A Filosofía de Kant: Razón, Coñecemento e os Límites da Experiencia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en español con un tamaño de 11,01 KB
A Ilustración
A Ilustración foi un movemento intelectual dos séculos XVII e XVIII, especialmente en Inglaterra, Francia e Alemaña, que marcou o apoxeo do pensamento moderno. Baseábase na confianza na razón humana para disipar a ignorancia e impulsar o progreso. Destacaban filósofos como Locke, Hume, Voltaire e Kant. Os ilustrados defendían a emancipación da razón fronte á tradición e a superstición, promovendo a educación e a liberdade individual. A súa crenza fundamental era que a razón podía resolver todos os problemas políticos, sociais e relixiosos, levando á humanidade cara ao avance e a modernización.
O Proxecto de Kant
A filosofía de Kant é unha síntese do racionalismo e o empirismo. Influído inicialmente por Wolff, reconsiderou as súas crenzas tras ler a Hume, quen o espertou do seu "soño dogmático". Con todo, Kant rexeitou o escepticismo radical de Hume e desenvolveu o criticismo, unha crítica e análise dos límites e capacidades da razón. A súa filosofía estrutúrase arredor de tres preguntas fundamentais:
- Que podo saber? (Límites do coñecemento, na Crítica da Razón Pura)
- Que debo facer? (Como debemos comportarnos, na Crítica da Razón Práctica)
- Que me cabe esperar? (Na Crítica do Xuízo)
Abordando así o coñecemento, a ética e a esperanza humana.
Finalidade da Obra e Tipos de Xuízos
Na Crítica da Razón Pura, Kant analiza a razón para determinar ata onde pode chegar o noso coñecemento e como coñecemos os seres humanos. A cuestión central é establecer os límites da razón, especialmente se a metafísica pode ser unha ciencia. Para responder a isto, Kant examina o coñecemento científico, xa que tanto as matemáticas como a física pura proporcionan verdades necesarias e indiscutibles. O seu obxectivo é descubrir se a metafísica pode alcanzar ese mesmo nivel de certeza. Para iso, analiza a estrutura do coñecemento, sostendo que todo coñecemento se compón de xuízos, entendidos como afirmacións que establecen unha relación entre suxeito e predicado. Kant clasifica os xuízos en:
- Analíticos: O predicado está contido no suxeito, non amplían o coñecemento, só o explicitan. Exemplo: Todos os solteiros son non casados.
- Sintéticos: O predicado non está contido no suxeito, amplían o coñecemento. Exemplo: Todos os corpos son pesados.
- A priori: Independentes da experiencia, son universais e necesarios, non poden ser falsos. Exemplo: Todos os solteiros son non casados.
- A posteriori: Dependen da experiencia, son continxentes e poden ser falsos. Exemplo: A neve é branca.
Antes de Kant, críase que os xuízos analíticos eran sempre a priori e os sintéticos sempre a posteriori, distinguindo así dous tipos: analíticos a priori (matemáticas e lóxica) e sintéticos a posteriori (ciencias empíricas). Kant observa que os analíticos a priori son necesarios pero non amplían o coñecemento, mentres que os sintéticos a posteriori amplían o coñecemento pero non son necesarios. Con todo, o coñecemento científico é á vez universal, necesario e ampliador, o que leva a Kant a reconsiderar esta distinción. Kant afirma que as ciencias, as matemáticas e a física pura conteñen xuízos sintéticos a priori.
Na Crítica da Razón Pura, a súa primeira tarefa é demostrar como son posibles estes xuízos, analizando o funcionamento da sensibilidade e do entendemento. Porén, o seu obxectivo último é determinar os límites da razón e esclarecer se a metafísica pode ser considerada unha ciencia, é dicir, se tamén contén xuízos sintéticos a priori. Para iso, examina as Ideas da Razón.
Sensibilidade
A sensibilidade é a facultade que nos permite intuír os obxectos sensibles, chamados fenómenos por Kant. Estes fenómenos están compostos por forma e materia:
Forma da Sensibilidade:
Antes de percibir nada, a nosa sensibilidade xa posúe estruturas a priori: espazo e tempo, que organizan as impresións sensoriais. Non son realidades externas, senón parte da nosa sensibilidade.Materia da Sensibilidade:
Corresponde ás impresións sensoriais que recibimos. A sensibilidade organiza esta materia mediante as súas formas, xerando os fenómenos.
Kant distingue entre os fenómenos, que percibimos a través do espazo e do tempo, e o noúmeno ou "cousa en si", que está máis aló da nosa percepción e á que non podemos acceder.
Entendemento
Na Analítica Trascendental, Kant analiza a función do entendemento no proceso do coñecemento. Se a sensibilidade nos fornece os obxectos, o entendemento permítenos pensalos. Para Kant, o entendemento ten dúas funcións fundamentais:
- Realizar xuízos: O entendemento é a facultade que nos permite facer afirmacións do tipo “X é Y”, onde atribuír un predicado a un suxeito é esencial para construír coñecemento. Kant identifica 12 tipos de xuízos, que servirán de base para establecer as categorías do entendemento.
- Usar conceptos: O entendemento sintetiza e organiza os obxectos percibidos agrupándoos baixo conceptos. Distínguese entre:
- Conceptos empíricos: Proveñen da experiencia e aplícanse a fenómenos concretos. Exemplos: bolígrafo, árbore, mesa.
- Conceptos puros ou categorías: Son formas a priori do entendemento que non dependen da experiencia. Estas categorías son fundamentais para organizar e comprender os fenómenos. Kant establece 12 categorías, que coinciden cos 12 tipos de xuízos, sendo algunhas delas substancia e causalidade.
A experiencia, segundo Kant, é o resultado de dúas sínteses: primeiro, a sensibilidade combina a forma (espazo e tempo) coa materia (impresións sensoriais), dando lugar aos fenómenos. Despois, o entendemento ordena e conceptualiza esta información, permitindo pensar os obxectos intuídos. Así, a experiencia é a síntese entre a percepción sensible e a organización racional.
Como son Posibles os Xuízos Sintéticos a Priori
Kant comparou a súa filosofía coa revolución copernicana, xa que, do mesmo xeito que Copérnico demostrou que a Terra xira arredor do Sol, Kant sostivo que é o suxeito quen determina o coñecemento, e non o obxecto. O suxeito non é pasivo, senón activo, xa que modifica a realidade a través das formas da sensibilidade e do entendemento. Para coñecer un obxecto, este debe someterse ás condicións a priori das nosas facultades cognitivas. Podemos coñecer a priori certas características da experiencia porque dependen da estrutura das nosas facultades cognitivas. Por exemplo, sabemos que o principio de causalidade é válido, xa que o entendemento aplica necesariamente esta categoría aos fenómenos. Así, os xuízos sintéticos a priori son posibles porque a experiencia resulta da aplicación das formas da sensibilidade e das categorías. Isto explica por que a matemática proporciona coñecementos universais e necesarios.
A matemática proporciona coñecementos universais e necesarios porque se basea na intuición a priori do espazo e o tempo. A física pura tamén alcanza este tipo de coñecemento ao fundamentarse nas categorías do entendemento. Porén, este coñecemento ten límites: só podemos coñecer o que forma parte da experiencia, xa que as formas da sensibilidade e as categorías non teñen aplicación fóra dela. O que queda máis aló da experiencia –fóra do espazo, o tempo e as categorías– é inaccesible ao coñecemento. Kant denomina a estas realidades noúmenos ou "cousas en si". Así, responde á pregunta "Que podo coñecer?": só os obxectos da experiencia, nunca aquilo que transcende esta.
Ideas da Razón e Crítica da Metafísica
Algunhas realidades que están máis alá da experiencia son Deus, o Mundo e o Eu. Segundo Kant, estas ideas son creadas pola razón pura, que aplica as categorías do entendemento a realidades non fenoménicas:
- Idea de Deus: A razón busca un fundamento incondicionado para toda a realidade e constrúe a idea de Deus. Porén, como nunca temos experiencia directa deste fundamento, non podemos coñecer a Deus. Kant tamén refuta os argumentos tradicionais sobre a súa existencia.
- Idea de Mundo: A razón tenta unificar todos os fenómenos nunha totalidade chamada "Mundo". Pero como nunca percibimos a totalidade absoluta da realidade, esta idea leva a contradicións irresolubles.
- Idea de Alma: A razón supón un suxeito absoluto detrás dos fenómenos psíquicos, xerando a idea dunha alma substancial.
Estas ideas non teñen validez como coñecemento obxectivo, pois non se basean na experiencia.
Algunhas realidades que están máis alá da experiencia son Deus, o Mundo e o Eu. Segundo Kant, estas ideas son creadas pola razón pura, que aplica as categorías do entendemento a realidades non fenoménicas:
- Idea de Deus: A razón busca un fundamento incondicionado para toda a realidade e constrúe a idea de Deus. Porén, como nunca temos experiencia directa deste fundamento, non podemos coñecer a Deus. Kant tamén refuta os argumentos tradicionais sobre a súa existencia.
- Idea de Mundo: A razón tenta unificar todos os fenómenos nunha totalidade chamada "Mundo". Pero como nunca percibimos a totalidade absoluta da realidade, esta idea leva a contradicións irresolubles.
- Idea de Alma: A razón supón un suxeito absoluto detrás dos fenómenos psíquicos, xerando a idea dunha alma substancial.
Estas ideas non teñen validez como coñecemento obxectivo, pois non se basean na experiencia. As Ideas de Deus, Alma e Mundo están máis alá da experiencia, polo que non podemos ter coñecemento delas. A metafísica tradicional intentou estudalas, pero como non son realidades fenoménicas accesibles ao coñecemento, os seus xuízos non son válidos. Así, Kant conclúe que a metafísica non pode ser unha ciencia, pois a razón extralimítase ao intentar coñecer o incognoscible. Con todo, estas ideas teñen unha función lexítima no ámbito da ética, dentro do uso práctico da razón.
Conclusión da Crítica da Razón Pura
Kant resolve dúas cuestións fundamentais na Crítica da Razón Pura:
- Que podemos coñecer? Só os obxectos da experiencia, xa que o noúmeno ou cousa en si está fóra do noso alcance.
- Pode ser a metafísica unha ciencia? Non, porque o seu obxecto de estudo (Deus, alma e mundo) está máis alá da experiencia, polo que non é posible un coñecemento científico da metafísica.