Explorando a Lusofonía, a Historia da Lingua Galega e a Obra de Blanco Amor

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,42 KB

Lusofonía

É o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués.

O portugués é a lingua oficial en Portugal, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, São Tomé e Príncipe, Timor Leste e Brasil. Neste último país, é o idioma duns 170 millóns de persoas. Hai outros territorios nos que tamén está presente, aínda que non é oficial.

Beneficios da Lusofonía para Galicia

A facilidade de comprensión mutua entre os falantes dos dous idiomas (galego e portugués) ten importantes repercusións no plano social, cultural e económico:

  • Facilita a comunicación entre os galegos e os preto de 200 millóns de cidadáns de Europa, África e Iberoamérica que falan esta lingua irmá.
  • Desde o punto de vista económico, facilita o acceso ao mercado laboral dos países lusófonos. Algunhas iniciativas que promoven proxectos de cooperación transfronteiriza son a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ou o Eixo Atlántico.
  • No plano cultural, é posible a difusión da literatura ao norte e ao sur do río Miño. Existen outras propostas que pretenden afianzar a unidade lingüística e cultural entre ambos espazos. A aprendizaxe da lingua portuguesa como lingua estranxeira está presente no sistema educativo galego.

O Uso do H en Galego

Regras Xerais

  • Palabras que empezan cos prefixos hecto-, hemi-, hiper-, hidro-.
  • As palabras: harmonía, hasta, helmo, hindú, hucha.
  • As interxeccións: ah!, uh!, oh!, boh!, bah!

Con H Intercalado

  • Todas as formas dos verbos: prohibir, exhibir, cohibir, exhortar, inhibir.
  • As palabras: adhesivo, coherente, filharmónica, inherente, vehículo, transhumante, deshabilitar, deshonesto, inhábil, deshonra.

A Lingua Galega durante o Franquismo (Desde 1936)

O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar contra o lexítimo goberno da República e comeza unha guerra que finaliza en abril de 1939 coa instauración da ditadura franquista.

Nesta época levouse a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que a maior parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial e, en consecuencia, a única utilizada en todos os ámbitos da vida pública.

Deste modo, a escola, a Igrexa e os medios de comunicación convertéronse en efectivos axentes castelanizadores.

Intensifícase así o proceso de desgaleguización e importantes sectores da sociedade (burguesía urbana e poboación rural instalada nas cidades) adoptan o castelán por consideralo un medio de ascenso social, mentres que identifican o galego co rural, coa incultura ou coas clases máis baixas.

Durante moito tempo, as únicas actividades a prol da lingua e da cultura galega serán desenvolvidas no exilio americano. É alí onde se publican obras como Os vellos non deben de namorarse e Sempre en Galiza, de Castelao, ou A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979)

Biografía

Nace no seo dunha familia humilde, en Ourense, cidade que será referencia constante na súa obra literaria. En 1919 emigra á Arxentina, onde comeza a traballar como xornalista e inicia o seu labor literario. Participa tamén como comentarista de radio, conferenciante e profesor en universidades de Uruguai e Chile. Participa ademais do proxecto galeguista e crea en 1923 a Irmandade Nazonalista Galega.

En 1928 e 1933 viaxa a España como correspondente do diario arxentino La Nación e entra en contacto con escritores da Xeración do 27 como García Lorca, a quen lle prologará os Seis poemas galegos.

Durante a Guerra Civil, Blanco Amor defende desde América a causa republicana e, finalizada a contenda, colabora cos exiliados galegos en actividades de oposición ao réxime franquista. Funda tamén o Teatro Popular Galego de Bos Aires, para o que escribirá varias obras.

En 1965 regresa a Galicia, instálase en Ourense e pasa tempadas en Vigo. Continúa o seu labor literario, que combina coa publicación de artigos xornalísticos. Morre en Vigo en 1979. Hoxe está considerado como un dos nosos máis grandes escritores e autor das mellores novelas da literatura galega.

A Súa Obra

A obra de Blanco Amor abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comeza escribindo poesía de carácter vangardista e nos anos cincuenta escribe as súas grandes obras narrativas.

Principais Obras por Xénero:

  • Narrativa: A esmorga (1959), Os biosbardos (1962), Xente ao lonxe (1972).
  • Poesía: Romances galegos (1928), Poema en catro tempos (1931), Cancioneiro (1956).
  • Teatro: Farsas para títeres (1973), Teatro para a xente (1974), Proceso en Jacobusland (1980).

Conxugación do Verbo "Vir" en Galego

Presente: veño, vés, vén, vimos, vindes/vides, veñen

Copretérito: viña, viñas, viña, viñamos, viñades, viñan

Pretérito: vin, viñeches, veu, viñemos, viñestes, viñeron

Antepretérito: viñera, viñeras, viñera, viñeramos, viñerades, viñeran

Futuro: virei, virás, virá, viremos, viredes, virán

Pospretérito: viría, virías, viría, viriamos, viriades, virían

Entradas relacionadas: