico baseado na produción industrial en serie, establecido antes da 2ª GM (1914) e que tivo o seu máximo apoxeo entre 1950 e 1970, facéndose evidente o seu esgotamento estrutural coa crise do petróleo de 1973. A partir de entón comezou a ser substituído polo toyotismo.

Características:

  • Sistema de produción en serie, ríxido e centralizado
  • Traballos específicos para cada obreiro
  • Baixos prezos e salarios altos
  • Principios de economía de escala como reducción dos costes
  • Economía de demanda

Toyotismo

Toyotismo: É unha relación no entorno da produción industrial que foi o pilar no sistema de procedemento industrial xaponés, e que despois da crise do petróleo (1973) comezou a remplazar ao fordismo como modelo referencial na produción en cadea. Destaca con respecto ao seu antecesor basicamente na súa idea de traballo flexible, aumento da produtividade a través da xestión e organización (just in time) e o traballo combinado que supera á mecanización e individualización do traballador, elemento característico do fordismo.

Características:

  • Produción segundo a demanda
  • Cinco ceros (0 error, 0 demora, 0 papel, 0 avería e 0 existencias)
  • Non produción en masa
  • Traballadores multifuncionais
  • Automatización de mecanismos

Taylorismo

Taylorismo: Fai referencia á división das distintas tarefas do proceso de produción. Foi o método de organización industrial, cuxo fin era aumentar a produtividade e evitar o control que o obreiro podía ter nos tempos de produción. Está relacionado coa produción en cadea.

Características:

  • Produción de mercancías estandarizadas
  • Individualización do traballo
  • Alto grao de estandarización das tarefas e máquinas empregadas
  • Procesos mecanizados

Organización Mundial do Comercio (OMC)

Organización Mundial do Comercio (OMC): É a única organización internacional que se ocupa das normas que rixen o comercio entre os países. Os pilares sobre os que descansa son os acordos da OMC, que han sido negociados e firmados pola maioría dos países que participan no comercio mundial e ratificados polos seus respectivos parlamentos. O obxectivo é axudar aos produtores dos bens e servizos, aos exportadores e aos importadores para levar a cabo as súas actividades.

Obxectivos:

  • Elevar os niveis de vida
  • Lograr o pleno emprego
  • Aumentar os ingresos reais e demanda efectiva
  • Acrecentar a produción e comercio de bens e servizos

Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT)

Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT): Baséase en reunións periódicas dos estados membros, nas que se realizan negociacións tendentes á reducción de aranceis, segundo o principio de reciprocidade. As negociacións fanse membro a membro e produto a produto, mediante a presentación de peticións acompañadas das correspondentes ofertas.

Bretton Woods

Bretton Woods: Son as resolucións da conferencia monetaria e financeira das Nacións Unidas, realizada no complexo de Bretton Woods, alí establecéronse as regras para as relacións comerciais e financeiras entre os países máis industrializados do mundo. Bretton Woods tratou de poñer fin ao proteccionismo do período 1914-1945, que se iniciou en 1914 coa 1ª GM. Considerábase que para chegar á paz tiña que existir unha política librecambista, onde se estableceran relacións co exterior.

Dilema de Triffin

Dilema de Triffin: É o conflicto de intereses económicos que xorden entre os obxectivos nacionais e internacionais para os países cuxas moedas serven como moedas de reserva mundial, debía proporcionar suficiente liquidez global para estimular a actividade económica mundial, mais polo outro lado, a emisión da moeda, contribuiría a provocar dúbidas sobre a súa capacidade de manter a convertibilidade da moeda respecto ao ouro.

Entradas relacionadas: