Fomento de la Autoestima en el Aula: Estrategias y Conductas Escolares
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Psicología y Sociología
Escrito el en español con un tamaño de 4,58 KB
Pero é mellor esperar e deixar que os nenos fagan as súas cousas, xa que isto lles dá ocasión de experimentar o triunfo que supón ser capaz de facer as cousas só e rematalas.
Impacto de los Juicios en la Autoestima Infantil
-Xulgar aos nenos/as na súa presenza.-Como xa diciamos, o neno vaise formando un xuízo sobre si mesmo de acordo co que os demais din del. Frases como: “ti sempre tiras todo”, “non podía ser outro...”, “non hai maneira de que cambies, sempre fas todo mal”, etc. poden ser decisivas para que o neno se considere unha nulidade e que realmente pense que nunca vai poder facer nada ben. Os ataques verbais son destrutivos para a autoestima dos demais. -Moitas veces, os comentarios negativos son indirectos, como "é inútil preguntarlle a el, nunca entende nada". Este tipo de comentarios adoitan ferir moito, son corrosivos para os sentimentos do neno e, polo tanto, van reforzar unha autoestima negativa.
Condutas Escolares que Promueven la Autoestima y el Autoconcepto
1.5. Condutas escolares que favorecen a autoestima/autoconcepto Aquí referirémonos, seguindo a Hendrick (1990) e Fernández Torres (1991), á autoestima en xeral, sinalando algunhas condutas escolares susceptibles de mellorar a autoestima do alumnado. Así, os mestres/profesores que están convencidos da importancia da autoestima na evolución persoal e académica dos seus alumnos, poden atopar multitude de formas, na súa práctica docente e titorial, que a favorezan. Entre outras, imos sinalar:
La Mirada Positiva e Incondicional
-Unha mirada positiva e incondicional.-Para Rogers este concepto “mirada positiva e incondicional” é a forma máis efectiva de axudarlle a un alumno a construír os elementos básicos da autoestima pero que, lamentablemente, é a menos utilizada polos mestres e profesores. -A comunicación que se establece con este tipo de mirada anuncia a aceptación e aprobación de cada alumno, independentemente de que este cumpra as expectativas do mestre/profesor, polo mero feito de ser un ser humano, estar vivo e formar parte do grupo. -Un mestre/profesor pode comprobar este extremo analizando o que adoita pensar cando mira aos alumnos. Pode preguntarse: ¿Dedico tempo a disfrutar con eles ou estou sempre mirándoos con ollos críticos? -A actitude non crítica e de aceptación, transmitida pola mirada, comunícalle ó alumno a idea de que o mestre/profesor confía nel e, polo tanto, séntese algo importante. Hai mestres/profesores que mostran esta actitude positiva dunha forma espontánea (quizais como resultado das súas experiencias infantís), outros apréndena despois dunha longa traxectoria con alumnos, outros conséguena despois dun tratamento psicoterapéutico e, loxicamente, hai outros que nunca o conseguen. Os mestres/profesores tamén poden axudar moito aos alumnos procedentes de minorías sociais, valorándoos e poñéndoos, cando sexa posible, como modelos para influir nas actitudes dos outros e das súas familias.
El Poder del Reconocimiento Honesto
-Loanza e recoñecemento honesto. Aínda que poida parecer, e moitos mestres/profesores están completamente convencidos, que a loanza é a mellor forma de fomentar a autoestima nun alumno, temos que relativizar un pouco esta forma de recompensa. -Fixéronse moitas investigacións sobre os efectos que as recompensas externas, como loanzas e premios, tiñan en determinadas realizacións (como traballar máis e durante máis tempo nunha tarefa) e non se comprobou a súa incidencia positiva. -Os efectos das loanzas varían moito. Para que a loanza sexa efectiva en aumentar a autoestima e, ó mesmo tempo, sexa motivadora, debe estar referida a unha realización do alumno moi específica. É dicir, a loanza debe basearse nunha boa realización dunha tarefa. Por exemplo, será moito máis oportuno dicirlle a un alumno “estiveches moi ben axudándolle a Pepito a levantarse cando caeu”, que dicirlle “es un alumno moi bo”. Xa Erikson o manifestaba dicindo: “Non se pode enganar aos alumnos cunha loanza sen sentido”. -Quizais, máis efectivo que a loanza, cara á edificación da autoestima, sexa estimular ó alumno recoñecendo o que está facendo. Comentarios como: “Estou seguro de que es capaz de facelo”, “iso non che se pode resistir a ti”, etc.