Fonética Consonántica Galega: Articulación e Clasificación
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,2 KB
Sistema Consonántico Galego
As consoantes clasifícanse segundo tres trazos principais: o punto de articulación, o modo de articulación e a vibración das cordas vocais.
Punto de Articulación
Segundo o punto de articulación, as consoantes poden ser:
- Bilabiais: Os labios xúntanse e impiden a saída do aire. Exemplos: /p/ (porta), /b/ (beizo), /m/ (man).
- Dentais: A punta da lingua toca os dentes superiores. Exemplos: /d/ (dedo), /t/ (tempa).
- Labiodentais: Os dentes superiores tocan o labio inferior. Exemplo: /f/ (furna).
- Interdentais: A punta da lingua sitúase entre os dentes. Exemplo: /θ/ (zapato).
- Alveolares: A punta da lingua toca os alvéolos dos dentes superiores. Exemplos: /s/ (semana), /n/ (noite), /l/ (lume), /ɾ/ (cara), /r/ (carro).
- Palatais: A lingua apóiase na parte anterior do padal. Exemplos: /ʃ/ (xente), /tʃ/ (chorar), /ɲ/ (uña), /ʎ/ (ollo).
- Velares: A parte posterior da lingua apóiase no veo do padal. Exemplos: /g/ (gota), /k/ (cume), /ŋ/ (unha).
Modo de Articulación
Segundo o modo de articulación, as consoantes poden ser:
- Oclusivas: Prodúcese unha oclusión ou interrupción da saída do aire e, a continuación, o aire sae bruscamente. Exemplos: /p/ (pata), /b/ (boca), /t/ (tea), /d/ (dor), /g/ (gato), /k/ (can).
- Fricativas: O aire sae rozando, friccionando. Exemplos: /f/ (fume), /θ/ (zapato), /s/ (casa), /ʃ/ (xamón).
- Africadas: Articulación oclusiva e logo fricativa. Exemplo: /tʃ/ (chave).
- Nasais: O aire sae polo nariz. Son: /m/ (mapa), /n/ (nube), /ɲ/ (soño), /ŋ/ (unha).
- Líquidas: Dentro delas cómpre diferenciar:
- Laterais: O aire vence o atranco dos órganos e sae polos lados. Exemplos: /l/ (lume), /ʎ/ (pallaso).
- Vibrantes: O aire sae de maneira intermitente entre os órganos articulatórios. Segundo a cantidade de vibración, diferenciamos:
- Vibrante simple: /ɾ/ (cara).
- Vibrante múltiple: /r/ (rato).
Vibración das Cordas Vocais
Segundo a vibración das cordas vocais, as consoantes poden ser:
- Sonoras: As cordas vocais vibran. Son: /b/, /d/, /g/, /m/, /n/, /ɲ/, /ŋ/, /l/, /ʎ/, /ɾ/, /r/.
- Xordas: As cordas vocais non vibran. Son: /p/, /t/, /k/, /f/, /θ/, /s/, /ʃ/, /tʃ/.
Os Fonemas Nasais en Galego e as súas Realizacións
En galego existen catro fonemas nasais: labial /m/ (mesa), alveolar /n/ (neno), palatal /ɲ/ (puño) e velar /ŋ/ (unha).
Realizacións do Fonema /n/ e Outros Nasais en Contexto
O fonema /n/ e outros nasais pronúncianse nos seguintes casos:
- a) O fonema nasal palatal /ɲ/ (escrito co dígrafo 'nh', como en algunha) e o fonema nasal alveolar /n/ (como en inhumano) poden aparecer en posición intervocálica.
- b) En posición final de sílaba, o fonema /n/ adquire diferentes alófonos:
- Ante consoante alveolar, mantense como alveolar /n/: ensinar, amnistía.
- Ante consoante velar, realízase como velar /ŋ/: nunca, domingo.
- Ante consoante bilabial, realízase como bilabial /m/: inmediato, inmenso.
- c) En posición final de palabra:
- Ante pausa (posición final absoluta), realízase como velar /ŋ/: non.
- Ante vogal, realízase como velar /ŋ/: Ven aquí, Non é aquí.
Ademais, o fonema /n/ pronúnciase como alveolar nos seguintes casos:
- a) O 'n' final de quen, alguén, ninguén, ben, non, tamén, sen e nin seguido do artigo ou dos pronomes átonos de CD de terceira persoa (o, a, os, as). Exemplo: Non a vin (pronunciado no-na-vin).
- b) O 'n' final dos verbos seguido dos pronomes átonos (enclíticos). Exemplo: contárono.