Explorando la Renovación de la Narrativa Gallega: Autores y Temas Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,62 KB
Nova Narrativa Galega
Autores que, entre os anos 60 e 70, propiciaron unha profunda revisión nas tendencias da nosa narrativa.
Características
Narrador
Domina o narrador en primeira persoa, centrado no monólogo interior ou nas cousas examinadas ao detalle. Tamén é frecuente varios narradores que contan o que ven.
Protagonista
Aparece o protagonista desarraigado e abrumado pola súa propia consciencia ou por circunstancias descoñecidas.
Espazo
O espazo indeterminado e intanxible; fóxese da localización concreta e coñecida, aínda que domina o espazo urbano sobre o rural; adquire moita importancia a simboloxía, xa que a través dela poden representarse situacións, lugares, persoas... identificables con Galicia.
Tempo
Hai ruptura entre tempo do discurso e tempo do relato; a linealidade temporal desaparece (saltos ao pasado...).
Temas
Domina a presentación da angustia e do illamento do home ante o mundo opresivo e abafante que o rodea; mais tamén a rebeldía e a loita pola liberdade individual e colectiva.
Autores: estreitamente ligados á ideoloxía nacionalista.
Gonzalo R. Mourullo
Nasce unha árbore (1954) é, por orde cronolóxica, o libro inaugural da Nova Narrativa. Con todo, a súa obra máis representativa é Memorias de Tains (1956), unha novela de estrutura epistolar. As sete cartas que contén, suponse que de autor descoñecido, foron encontradas en Tains, unha vila case fantasma que sofre o proceso de crecemento e destrución típico de moitas vilas costeiras galegas. Neste marco Mourullo presenta un home dominado pola angustia e a incerteza.
Xosé Luís Méndez Ferrín
Aborda nas súas primeiras obras, Percival e outras historias (1958) ou O crepúsculo e as formigas (1961), os grandes temas da Nova Narrativa: a angustia ante o absurdo da vida humana, a incomunicación, a soidade ou a violencia. E decote en espazos claustrofóbicos, sórdidos e opresivos. A partir dos anos 70, a narrativa toma novos rumbos: crea un mundo mítico propio cun claro fondo sociopolítico; presenta personaxes e ambientes da Materia de Bretaña; por último, en No ventre do silencio (2002) ensaia a recreación dun espazo e dunha época, a Compostela universitaria dos anos 50.
Carlos Casares
Presenta na súa traxectoria narrativa unha clara evolución temática. Nas súas primeiras obras, como Vento ferido (1962) ou Xoguetes para un tempo prohibido (1975), predominan os contidos propios da Nova Narrativa, con certa pegada autobiográfica: a angustia existencial, a soidade, a opresión... Nas obras posteriores, parece decantarse pola recreación do pasado histórico cunha técnica e un enfoque máis tradicionais, pero non carente de fantasía: Os escuros soños de Clío (1979).
María Xosé Queizán
A súa primeira novela, A orella no buraco (1960), desenvolve tres situacións da vida do protagonista que se sitúan en París, nun porto galego e nunha pequena aldea. Esta obra enmárcase plenamente dentro da liña experimental da Nova Narrativa. En obras posteriores, como Amantia (1984), situada nos movementos priscilianistas dos séculos IV e V, ou Amor de tango (1992), localizada no Vigo republicano e da posguerra, priman o realismo e, sobre todo, os temas sociais: a denuncia das inxustizas e a preocupación pola situación da muller.