Factores da Velocidade de Reacción e Reaccións Redox

Química5,11 KB

Factores que afectan á velocidade de reacción


Concentración dos reactivos: v = k · [A]n · [B]m
Naturaleza, estado físico e grao de división dos reactivos
As substancias en estado gaseoso reaccionan máis rapidamente ca as substancias en disolución e estas á súa vez máis rápido ca as sólidas.
Aumentar a presión aumenta a velocidade de reacción.
Nos reactivos sólidos a velocidade de reacción aumenta co grao de división.

Temperatura de reacción

A relación entre a velocidade de reacción e a temperatura é: k = A · e-(Ea / R · T)

Catalizadores

Unha substancia que aumenta a velocidade de reacción.


Análise de reaccións redox e exercicios prácticos


Indique razoadamente o que acontecerá se a unha disolución de FeSO4 lle engadimos:
• Anaquiños de cinc.
• Limaduras de cobre.
Ocorrería unha reacción redox, onde o ferro se reduce e se oxida o cinc:
  • Fe2+ + 2e- ⇌ Feº ; Eº = -0,44 V
  • Zn ⇌ Zn2+ + 2e- ; Eº = +0,76 V
  • Fe2+ + Zn ⇌ Feº + Zn2+ ; Eº = +0,32 V. Como Eº > 0, polo tanto é espontánea.
Non tería lugar ningunha reacción redox:
  • Fe2+ + 2e- ⇌ Feº ; Eº = -0,44 V
  • Cu ⇌ Cu2+ + 2e- ; Eº = -0,34 V
  • Fe2+ + Cu ⇌ Feº + Cu2+ ; Eº = -0,78 V. Como Eº < 0, polo tanto non é espontánea.


¿Qué sucedería se utilizase unha cullereira de aluminio para axitar unha disolución de nitrato de ferro(II)?
Escriba a fórmula do 3-hexeno e analice a posibilidade de que presente isomería xeométrica.
Ocorrería unha reacción redox, onde o ión Fe2+ se reduce e o aluminio se oxida, polo tanto a culler de aluminio empezaría a disolverse na disolución:
  • Fe2+ + 2e- ⇌ Feº ; Eº = -0,44 V
  • Al ⇌ Al3+ + 3e- ; Eº = +1,76 V
  • 3Fe2+ + 2Al ⇌ 3Feº + 2Al3+ ; Eº = +1,32 V. Como Eº > 0, polo tanto é espontánea.


Preguntas de teoría e problemas redox


Indique razoadamente se son verdadeiras ou falsas as afirmacións seguintes:
1.1. En disolución acuosa, a 25 ºC, os ións Fe3+ oxidan os ións I- a I2 mentres se reducen a Fe2+.
VERDADEIRA. Ocorre unha reacción redox, onde o Fe3+ se reduce e o ión I- se oxida. As reaccións que teñen lugar son:
  • 2I- ⇌ I2 + 2e- ; Eºoxid = -0,53 V
  • (Fe3+ + e- ⇌ Fe2+) × 2 ; Eºred = +0,77 V
  • 2I- + 2Fe3+ ⇌ I2 + 2Fe2+ ; Eºreac = +0,24 V. Como Eº > 0, polo tanto é espontánea.


O potencial de redución estándar do Au3+/Au é 1,3 V. Indique se a 25 ºC o ácido clorhídrico reacciona co ouro. Escriba a reacción que tería lugar. Dato: Eº(H+/H2) = 0,00 V
O ácido clorhídrico non reacciona co ouro.
  • Ánodo (Oxidación): 2 × (Au (s) ⇌ Au3+ (ac) + 3e-) ; Eº = -1,3 V
  • Cátodo (Redución): 3 × (2H+ (ac) + 2e- ⇌ H2 (g)) ; Eº = 0,00 V
  • Reacción global: 2Au (s) + 6H+ (ac) ⇌ 2Au3+ (ac) + 3H2 (g) ; Eº = -1,3 V
Como Eº < 0, a reacción non é espontánea e, polo tanto, o ácido non reacciona co ouro.


Xustifique, con axuda das semirreaccións, se o O2 (g) oxidará ao Cl- (aq) a Cl2 (g) en medio ácido, con formación de auga.
O osíxeno (O2) non oxida o ión cloruro (Cl-) en medio ácido.
  • Ánodo (Oxidación): 2 × (2Cl- (aq) ⇌ Cl2 (g) + 2e-) ; Eº = -1,36 V
  • Cátodo (Redución): O2 (g) + 4H+ + 4e- ⇌ 2H2O (l) ; Eº = +1,23 V
  • Reacción global: 4Cl- (aq) + O2 (g) + 4H+ (aq) ⇌ 2Cl2 (g) + 2H2O (l) ; Eº = -0,13 V
Tendo en conta a relación entre a variación de enerxía libre de Gibbs e o potencial da reacción: ΔGº = -n · F · Eº.
Como Eº < 0, a reacción non é espontánea e, polo tanto, o osíxeno non oxida o cloro.

Descargar

PDF Word HTML