Explorando a Poesía de Eduardo Pondal: Obra, Estilo e Legado Cultural
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,08 KB
O presente documento aborda aspectos relacionados con **Galiza** a través da figura de Eduardo Pondal.
Un **bardo** é un poeta-sacerdote celta que lembra o pasado celta glorioso de Galiza e exhorta á loita por recuperar esa grandeza anterior. Pondal foi recoñecido en vida como tal.
O poemario máis importante da súa obra é Queixumes dos Pinos.
Un exemplo de que era un autor moi perfeccionista é que foi autor de só dous libros.
Obra
Os Eoas
A finalidade desta obra é contar o descubrimento de América prestando especial atención á participación de galegos. A palabra **Eoas** significa "fillos da luz" e toma ese nome dun concepto grego. Neste contexto, a obra de Camões, Os Lusíadas, é un canto épico do pobo portugués. A fazaña que quere homenaxear son os descubrimentos das navegacións (xa que eles foron os primeiros europeos en darlle a volta ao continente africano e chegar por mar á India).
Os Pinos
Esta é unha composición moi importante porque é a letra do **Himno Galego**, e a súa música compúxoa Pascual Veiga. A simboloxía dos pinos e as súas partes é complexa: a pregunta que se formula nela faina o propio poeta, Pondal, aínda que ben puidese facela en calidade de bardo. Ao non dicirse nada explicitamente, parece que se quixese transferir a cuestión ao propio lector ou cantor, polo que hábilmente se introduce no ambiente do poema. Este feito pode contribuír, así mesmo, á adhesión que o home da rúa prestou ao poema e ao Himno en xeral.
Lingua e Estilo
Pondal sustenta a súa obra no:
- Celtismo: que é un movemento social e cultural que trata de pór en valor a identidade céltica coma trazo salientable dentro dun determinado territorio baseándose en estudos científicos e etnografía comparada.
- Helenismo: que é a pegada da cultura grega a través dos textos clásicos.
- Bardismo: que é lembrarlles aos galegos as fazañas do pasado e marcarlles o camiño para a recuperación da época gloriosa.
Pondal, no seu leito de morte, sentenciou: «Déstesme unha lingua de ferro e eu devolvínvola de ouro». Esta frase quere dicir que enriqueceu a nosa lingua, depurando a lingua coloquial e engadindo abundantes cultismos latinos e gregos. O estilo de Pondal caracterízase por unha **adxectivación retórica** e unha **rica simboloxía**. Tamén recorre ao **símil** e ao **epíteto**. Tamén se mostra que nalgunhas composicións xoga tentando reproducir o estilo das **cantigas medievais**: **paralelismo**, **leixa-pren**, **refrán**, **senhor**, **trobador**...
O seu público debía ser instruído.
Na súa obra distingue dous tipos de muller: un prototipo pasivo próximo ao ideal romántico, que só serve como obxecto de adoración ou de pracer, e o prototipo da "**virxe celta**", a doncela guerreira capaz de morrer heroicamente polo seu pobo.
Autopoética
Autopoética é o que se escribe sobre a propia poesía.