A Explotación dos Recursos Naturais e a Actividade Mineira: Tipos de Minas
1. A Explotación dos Recursos Naturais: A Minería
Os Recursos Naturais e a súa Explotación
Chamamos recursos aos produtos naturais que poden proporcionar unha utilidade ou beneficio ao ser humano, como os minerais, o solo, a auga doce, os bosques, o sol...
A explotación dos recursos depende sobre todo de:
- O desenvolvolvemento dos recursos.
- O custo da súa explotación.
- O comportamento dos mercados. Pode ocorrer que un recurso que non é rendible explotar neste momento, poida selo se aumenta a súa demanda. E o contrario.
O Consumo de Recursos Naturais
O consumo é maior nos países desenvolvidos.
Os recursos distribúense de forma desigual no planeta, e moitos dos grandes produtores son países pouco desenvolvidos.
A Actividade Mineira
Cando os minerais se encontran en concentracións elevadas nun lugar, falamos de xacementos. A minería é o conxunto de actividades necesarias para extraer os minerais dos xacementos. É unha actividade do sector primario porque obtén produtos da natureza, pero vincúlanse ao sector secundario ao ser unha fonte imprescindible de materias primas para a industria e a construción. As explotacións minerais clasifícanse en catro tipos básicos:
Explotacións a Ceo Aberto
É a técnica máis estendida no mundo. Utilízase cando o mineral se encontra a pouca profundidade e é de fácil acceso. Falamos de minas a ceo aberto cando se trata de xacementos metálicos, canteiras para rochas industriais como o granito, explotacións ao descuberto, xeralmente para o carbón, e minas de pracer para os minerais máis valiosos, como o ouro.
Minas Subterráneas
Este tipo de explotación emprégase cando o mineral está a gran profundidade. Son moi custosas, pois esixen escavar pozos e galerías seguindo a veta do xacemento.
Minería Submarina ou Dragado
Para aproveitar a riqueza mineral dos fondos mariños utilizanse barcos especiais, chamados dragas, que escavan o fondo mariño. O material extraído sóbese ao barco e clasifícase.
Minería por Pozos de Perforación
Utilízase principalmente para a extracción de combustibles, como petróleo e gas natural. Para alcanzar o xacemento ábrese un conduto mediante torres de perforación xiratoria.