Fachada do Obradoiro: Esplendor Barroco en la Catedral de Santiago de Compostela

Enviado por Chuletator online y clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en español con un tamaño de 9,16 KB

Ficha Técnica del Edificio

  • Edificio: Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela.
  • Autor: Fernando de Casas Novoa (Santiago de Compostela, 1670-1755).
  • Cronología: 1738-1747.
  • Tipología: Fachada / Retablo.
  • Material: Granito e vidro.
  • Estilo: Barroco.
  • Localización: Santiago de Compostela.

Modelos e Influencias

A fachada-retablo barroca do Obradoiro demonstra a influencia que exerceron os gravados sobre as arquitecturas efémeras nos artistas coetáneos deste período artístico. É unha mostra da experimentación de novas solucións barrocas no país.

O repertorio ornamental do conxunto tamén é un exemplo da influencia que exerceron os tratados manieristas flamengos e nórdicos no emprego de bloques prismáticos, cornisas con volutas e esteras como puntos de apoio.

Descrición Formal

Esta fachada-retablo do Obradoiro concibiuse como un pano ornamental para protexer o Pórtico Románico da Gloria, que se atopa na porta Oeste da catedral compostelá.

Articulación y Dinamismo

Para iso, CASAS NOVOA expuxo unha portada de granito articulada en tres rúas, cun claro dinamismo ascensional e con amplas ventás que alixeiran o conxunto e que proporcionan a luz suficiente como para apreciar as tallas do pórtico e as naves da igrexa románica.

Cuerpo Central y Simbolismo

O corpo central da portada elévase un pouco máis que o resto. Culmina cunha fornela que contén o grupo escultórico formado polo Apóstolo Santiago e dous reis aos seus pés que simbolizan a monarquía española. Na base da fornela podemos observar a tumba do apóstolo en relevo.

Contorna e Integración Urbanística

A realización da Fachada do Obradoiro culminou a remodelación urbanística que se ía levando a cabo na Praza do Obradoiro desde o século XVI coa construción do Hospital Real e do novo claustro da Catedral.

Función, Contido e Significado

O seu nome débese á prolongada presenza que, na praza que hai fronte á Catedral, tiveron os obradoiros de canteiros que traballaron na remodelación barroca impulsada polo cóengo e arquitecto José de Veiga e Verdugo en 1658.

Este propuxo sobrepoñer un corpo barroco en toda a extensión visible do edificio, que acolle ao peregrino á vez que pretendía enriquecer o interior cun gran baldaquino sobre a tumba do apóstolo.

Terminoloxía Arquitectónica e Artística

Definiciones Clave

  • Clave: A clave é a dovela central dun arco, ou unha bóveda. Adoita ser de maiores dimensións que as demais dovelas, e a miúdo está decorada, pero non por razóns funcionais senón estéticas. A clave, do mesmo xeito que as dovelas, susténtase debido á forma destas pezas, pois as súas caras laterais, cortadas en ángulo, transmiten lateralmente parte das tensións, equilibrándoo, e evitando que se esborrallen baixo unha carga vertical. É a última peza que se coloca na construción dun arco é a clave.
  • Columna Salomónica: Columna típica do estilo barroco, que ten o fuste con desenvolvemento helicoidal (ou espiral) e de sección semicircular. Normalmente con decoración vexetal. O nome provén das columnas que segundo a Biblia estaban na entrada do templo do rei Salomón en Xerusalén.
  • Contraforte: Tamén chamado estribo. Elemento construtivo sustentante a modo de alicerce encostado que funciona como reforzo do muro ou para contrarrestar empuxes dun arco ou bóveda.
  • Deambulatorio –ou xirola (girola)-: Espazo transitable que hai nas catedrais e outras igrexas detrás da capela ou o altar maior e dá paso a outras situadas na ábsida. A súa función era permitir a visita da igrexa e os altares sen necesidade de cruzar o coro nin interromper o culto. É un elemento típico das grandes igrexas de peregrinación no románico, e das catedrais góticas.
  • Doela (dovela): Cada unha das pezas radiais que forman a volta dun arco.
  • Piar (pilar): Elemento de soporte vertical, exento, de sección poligonal ou cuadrangular que non está sometido á normativa dunha orde estilística.
  • Pilastra: Elemento vertical de sección rectangular, pegado a un muro, composto ás veces de base e capitel. Pode ter función construtiva de soporte ou ben ser só ornamental.

Xéneros Pictóricos e Técnicas

Cadro de Historia

Xénero pictórico que reproduce escenas do pasado, con intención conmemorativa ou nostálxica. Caracterízase por ser unha pintura narrativa: a escena representada conta unha historia e transmite unha mensaxe moral ou intelectual. Soen ser cadros de gran formato nos que hai unha concentración duns poucos personaxes principais en medio doutros secundarios en confusa multitude, e todo enmarcado, xeneralmente no fondo e nos lugares menos destacados do cuadro, por estruturas arquitectónicas propias da época que se representa.

Cadro de Xénero

Pintura que representa con gran realismo escenas da vida cotiá. Tivo gran presenza no século XVII da man dos costumistas holandeses, representando persoas normais en escenas da rúa ou da vida privada, contemporáneas ao autor. O que distingue a un cadro de xénero é que representa escenas da vida diaria, como os mercados, interiores, festas, tabernas e rúas. Ditas representacións poden ser realistas, imaxinarias ou embelecidas polo artista. Nesta expresión úsase o termo «xénero» nunha tradución un tanto forzada do inglés «genre», polo que tamén se poden utilizar outras expresións similares como: cadro de costumes ou pintura costumista.

Natureza Morta/Bodegón

Aplícase á pintura que representa unha composición a base de seres inanimados, tales como animais mortos e vexetais. Un bodegón/natureza morta é unha obra de arte que representa obxectos inanimados, xeralmente extraídos da vida cotiá, que poden ser naturais (animais, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou cunchas) ou feitos polo home (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas, pipas, etc.) nun espazo determinado. Esta rama da pintura sérvese normalmente do deseño, o cromatismo e a iluminación para producir un efecto de serenidade, benestar e harmonía. Con orixes na antigüidade e moi popular na arte occidental desde o século XVII, o bodegón dá ao artista máis liberdade compositiva ca outros xéneros pictóricos coma a paisaxe ou os retratos. Os bodegóns, particularmente antes de 1700, a miúdo contiñan un simbolismo relixioso e alegórico en relación cos obxectos que representaban.

Paisaxe

En arte, en sentido estrito, fai referencia a unha pintura ou debuxo que representa escenas da natureza, tales como montañas, vales, árbores, ríos e bosques. Case sempre se inclúe na vista o ceo, e o tempo usualmente é un elemento da composición. Tradicionalmente, a arte de paisaxes plasma a superficie da terra, pero pode haber outros tipos de paisaxes, como os que se inspiran nos soños. Podemos clasificala en:

  1. Paisaxe dependente: que é a que serve de fondo a composicións doutro tipo de temática; así, o Renacemento utiliza a paisaxe como elemento complementario ao servizo da perspectiva, e tamén serve de fondo a cadros doutro xénero, como a pintura de historia ou o retrato.
  2. Paisaxe autónoma: esta é a paisaxe propiamente dita, foi en Centroeuropa onde primeiro comezou e no século XVII os holandeses definen a paisaxe dun xeito realista. O século XVIII inglés recolle esta tradición e abrirá o camiño á paisaxe como xénero pictórico, que terá na escola francesa de Barbizón e nos impresionistas aos seus máximos valedores.

Retrato

Obra de arte que representa unha persoa concreta ou un grupo de persoas. O retrato mostra tanto o aspecto exterior como pode revelar algo da personalidade dos retratados. Os retratos poden ser escultóricos, pictóricos ou fotográficos.

Conceptos Metodolóxicos

  • Iconoloxía (Iconología): Corrente metodolóxica na análise das obras de arte iniciada polo historiador Aby Warburg, en 1912, e continuada por Erwin Panofsky que, fronte ao formalismo, defende unha cultura das imaxes con significados complexos, con sentido global, que aborde a análise da obra de arte profundando no significado conceptual ou ideolóxico co fin de comprender a obra no contexto cultural no que foi creada.
  • Liña Serpentinata: Movemento xiratorio de contrabalanceo empregado nas figuras manieristas: as cadeiras xiran cara un lado, os ombros cara outro e a cabeza en senso contrario aos ombros. É a que é propia de moitas figuras humanas do manierismo e que se caracteriza polo movemento xiratorio das cadeiras, os ombreiros e a cabeza que se contrabalancean (exemplo: Miguel Ángel no Xuízo Final da Sixtina).

Entradas relacionadas: