A Filosofía Transcendental de Kant: Analítica e Dialéctica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,13 KB
Analítica Transcendental: O Entendemento
Análise e Orixe Aristotélica
A análise ten unha orixe aristotélica: disolver unha cousa nos seus elementos constitutivos.
Os “Conceptos Puros” ou Categorías
A función do entendemento é a de pensar os obxectos. Pensar consiste en unir fenómenos mediante os conceptos puros do entendemento ou categorías.
Os conceptos son o resultado desa unificación e permítennos comprender as percepcións sensibles. Por exemplo:
- “Vexo o encerado” (teño o concepto unificador da experiencia).
- “Vexo unha cousa que non sei que é” (non teño o concepto unificador da experiencia).
A función do entendemento, ao pensar os obxectos, implica formar xuízos, unificar e coordinar os datos que proveñen da experiencia sensible.
A Física como Ciencia
Os xuízos sintéticos a priori son posibles na física porque os xuízos que utiliza a física se refiren ás categorías (aínda que é necesaria a posibilidade da experiencia).
Exemplos de xuízos:
- “Todo o que sucede ten unha causa”
- “En todos os cambios a cantidade de materia permanece inalterada”
Estes xuízos son:
- Sintéticos: Porque o predicado non está incluído na idea do suxeito, o que os fai extensivos.
- A Priori: Porque se refiren a categorías ou conceptos puros do noso entendemento (causalidade e substancia).
A Apercepción Transcendental
O suxeito transcendental. Exemplo da man.
A Dialéctica Transcendental: A Razón
En Kant, a dialéctica enténdese como a arte de convencer mediante argumentos.
O coñecemento intelectual non se limita a formular xuízos, senón que tamén fai inferencias, isto é, enlaza uns xuízos con outros formando razoamentos.
Nota: Na súa razón teórica, na estética transcendental, Kant estuda as estruturas.
Ideais da Razón: O Incondicionado
Son as conclusións do proceso anterior a través do que a razón acada condicións últimas que xa non admiten condición (o incondicionado).
- Idea de Mundo: Totalidade (incondicionada) da experiencia externa.
- Idea de Alma: Totalidade (incondicionada) da experiencia interna.
- Idea de Deus: Totalidade (incondicionada) suprema de todo coñecemento.
Por que a Metafísica non é Posible como Ciencia
- Pensar/Coñecer: Estas ideas permiten pensar a totalidade dos fenómenos de xeito unificado, pero non permiten coñecer esa totalidade.
- Coñecer esixe a posibilidade da experiencia: Para coñecer unha idea (como o eu) tería que ter experiencia, pero só experimento fenómenos mentais concretos, non a totalidade. Isto implica o paso do cogito á res cogitans e as probas da existencia de Deus.
- Falta de soporte empírico: A imposibilidade dos xuízos sintéticos a priori neste ámbito implica que a metafísica non é ciencia.