Fernando VII: Sexenio Absolutista, Trienio Liberal e Década Ominosa

Enviado por Bernabe y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,37 KB

Sexenio Absolutista (1814-1820)

Rematada a guerra, Fernando VII regresa a España.

Os liberais pretendían que o monarca xurase a Constitución.

Os absolutistas vían o momento de volver ao Antigo Réxime (AR): un grupo de deputados absolutistas presenta ao rei en Valencia o chamado Manifesto dos Persas, no que se lle solicita ao rei a restauración do absolutismo e a anulación da Constitución e as leis de Cádiz.

Mobilizacións populares para que o rei volva ao AR.

Contexto internacional: derrota de Napoleón, restablecemento da antiga orde en Europa, Congreso de Viena, coa excepción de Inglaterra.

Fernando VII, co apoio de deputados e dunha parte do exército, promulga un Real Decreto coñecido como o Manifesto de Abrogación do Réxime Constitucional:

  • Clausura as Cortes.
  • Anula a Constitución e as leis ordinarias promulgadas en Cádiz.
  • Restablece as antigas institucións e o réxime señorial.
  • Reprime e persegue os liberais.

Isto supón a volta ao AR.

Obra de Goberno

  • O país está desfeito pola guerra: agricultura e comercio paralizados; Facenda en bancarrota.
  • As colonias están en guerras de independencia contra a metrópole, o que será outra fonte de gastos.
  • Hai moito descontento, non é doada a volta ao AR unha vez que se probaron os cambios do liberalismo.

Actitudes dos Liberais

Os liberais adoptan dúas actitudes:

  • Quedar en España, conspirar nas asociacións secretas (masonerías) e participar nos pronunciamentos.
  • Marchar ao exilio (Gran Bretaña, Portugal) e desde alí apoiar os pronunciamentos.

A maioría dos pronunciamentos fracasan e os seus dirixentes son executados, agás un deles, o encabezado polo comandante Riego.

Trienio Liberal (1820-1823)

Riego era un militar liberal que encabezou un pronunciamento contra Fernando VII que triunfou cando as tropas estaban acuarteladas en Sevilla para embarcar para combater nas colonias americanas.

Este triunfo obrigará ao rei a xurar a Pepa (Constitución de 1812).

O Novo Goberno Liberal

  • Proclama unha amnistía.
  • Convoca eleccións a Cortes.
  • Restaura gran parte das reformas de Cádiz.
  • Reconstrúe a Milicia Nacional.
  • Permite a elección das autoridades municipais.

Problemas do Trienio Liberal

  • A división entre os liberais

  • A actitude do rei

    O rei opúxose, tentou atrancar o goberno e conspirou contra el.

A Santa Alianza decide axudar a Fernando e envía un exército chamado os Cen Mil Fillos de San Luís ao mando do Duque de Angulema, formado por franceses mercenarios e españois absolutistas voluntarios. As tropas entran en España sen atopar resistencia popular, só dos liberais.

A Década Ominosa (1823-1833)

O rei declara nulos e de ningún valor todo canto se lexislara no Trienio Liberal e volve ao absolutismo. Represión contra os liberais, pero moitos seguen organizando pronunciamentos.

Os gobernos de Fernando VII amosáronse incapaces de dar solución aos graves problemas que tiña o país:

A difícil situación económica

  • A Facenda en bancarrota, debido aos gastos das guerras e á perda dos ingresos do comercio colonial ao independizarse os territorios americanos.
  • Era necesaria unha reforma fiscal que obrigase a pagar aos privilexiados.
  • A partir de 1825 o rei busca a colaboración do sector moderado da burguesía financeira e comercial.
  • Esta actitude foi mal vista polos sectores máis conservadores.

O conflito dinástico

  • Filipe V establecera a comezos do século XVIII a Lei Sálica (non mulleres no trono).
  • O rei tarda moito en ter descendencia; o seu irmán Carlos María Isidro pensa que vai herdar o trono.
  • Coa súa cuarta muller, xa maior, Fernando ten dúas fillas.
  • Para que a súa filla Isabel puidese reinar, dita a Pragmática Sanción que anula a Lei Sálica.
  • Os sectores máis conservadores dos absolutistas, os carlistas, rexeitan o cambio e defenden que o herdeiro é o irmán do rei.
  • Este enfrontamento non era só unha disputa sobre se o lexítimo monarca era tío ou sobriña, senón un enfrontamento entre absolutismo e liberalismo.

Entradas relacionadas: