Figuras Clave da Literatura Galega: Castelao, Novos e Pedrayo

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,94 KB

Castelao: Figura Fundamental do Galeguismo

Como outros membros do Grupo Nós, pasou por unha etapa pregaleguista na que, como colaborador, comerciante, debuxante e militante do agrarismo en Acción Galega, máis tarde iniciaría a etapa de nacionalismo culturalista, extraordinariamente activa, fundamentalmente artística e literaria. O seu activismo político foi determinante na organización do Partido Galeguista e na promoción dun Estatuto de Autonomía.

A Narrativa de Castelao

Coincidindo co nacemento da Editorial Céltiga, publica Un ollo de vidro, relato organizado en tres unidades temáticas a modo de pequenos cadros postos en boca dun narrador esqueleto, algúns acompañados de debuxos con alusións de tipo político e social. A derradeira parte das memorias, na que figura un cacique baixo a forma de vampiro, é a que mellor ilustra a finalidade do seu humorismo.

Entre 1924 e 1925, no diario Galicia de Vigo, irán aparecendo diferentes relatos que van engrosar o primeiro libro de Cousas. A recolleita de todo este material dará lugar ao segundo libro, editado pola Editorial Nós. Vincúlanse así obra gráfica e literaria. Castelao é un escritor que ama as formas sinxelas, as formas populares da literatura, e por iso a mellor forma de reflectir o espírito popular é o conto. Tematicamente falando, a terra e o mar serán as fontes dos relatos de Castelao. Os homes, as nenas, as mulleres e os nenos serán os sufridores do pobo, polos que expresa a súa solidariedade, e son os protagonistas dramáticos.

En Retrincos, que son cinco relatos construídos a base de materia diexética fundamentalmente da biografía de Castelao. Os dous de sempre pecha o ciclo narrativo de Castelao e móstranos unha vez máis o humor e unha especial estrutura vertebrada sobre o paralelismo e o contraste, que constitúen os eixes fundamentais da súa obra. Alén de presentar os dous tipos humanos, salta da mera caricatura e reflicte outros aspectos como o drama do pobo, a emigración e as inxustizas.

Castelao como Investigador e Ensaísta

O pensamento político de Castelao está recollido en Sempre en Galiza, que vén a ser non só unha reflexión sobre a práctica política da época, senón tamén unha proposta de liñas de acción e de goberno.

A Narrativa dos Novos: A Xeración de 1925

Outro dos grupos importantes anteriores á Guerra Civil creouse arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923 co obxectivo de promover o estudo científico da realidade galega. Este feito, unido a unha clara vontade rupturista, propiciou que recibisen o nome de novecentistas ou Xeración de 1925. Entre eles destaca Rafael Dieste, xa que a súa actividade a prol da República motiva que, finalizada a guerra, teña que exiliarse. Residirá en Bos Aires, Inglaterra e México. Finalmente, en 1961 regresa a Galicia e morre 20 anos despois. A súa obra máis importante é Dos arquivos do trasno.

Ramón Otero Pedrayo: Patriarca das Letras Galegas

Converterase nunha figura clave na recuperación da cultura galega a través da Revista Nós e do Seminario de Estudos Galegos, e nun activista político a partir de 1930. Durante a República, traballará co Partido Galeguista para conseguir o Estatuto e, en 1950, preside a Editorial Galaxia.

Obra Narrativa de Otero Pedrayo

Novela Autobiográfica

Inclúense aquí obras como Arredor de si, que é a máis importante. Son novelas nas que apenas ocorren peripecias, xa que o que pretende o autor é mostrar a redescuberta de Galicia.

Realismo e Fantasía Rural

Este ciclo intégrano as semblanzas de tipos aldeáns, por exemplo, Pantelas, home libre, a primeira obra de Pedrayo.

Ciclo de Decadencia da Fidalguía

Ciclo ao que pertencen Os camiños da vida, obra na que Otero escribe en clave de historia ao servizo de Galicia. Co fondo da decadencia de dous fidalgos, vai mostrando os cambios que se producen na Galicia rural desde a desamortización de Mendizábal ata a Revolución de 1868.

Novela Histórica e Culturalista

Cabe falarmos aquí de novelas de tipo histórico nas que Otero manifesta a súa preocupación europeísta, como na obra A romeiría de Xelmírez.

Otero Pedrayo Ensaísta

Otero tamén cultivou o campo do ensaio. Posuidor dunha vasta cultura, de Otero conservamos unha importante obra ensaística que cabe resumir en tres partes:

  • Sínteses panorámicas: Como xeógrafo e historiador, coa obra Ensaio histórico sobre la cultura gallega.
  • Libros de viaxes e semblanzas de amigos: Como O libro dos amigos.

Entradas relacionadas: