Fenómenos Xeolóxicos: Volcáns, Terremotos e Dinámica Terrestre

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en español con un tamaño de 3,54 KB

Volcáns

Punto da superficie terrestre polo que saen os materiais incandescentes do interior. Considérase activo un volcán se entrou en erupción nos últimos 25.000 anos.

Produtos Volcánicos

Gases: os primeiros en chegar á superficie. O máis abundante é o vapor de auga, que procede do magma orixinario ou se incorpora ás augas subterráneas.
Lavas: materiais fundidos que flúen pola boca do volcán.
Piroclastos: materiais sólidos proxectados ao aire polo escape violento de gases. Ás veces son fragmentos de rocha ou porcións de lava que se solidificaron.

¿Como se produce unha erupción?

O magma adoita ter materiais sólidos, porque non se chegaron a fundir ou se solidificaron. O magma orixínase en zonas pouco profundas. A súa temperatura e o seu contido en gases fano menos denso que as rochas que o rodean. Por iso ascende. No seu camiño, o magma acumúlase na cámara magmática e, se se encontrase chea, erupciona debido á presión ou ao escape de gases.

Partes dun Volcán

Cráter: orificio polo que saen os produtos volcánicos.
Cono volcánico: edificio feito pola acumulación dos materiais volcánicos arredor do cráter.
Cheminea: conduto que conecta a cámara magmática co cráter.

Edificios Volcánicos

Conos de piroclastos: pequeno con paredes inclinadas.
Escudo: base moi ampla formada por erupcións de lava moi fluída.
Estratovolcán: cono de gran altura formado por capas alternantes de piroclastos e coadas.
Domo: en forma de cúpula. Orixínase pola saída de lava moi viscosa.
Caldeira: depresión circular de tamaño superior ao cráter.
Caldeira de explosión: orixinada pola voadura de parte do edificio volcánico.
Cráter de erosión: producido pola retirada de materiais polas augas superficiais.
Caldeira de colapso: orixinada polo afundamento do edificio como resultado da acumulación de materiais sobre unha cámara magmática pouco profunda e semibaleira.

Terremotos

Terremoto: vibración do terreo producida por unha brusca liberación de enerxía. O lugar onde se orixina é o hipocentro. O epicentro é a parte de arriba do hipocentro.

Magnitude: cantidade de enerxía que libera un terremoto.
Intensidade: medida que ten os efectos sobre os obxectos e persoas.

Tsunami: conxunto de ondas de enorme volume orixinadas ao elevarse bruscamente unha gran masa de auga do fondo do mar. Fórmase ao producirse un terremoto no mar.

¿Que move as placas litosféricas?

Os materiais do manto están sometidos a uns movementos cíclicos, denominados correntes de convección. Son movementos similares aos da auga nun recipiente que se está quentando, pero moito máis lentos. Prodúcense polas diferentes presións e temperaturas.

Procesos Xeolóxicos

Procesos Xeolóxicos Internos

Son debidos á enerxía térmica do interior terrestre. Aínda que teñan a súa orixe no centro da Terra, provocan cambios no exterior. Poden orixinar conos volcánicos de gran altura.

Procesos Xeolóxicos Externos

Orixinados pola enerxía solar. Quenta a auga e a evapora. Despois cae en forma de choiva e forma ríos e glaciares. Estes procesos fan a erosión.

Entradas relacionadas: