Figuras Clave da Literatura Galega do Século XX: Ferreiro, Novoneyra e María
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,03 KB
Traxectorias e Obras de Poetas Galegos Fundamentais
Celso Emilio Ferreiro (1912-1979)
Naceu en **Celanova** no 1912 nunha familia vencellada ao **galleguismo**. Durante a guerra foi recrutado forzoso. A guerra e as súas consecuencias converteranse en protagonistas dos seus versos.
Traxectoria Vital e Política
- No 1937, en Celanova, estivo encarcerado no Mosteiro. Esta experiencia expresarase no poemario Longa noite de pedra.
- Tras a guerra reside en Pontevedra e Vigo. Participa en diversas empresas culturais e publica as súas primeiras obras.
- Participa na Fundación da **UPG** (Unión do Povo Galego).
- En 1966 emigra a **Venezuela**. A súa opinión idealizada da emigración cambia por completo ao enfrontarse cos dirixentes das sociedades galegas, aos que considera persoas desleigadas que esqueceron a súa orixe.
- En 1973 regresa de América e instálase en Madrid, onde exerce como xornalista e dirixe a Cátedra de Lingua e Literatura do Ateneo.
- Desenvolve ademais unha notable actividade literaria e política. Falece en Vigo en 1979.
A súa Obra Poética
É o poeta máis destacado da súa xeración. Recuperan en Galicia a **poesía social**.
A súa poesía diferénciase en tres grandes liñas temáticas:
- Poesía social: Denuncia inxustizas sociais e expresa a solidariedade cos oprimidos.
- Poesía intimista: Expresa o seu desacougo existencial, evoca nostálxicamente a súa terra natal, reflexiona sobre a fugacidade da vida, o amor, etc.
- Poesía satírica: Denuncia a mesquindade humana cun ton crítico, cheo de humor e sarcasmo.
Escribe os seus versos nunha lingua **coloquial e popular**. A súa poesía caracterízase pola presenza de **metáforas e imaxes simbólicas**, organizadas en:
- Elementos positivos: Son termos referidos á claridade que representan esperanza, liberdade e xustiza.
- Elementos negativos: Son termos referidos á escuridade, a espazos pechados e profundos e á **pedra**. Aluden á ditadura franquista e expresan medo, rabia e impotencia.
Tamén escribiu prosa: A fronteira infinda e A taberna do galo.
Uxío Novoneyra (1935-1999)
Naceu en **Parada de Moreda**, no **Courel**. Estudou en Madrid e alí entrou en contacto co grupo poético **Brais Pinto**. Traballou en radio e televisión e publicou o seu primeiro libro Os Eidos. Morre en Compostela en 1999.
Características e Temas
Coñecido como o **poeta do Courel**, destaca pola súa **poesía paisaxística** na que presenta as súas montañas do Courel e expresa a súa compenetración e fusión coa natureza.
Cultivou tamén:
- A **poesía social** no libro Do Courel a Compostela e en poemas como 'Vietnam canto' ou 'Letanía de Galicia'.
- A **poesía amorosa**: Muller pra lonxe.
As características da súa poesía son:
- A importancia dos **efectos fónicos** (aliteracións, onomatopeias).
- Versos breves e sinxelos.
Entre as súas obras destacan: Os Eidos, Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos e Muller pra lonxe.
Manuel María (1926-2004)
Naceu en **Terra Chá luguesa** e viviu parte da súa mocidade en Lugo. Estudou en Santiago e, despois de moitos anos como procurador en Monforte, trasladouse á Coruña, onde falece.
Produción Literaria
Ten unha obra moi extensa e variada, con máis de 40 títulos. Combina tres liñas temáticas:
- Paisaxística: Centrada na **Terra Chá**.
- Poesía social: Na que amosa o seu compromiso político dende a satírica e a ironía.
- Poesía intimista e amorosa.
Entre as súas obras destacan Terra Cha, Muiñeiro de bretemas e Morrendo a cada intre.