A Extensión dos Dereitos Humanos e a Utopía do Estado Mundial

Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,81 KB

A Visión de Savater: Dereitos Humanos e o Estado Mundial

Este texto de Fernando Savater trata o tema da limitada extensión dos dereitos humanos e a relación destes cos Estados. Fai referencia á eventual constitución futura dun Estado Mundial, o cal se atopa aínda lonxe e que ao mesmo tempo suporía a desaparición do Estado tal e como o coñecemos. A necesidade de camiñar cara á creación dun Estado Mundial levaría a que se puidese recorrer a el como un ente eficaz por riba dos organismos que regulan a maioría das nacións do mundo.

O Estado Mundial como Administración Global

Hai, polo tanto, no texto unha perspectiva mundial, necesaria para a supervivencia nun mundo habitualmente enfrontado en cíclicas guerras que organizacións como a ONU ou a anterior Sociedade de Nacións non son quen de frear. Savater pensa que a extensión dos dereitos humanos, e a regulación das relacións internacionais a partir deles, non é unha utopía. Nesta perspectiva, os dereitos humanos poden ser considerados o adianto da constitución dun Estado Mundial, concibido como unha administración global.

Riscos e Críticas á Visión Globalista

Indubidablemente, pódese compartir a visión do filósofo vasco sobre os perigos que isto pode supoñer. Isto significaría un gran retroceso na historia, repetir os seus erros e poñer en dúbida a solución de problemas futuros. Suporía borrar, ou cando menos cuestionar, todos os intentos de lograr un poder igualatorio nun ámbito territorial concreto, así como a extensión de verdadeiros Estados democráticos.

Ameazas históricas e o imperialismo

Por exemplo, existen ameazas como:

  • Os pasados totalitarismos que devastaron Europa no século XX.
  • O imperialismo que impuxo pola forza modelos de organización totalmente alleos aos tradicionais de moitos territorios, principalmente en Asia e África.

O Recorte dos Dereitos: Estado de Dereito vs. Realidade

O Estado de Dereito busca garantirlle aos individuos o gozo dos seus dereitos naturais. O Estado do Benestar procura aínda cotas maiores de xustiza, asegurando factores como a sanidade ou a educación. Se todo isto non predomina, os dereitos humanos vense recortados, como aconteceu recentemente en episodios como o de Abu Ghraib, leva sucedendo en lugares como Guantánamo ou nunca se erradicou de todo debido aos episodios de racismo que se producen en calquera parte do planeta.

A Necesidade da Internacionalización Xurídica

A internacionalización xurídica dos dereitos humanos é unha necesidade, pero as súas tentativas téñense producido recentemente. Ás economías militaristas o que lles interesa é a imposición de fronteiras e unha globalización deshumanizada. As prácticas humanitarias quedan á marxe, tendo que ser desenvolvidas polos movementos sociais (como o feminismo) ou polas ONG, de menor alcance que os dos Estados.

Limitacións e Contexto Actual da Análise

Por outra banda, no texto Savater non presenta ningunha ferramenta práctica. Mesmo, o texto xa non é actual, tanto superficialmente no número de habitantes do planeta como no fondo, ao non referir novas realidades como o terrorismo global, que verdadeiramente fan moi difícil que os dereitos cheguen a moitas comunidades. Incluso, non trata o máis básico no xurdimento das desigualdades: a inxusta distribución de alimentos ao longo do planeta.

Conclusión: Os Dereitos Humanos en Cuestión

En conclusión, na actualidade o neoliberalismo e o recorte de liberdades en moitos países democráticos poñen en cuestión os dereitos humanos, que moitas veces semellan afastarse de ser a base xurídica fundamental do futuro da humanidade.

Entradas relacionadas: