fasdasdf
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 20,82 KB
Estamos ante un poema de Antonio Noriega Varela, coñecido como o poeta da montaña, é un autor pertencente ao primeiro terzo do século XX, contemporáneo das Irmandades da Fala e de Ramón Cabanillas, aínda que con unha orientación distinta: mentres Cabanillas representaba o galeguismo cívico e social, Noriega centrou a súa poesía no mundo rural e espiritual de Galicia, a súa obra, recollida principalmente en Montañesas e Do ermo, carácterízase por unha profunda admiración pola natureza e pola vida sinxela dos labregos, así como por unha fonda espiritualidade relixiosa, herdeira do franciscanismo; o tema principal do poema adoita ser a natureza galega, descrita con delicadeza e emoción, o autor amosa amor e respecto pola creación, vendo en cada elemento —unha flor, unha pinga de orballo, o canto dun paxaro— un reflexo da obra divina, noutros casos, o poema pode tratar os costumes rurais, as tarefas do campo, as festas ou os tipos populares, sempre cun ton afectuoso e ás veces humorístico, en todos os casos, a poesía de Noriega destaca pola súa sinxeleza, sinceridade e pureza, predomina unha visión positiva da natureza e do ser humano: o campo non é un espazo de miseria, senón un lugar de paz, humildade e harmonía, esta actitude relixiosa e moral coñécese como franciscanismo, xa que Noriega comparte coa tradición franciscana a exaltación da pobreza, da bondade e da humildade; a nivel formal, Noriega domina tanto o verso popular como o culto, nos poemas costumistas usa versos de arte menor (octosílabos, heptasílabos), con rimas asonantes e ritmo musical, próximos á fala popular, nos poemas máis espirituais ou de reflexión, prefire estrofas cultas, como o soneto, con léxico coidado e estrutura equilibrada, a súa lingua é un dos seus grandes logros: galego puro, rico en palabras da fala rural, pero sempre correcto e expresivo, sen vulgarismos, o ritmo é suave e harmonioso, con abundantes aliteracións e repeticións que transmiten musicalidade, poden aparecer imaxes sinxelas pero suxestivas, personificacións da natureza e metáforas luminosas (por exemplo, o orballo como bágoa de Deus, ou o sol como man divina); o estilo de Noriega combina a tradición popular galega, herdada de Leiras Pulpeiro, o Modernismo (polo gusto pola forma e o ritmo), e a influencia dos poetas portugueses (Teixeira de Pascoaes, Antero de Quental), que lle transmiten ese ton melancólico e espiritual, a súa voz poética é serena, contemplativa e fondamente moral, afastada da protesta social ou do nacionalismo militante doutras figuras da época; en conclusión, este poema representa perfectamente a poesía de Antonio Noriega Varela, caracterizada polo amor á natureza, a espiritualidade relixiosa e o coidado da lingua e da forma, a súa obra supón unha exaltación do campo galego e das cousas humildes, un canto á bondade e á beleza sinxela, que converten a Noriega nun dos poetas máis auténticos e sensibles da literatura galega contemporánea.
Estamos ante un poema de Luis Amado Carballo, autor fundamental da vangarda galega, que pertence ao movemento do hilozoísmo (tamén chamado imaxinismo), unha corrente poética que xorde nas primeiras décadas do século XX, dentro das vangardas europeas, e que en Galicia representa unha renovación estética e cultural, pois Amado Carballo busca crear unha poesía nova, moderna e visual, pero sen romper co tradicionalismo galego, combinando o novo co popular; o tema principal dos seus poemas é a paisaxe galega, que aparece como un espazo vivo, dinámico e cheo de movemento, non é unha natureza morta nin descritiva, senón unha paisaxe humanizada, onde cada elemento —a luz, o ventó, as árbores, o mar— parece ter vida propia, esta visión responde ao principio do hilozoísmo, é dicir, a idea de que toda a natureza está viva (“hylé” = materia, “zoé” = vida), adoita empregar imaxes atrevidas e dinámicas, como se a paisaxe estivese en constante movemento, o mar, por exemplo, aparece moitas veces visto desde a terra, e descríbese con metáforas e prosopopeas (atribución de cualidades humanas a cousas inanimadas), tamén é habitual o uso de sinestesias, mesturando sensacións de distintos sentidos, e cualificacións cromáticas ou auditivas, que crean unha poesía moi visual e musical, case pictórica; formalmente, a poesía de Amado Carballo destaca pola súa brevidade e sinxeleza, emprega versos de arte menor (xeralmente octosílabos) e rima asonante, o que lle dá un ton tradicional e musical, cada poema funciona como unha instantánea ou fotografía dun momento, captando un detalle da paisaxe, un xesto da natureza ou unha emoción visual, o ritmo é fluído e o ton suxestivo, reforzado por imaxes vivas e metáforas orixinais; Amado Carballo combina o tradicionalismo da poesía galega anterior (Rosalía, Curros, Pondal, Noriega Varela ou Cabanillas) coa renovación vangardista das primeiras décadas do século XX, inspirouse nas vangardas europeas (especialmente o creacionismo) pero adaptounas ao contexto galego, buscando unha poesía visual, sensorial e dinámica, o seu estilo carácterízase por emprego de metáforas ousadas e sorprendentes, impresión de movemento constante, sensación de cor e luz, ausencia de presenza humana, ou cando aparece, é secundaria fronte á forzá da natureza; os seus dous poemarios principais son Proel (1927): 35 poemas breves, con imaxes da natureza, do mar e da vida cotíá; parecen pequenas postais ou fotografías dun instante, e O galo (1931, póstumo): 17 poemas con maior presenza de topónimos e referencias á terra galega; en conclusión, estamos ante un poema plenamente representativo de Luis Amado Carballo e do movemento hilozoísta, a súa poesía combina tradición e modernidade, sinxeleza e vangarda, e ofrece unha visión viva e sensorial da paisaxe galega, a natureza, descrita con imaxes dinámicas e cromáticas, convértese na verdadeira protagonista, nunha especie de ser animado que respira, fala e se mové, símbolo da identidade e da beleza de Galicia.
Estamos ante un poema pertencente ao movemento do Neotrobadorismo, unha corrente poética das primeiras décadas do século XX que xorde por influencia da lectura dos cancioneiros medievais galego-portugueses, este interese renóvase despois de que o erudito portugués José Joaquím Nunes publicase as Cantigas de amigo, o que inspirou a moitos autores galegos a recuperar os temas e formas da lírica trobadoresca, o neotrobadorismo combina o espírito da poesía medieval galego-portuguesa coas tendencias vangardistas do século XX, así, é unha corrente que mira ao pasado para renovar o presente, mantendo a musicalidade e a sinxeleza das antigás cantigas; o tema principal adoita ser o amor, tratado ao xeito das cantigas de amigo ou de amor medievais, a voz poética expresa os seus sentimentos con dozura e sinxeleza, moitas veces nunha ambientación natural, con presenza do mar, do ventó ou das augas, elementos que lembran as mariñas ou barcarolas tradicionais, tamén poden aparecer temas como a soidade, a espera do ser amado, ou a paisaxe como espello dos sentimentos, o léxico é carácterístico e recordá o medieval: amigo, amiga, donzela, cabaleiro, mar, onda, río, ventó..., a natureza é, como nas cantigas antigás, unha testemuña da emoción amorosa, e o ton do poema é íntimo, melancólico e musical; formalmente, o poema imita as estruturas medievais, empregando recursos como o refrán ou leixaprén (verso que se repite ao longo do poema), o paralelismo (repetición dunha mesma estrutura con pequenas variacións), o dístico monorrimo (estrofas de dous versos con igual rima), aínda que respecta estés esquemas tradicionais, os autores neotrobadoristas usan con liberdade o verso libre ou versos con restos de rima, adaptando o ton medieval á estética moderna, o ritmo é suave, musical, e o lenguaxe sinxelo pero moi coidado, con forte carga sensorial e imaxes delicadas; o estilo neotrobadorista é sencelo, simbólico e evocador, predomina unha poesía breve, lírica e intimista, con referencias á auga, ao mar, ás flores e ao corpo amado, emprega metáforas suaves e imaxes naturais que expresan sentimentos humanos, entre os principais autores destacan Fermín Bouza Brey (1900–1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, na súa obra Nao senlleira (13 poemas e unha autopoética) e Seitura (33 poemas) aborda temas como o mar, o amor, a soidade, a infancia e a función da poesía, usa versos libres e rimas suaves, con ton melancólico e espiritual, Álvaro Cunqueiro (1911–1981), que cultivou varias vangardas, no ámbito neotrobadorista destacan Cantiga nova que se chama riveira e Dona do corpo delgado, onde combina o léxico medieval coas imaxes modernas, creando un estilo orixinal e musical, outras etapas da súa obra —como o Cubismo de Mar ao norde ou o Surrealismo de Poemas do si e non— mostran tamén a súa busca constante de renovación estética; en conclusión, este poema encaixa dentro do Neotrobadorismo, unha corrente que retoma a poesía trobadoresca medieval e a adapta ao século XX, conservando o tema amoroso, a ambientación natural e a musicalidade dos versos, a través dun léxico medievalizante, do uso do paralelismo e do refrán, e dunha lingua poética delicada, os autores neotrobadoristas como Bouza Brey ou Cunqueiro conseguen crear unha poesía que é á vez antiga e moderna, tradicional e vangardista, e que continúa a ser unha das máis belas expresións do lirismo galego.
Estamos ante un poema de Manuel Antonio, considerado o gran poeta vangardista galego, foi un autor inconformista, rebelde e comprometido políticamente, que introduciu na literatura galega as tendencias máis modernas da poesía europea, en 1922 publicou, xunto co seu amigo Álvaro Cebreiro, o manifestó vangardista Máis alá, texto fundamental que proclama a necesidade dunha poesía nova, libre e creadora, máis aló das normas tradicionais; o tema principal da súa poesía é o mar, pero visto desde o mar, non desde a terra como nos poetas anteriores, o mar simboliza a vida, a liberdade, a aventura e o coñecemento, pero tamén a soidade e a introspección, o poeta-navegante convértese nun ser que explora tanto o océano exterior como o seu propio mundo interior, o poema pode interpretarse como unha viaxe simbólica, chea de reflexións, visións e soños, as imaxes son moi orixinais e ás veces enigmáticas, froito de asociacións libres e dun proceso case onírico ou subconsciente, a paisaxe mariña está descrita con léxico técnico e preciso, propio da navegación (velas, ancoras, brúxulas, sextantes, proa, horizonte...), o que achega Realismo e autenticidade ao texto; formalmente, a poesía de Manuel Antonio rompe con toda convencíón tradicional, os seus poemas carácterízanse por verso libre, sen rima nin medida regular, ausencia de ritmo fixo: a musicalidade depende da disposición visual e sonora das palabras, distribución innovadora dos versos, con sangrías, separacións irregulares, espazos en branco e caligramas, que dan forma visual ao poema, supresión da puntuación tradicional: apenas hai comas ou puntos; abundan os puntos suspensivos e a ruptura sintáctica, o que transmite sensación de liberdade, maiúsculas e minúsculas combinadas, empregadas con intención expresiva (as maiúsculas destacan palabras importantes), palabras ou expresións noutras linguas (francés, inglés, portugués...), que reforzan a modernidade e o cosmopolitismo, uso de símbolos (o barco, o mar, o ventó, o horizonte) que representan ideas de liberdade, procura ou identidade, a súa poesía busca crear unha realidade nova, non imitar a existente, de aí o nome do movemento: Creacionismo; o estilo de Manuel Antonio é rupturista, visual e simbólico, emprega imaxes audaces e sorprendentes, ás veces sen conexión lóxica, para expresar sensacións e pensamentos de forma libre, o seu obxectivo é que o poema sexa un obxecto artístico autónomo, unha creación pura da imaxinación do poeta, afastada de calquera narración ou descrición convencional, predomina un ton reflexivo e aventureiro, con momentos de soidade e introspección, a súa voz é a dun home do mar, que busca sentido á existencia a través da viaxe e da palabra poética; a súa obra fundamental é De catro a catro (1928), subtitulada “Follas sen data dun diario de abordo”, o único libro que publicou en vida, está formado por 19 poemas que relatan unha viaxe marítima a bordo do barco Constantino Candeira, comeza cun poema titulado “Intencións” e remata con “Adeus”, cando o barco chega a porto, entre ambos aparecen outras composicións como “Recalada” ou “Navy Bar”, que reflicten distintas etapas desa travésía, tanto exterior como interior, o libro está dedicado ao capitán Lustres Rivas, o que amosa o fondo humano e mariñeiro do poeta; en conclusión, este poema encaixa plenamente na estética creacionista de Manuel Antonio, unha poesía vangardista que rompe con toda tradición para crear un novo mundo poético, o mar convértese en símbolo de liberdade, de viaxe e de procura interior, mentres que a forma visual e libre do poema reflicte o espírito rebelde e innovador do autor, a súa obra representa o cumio da modernidade poética galega, e converte a Manuel Antonio no auténtico precursor das vangardas en Galicia.
Estamos ante un poema de Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, 1876 – Cambados, 1959), considerado o gran poeta da primeira metade do século XX galego e coñecido como o “poeta da raza” polo seu forte compromiso coa terra e coa identidade galega, a súa obra supón unha ponte entre o Rexurdimento e as vangardas, pois combina a herdanza de Rosalía, Curros e Pondal coas novidades formáis e simbólicas do Modernismo e do saudosismo portugués; Cabanillas formou parte das Irmandades da Fala, movemento clave na defensa da lingua e da cultura galegas, en Cuba, onde emigrou en 1910, comezou a escribir en galego animado polos galeguistas da illa, e alí publicou os seus dous primeiros libros: No desterró (1913) e Ventó mareiro (1915), esta etapa está marcada pola saudade da terra, o compromiso social e o amor a Galicia, a súa poesía posterior foi evolucionando desde o ton reivindicativo ata unha poesía máis simbólica, relixiosa e introspectiva, como se aprecia en Na noite estrelecida (1926) ou Samos (1958); o tema principal dos seus poemas varía segundo a etapa, pero sempre xira arredor de tres eixos fundamentáis: Galicia e o galeguismo: exaltación da patria, da lingua e do pobo, o poeta convértese en voz colectiva, que denuncia as inxustizas e chama á dignidade nacional, a natureza e a paisaxe galega: vista con fonda sensibilidade estética e simbólica, herdeira da tradición ROMántica e modernista, a espiritualidade e a relixión: especialmente nas últimas obras, onde aparece unha visión máis serena e mística da vida, nalgúns poemas tamén se reflicte o mito artúrico e o simbolismo cabaleiresco, influído polos autores ingleses como Tennyson ou Yeats, como se ve en Na noite estrelecida; a poesía de Cabanillas destaca polo seu perfecto dominio da lingua e da métrica, pola súa musicalidade e plasticidade e pola combinación de ton popular e culto, o seu estilo mestura a forzá expresiva de Curros coa sensibilidade de Rosalía e a elegancia formal de Rubén Darío, entre os seus principais recursos estilísticos, salientan versificación tradicional: arte menor, rima consonante ou asonante, ritmo regular, influencia modernista: emprego de metáforas elaboradas, imaxes sensuais e léxico rico e musical, tono oratorio e patriótico: con chamadas á acción, exclamacións e apóstrofes, símbolos galeguistas: a terra, o mar, a fala, o carballo, a fouce, a bandeira..., saudade e idealismo: herdados do saudosismo portugués, certa espiritualidade e intimismo nas obras máis tardías; a forma do poema dependerá da obra á que pertenza, mais en xeral pódese afirmar que Cabanillas usa versos regulares (octosílabos, endecasílabos) con rima musical e coidada, alterna estrofas populares (coplas, romances) con formas cultas (sonetos, himnos), constrúe poemas breves, de grande claridade expresiva, onde a emoción e o ritmo se equilibran, o lenguaxe é rico pero claro, sen artificios excesivos; o poema de Cabanillas reflicte sempre unha visión comprometida e esperanzada de Galicia, é un poeta civil, que usa a palabra como instrumento de conciencia e reivindicación, ao tempo, a súa obra posúe unha dimensión estética e espiritual, que a converte nunha das máis completas da literatura galega, a súa voz oscila entre o intimismo e o discurso épico, entre a saudade e a loita, entre o espírito popular e o culto, por iso, é considerado o poeta que moderniza a lírica galega sen romper coa tradición; en conclusión, este poema representa á perfección a estética de Ramón Cabanillas, un autor que soubo unir tradición e modernidade, espiritualidade e compromiso social, a súa poesía, musical e clara, continúa a ser símbolo da identidade galega e da súa defensa a través da palabra, Cabanillas é, en definitiva, o poeta nacional de Galicia do século XX, herdeiro do Rexurdimento e precursor da poesía moderna galega.
as Irmandades da Fala fueron asociaciones culturales y políticas surgidas en Galicia a principios del Siglo XX, cuyo objetivo principal era defender, normalizar y promover el uso del idioma gallego en la sociedad y la cultura. Reunían a intelectuales y escritores comprometidos con Galicia, como Antón Villar Ponte, y buscaban fortalecer la identidad gallega frente al centralismo español. Estas Irmandades fomentaron la publicación de revistas, periódicos y obras literarias en gallego, y apoyaron a autores como Antonio Noriega Varela, ayudándole a difundir su poesía. Su influencia fue clave en el Renacimiento cultural y literario de Galicia.
El contexto social de Galicia a principios del Siglo XX estaba marcado por un mundo rural, con campesinado mayoritario que sufría pobreza, explotación y atraso económico. La sociedad estaba fuertemente jerarquizada, con caciques locales y élites urbanas que controlaban la política y la economía. La emigración a América era muy común debido a la falta de oportunidades. En este marco, surgieron movimientos culturales y literarios como las Irmandades da Fala y el Grupo Nós, que buscaban reivindicar la lengua, la cultura y la identidad gallega, así como denunciar la desigualdad social y preservar tradiciones y costumbres populares.
El Grupo Nós fue un colectivo literario y cultural gallego de principios del Siglo XX, formado por intelectuales como Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco y Manuel Antonio. Su objetivo era revitalizar la lengua, la literatura y la cultura gallegas, promoviendo la modernización sin perder la identidad tradicional. Se inspiraron en el nacionalismo cultural y en las vanguardias europeas, difundiendo sus ideas a través de la revista Nós. Además, fomentaron la investigación histórica, etnográfica y literaria de Galicia, y apoyaron la publicación de autores contemporáneos como Noriega Varela, contribuyendo a la consolidación de una literatura gallega moderna, culta y reconocida.
Las Irmandades da Fala reunieron a escritores y poetas comprometidos con la defensa de la lengua gallega y su promoción cultural en el primer tercio del Siglo XX. Entre los más destacados, además de Ramón Cabanillas y Noriega Varela, se encuentran Antón Villar Ponte, fundador y activista literario, y Xosé María Díaz Castro, con su poesía social y de raíz popular. Otros autores importantes vinculados al movimiento incluyen a Manuel Antonio, por su experimentación formal y modernista, y Luis Amado Carballo, que trabajó la poesía paisajística e intimista. Todos ellos contribuyeron a consolidar una literatura gallega moderna y comprometida.
Las vanguardias europeas surgieron a comienzos del Siglo XX como movimientos artísticos y literarios de ruptura con las tradiciones anteriores. Entre las más influyentes destacan el Cubismo, centrado en la fragmentación de la realidad; el Futurismo, que exaltaba la velocidad, la tecnología y la modernidad; el Surrealismo, basado en la exploración del subconsciente y los sueños; y el creacionismo, que propónía que el poema debía ser un objeto autónomo, independiente de la realidad. Estas corrientes influyeron en autores gallegos como Manuel Antonio, que incorporó experimentación formal, caligramas, verso libre y un lenguaje innovador para reflejar experiencias y símbolos nuevos.