Figuras Clave da Literatura Galega de Posguerra: Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,03 KB
1) Ánxel Fole (Lugo 1903-1986)
Características xerais:
- Nacionalista, reafirmando esta militancia durante a Segunda República. Despois da guerra traballou como profesor e xornalista.
- Retoma a tradición da narrativa oral, utiliza a técnica do conto oral (fórmula introdutoria, localización espacial ou temporal bastante precisa, rematan cunha sentenza didáctica).
- Amosa unha Galicia rural e misteriosa.
- A lingua oral de Lugo como modelo lingüístico, reproducindo a súa diversidade dialectal (dialectalismos, vulgarismos, castelanismos...)
- A percepción da paisaxe como elemento diferenciador da literatura galega.
Obra:
- Á lus do candil (1953)
- Terra brava (1955)
- Contos da néboa (1973)
- Historias que ninguén cre (1981)
2) Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1900 – Vigo, 1979)
- Emigra a Bos Aires onde participou do ambiente literario arxentino. Defende a causa republicana dende a emigración durante a Guerra Civil. Volta definitivamente a Ourense (1965).
- Escritor realista de marcado carácter social.
- Lingua baseada na fala popular, así caracteriza as clases populares.
- Intención de elevar o galego a lingua literaria.
- As innovacións temáticas e formais da súa narrativa (Ex: abordar temas como a homosexualidade ou usar o diálogo de fío telefónico) terán continuación na Nova Narrativa Galega.
Obras ambientadas no seu Ourense natal (Auria):
- A esmorga (1959), editada en Bos Aires e considerada novela fundamental da nosa literatura, que narra en clave de traxedia o percorrido que fan tres esmorgantes marxinais polas rúas e arrabaldes de Ourense.
- Os biosbardos (1962)
- Xente ao lonxe (1972), que describe a sociedade de Auria na primeira década do século XX.
3) Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981)
Características xerais:
- Preocupacións estéticas e culturais que na poesía fixérono partícipe dos movementos vangardistas (neotrobadorismo, surrealismo, cubismo).
- Na súa narrativa conxuga os mundos mitolóxicos e literarios cos espazos galegos.
- Gran orixinalidade a través de elementos fantásticos nos que se reformulan temas e mitos universais.
- Combina realidade e fantasía.
- Renovador da narrativa galega de posguerra co afán de eliminar da literatura galega o folclorismo: "sacar o meu idioma do folclorismo tópico das queimadas e das meigas".
Obra:
- As novelas: Merlín e familia (1955) e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961).
- Nos que reformula os mitos de Merlín e Simbad dándolles unha ambientación galega.
- Os libros de relatos están integrados por Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979):
- Triloxía de retratos galegos que no seu conxunto perfilan o ser do rural galego.
4) Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928 – Pontevedra, 2015)
Características:
- Procedencia campesiña (infancia e mocidade no mundo rural).
- Recrea ese mundo rural nas súas obras.
- Emigra a Bos Aires, logo a Cuba e en 1994 volta a Galicia.
- Grande produción:
- Realismo que mantén sempre unha actitude crítica coa realidade social.
- Reflectiu de maneira constante os temas da vida do neno rural e da emigración.
Obra:
- Memorias dun neno labrego (1961)
- Camiño bretemoso (1967)
- Historias de emigrantes (1968)
- Cartas a Lelo (1971)
- Querido Tomás (1980)
- A última obra publicada deste autor é Esperando o leiteiro (2012)