A Filosofía Empirista de David Hume: Coñecemento, Causalidade e Crítica Metafísica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,26 KB

David Hume: Contexto Filosófico

A influencia de Newton leva a Hume a buscar unha ciencia do home baseada na observación e na experiencia, rexeitando as especulacións metafísicas. Terá un gran impacto na filosofía, influíndo a Kant. Hume prioriza á persoa antes que á sociedade e cre que hai un Deus que organiza e explica o universo. Pensa que a relixión é de carácter privado e non debería compartirse publicamente.

Teoría do Coñecemento (Empirismo)

Hume é empirista, polo que, segundo el, todo o coñecemento procede da experiencia. Cando nacemos, a nosa mente é como unha tabula rasa (taboa raxa) que imos enchendo ou creando sobre ela.

Percepcións

As percepcións son as unidades básicas do coñecemento. Todos os contidos da mente son percepcións, e estas redúcense a certas clases:

1. Impresións

Imaxes ou sentimentos con rasgos vivos e fortes. Son unidades básicas procedentes do exterior que quedan gravadas en nós. Hai dous tipos de impresións:

  • Sensacións: Froito de causas externas descoñecidas para o noso organismo.
  • Reflexións: Estados de ánimo que prosiguen ás sensacións. Divídense en:
    • Carácter físico (paixón), como un susto.
    • Carácter anímico (emoción), como o medo ou a tristeza.

Clasificación das Impresións

  1. Simples: Non admiten distinción nin separación.
  2. Complexas: Pódense dividir ou separar e son froito da combinación de impresións simples.

Ideas

As ideas son as representacións ou copias das impresións no pensamento. Son a acumulación de impresións na memoria. Hume distingue dous tipos principais de ideas (segundo a súa forza):

  1. Fortes: Proceden directamente da memoria, asociadas a sucesos que gravaron impresións intensas.
  2. Feble: A maioría dos recordos almacenados. Son ideas que crea a imaxinación a partir da combinación de ideas simples e compostas.

Leis de Asociación de Ideas

Hume establece tres principios polos cales a mente conecta as ideas:

  1. Lei de Semellanza: Tendemos a asociar recordos de trazos semellantes.
  2. Lei de Contigüidade Espazo-Tempo: Tendemos a asociar ou crear conxuntos de recordos que comparten o mesmo espazo, o mesmo tempo, ou ambos.
  3. Lei de Causalidade (ou Causación): Tendemos a asociar dous feitos que se producen un despois do outro, entendéndoos como causa e consecuencia.

É importante notar que Hume nega o principio de causalidade como conexión necesaria e obxectiva, tratándoo como un hábito mental, o que ten implicacións directas para a física de Newton.

Clasificación das Ciencias

  1. Ciencias Formais (Relacións de Ideas)

    A verdade ou falsidade non depende da proba experimental, senón da relación entre as ideas. As verdades son coñecidas a priori e son verdades absolutas (como as matemáticas ou a lóxica). Os sistemas formais (como o exemplo dos "rasgos do fútbol") son estruturas que dependen de que os participantes respecten os axiomas e deriven teoremas.

  2. Ciencias Empíricas (Cuestións de Feito)

    Encárganse do ámbito experimental. As súas verdades son sempre probabilidades e poden ser falseadas se non se demostran. Nunca son coñecidas a priori. Primeiro faise un modelo e despois compróbase. Son coñecementos a posteriori; as verdades non son absolutas, funcionan cun modelo que non sempre se cumpre, sendo modelos probabilísticos.

Crítica Metafísica de Hume

O Principio de Causalidade

O principio de causalidade é a maior parte das estruturas da nosa mente, unha asociación de ideas que nós realizamos. Non é unha lei física e non pode comprobarse experimentalmente.

Crítica ás Substancias Metafísicas

  1. O Eu (Alma)

    Non existe unha entidade chamada alma, senón que é a acumulación de recordos na psique. De existir, non é comprobable, xa que está máis alá dos límites da experiencia. O que define o individuo é todo o que se escribe na tabula rasa.

  2. O Mundo (Realidade Exterior)

    O que entendemos como mundo é unha invención da mente e depende dos estados de ánimo de cada un. Vemos o mundo de forma diferente segundo o contexto e o estado de ánimo (por exemplo, cando estamos tristes). Non hai obxectividade; a percepción cambia entre persoas.

  3. Deus

    Non podemos ter coñecemento experimental de Deus. Hume decide ser agnóstico. O agnosticismo implica que non se pode explicar a existencia de Deus, pero tampouco desmentila. Hume opina que a Igrexa non debería participar na política, defendendo a relixión privada.

Entradas relacionadas: